Empezaban a chegar remesas de cartos procedentes dunha emigración enraizada e tamén diversas transaccións agrarias, así como a implantación do comercio e da pequena empresa, polo que comezaron a facer acto de presenzia os bancos.
Os primeiros bancos actuaban a través de representantes, como:
Zaera (Simeón) e Francisco Ferreira en 1.925.
En 1.930 solo nos consta Zaera
Entre 1.935 e 1.950 Celestino Carracedo e Arturo Pose
Anos máis tarde aparecería José Suárez Suárez “Raso” con Banco de Hijos de Olímpio Pérez.
Posteriormente, a implantación de sucursais de bancos e caixas foise estendendo pola xeografía galega para cubrir as necesidades e demandas empresariais e para afrontar o pagamento do sistema de pensións e xubilacións que se difundiu nos últimos tempos. Santa Comba tampocou quedou á marxe da nova banca e establecéronse na capital municipal o Banco Pastor e a Caja de Ahorros de Santiago (posteriormente Caixa Galicia e na actualidade NovaCaixaGalicia), os que lle seguiron
Fidecaya
Banco de Descuento
Banco Central
Banco del Norte
Banco Hispano Americano
Bank of Credit and Comerce
Banco Español de Crédito
Banco de Galicia
Caixa Catalana
moitos deles xa desaparecidos ou fusionados entre si.
BANCO PASTOR
Ano 1.970 aprox. Cortesía de Mucha de Basilio Quintans
Primeira oficina do Banco Pastor situada o lado da Farmacia de Arufe donde agora comenza a Rúa Pontevedra desde a Avda. Alfonso Molina. Os empregados que aparecen na foto son de esquerda a dereita Moncho de Raso, Aurelio Durán e Luis de Guillín.
BANCO HISPANO AMERICANO
Ano ente 1.968 e 1.970. Cortesia de familia Capeans
Ubicado na Avda Alfonso Molina donde agora esta a casa de Marisa de Capeans.
BANCO PASTOR
20 de marzo de 1.966. Cortesía de Santi Durán
De esquerda a dereita: A primeira casa é a de Franco (donde estaba o primeiro Bar Pive), o solar sin identificación é donde actualmente está a tenda de roupa e a cafetería Cristal. A seguinte edificación é a orixinaria oficina do Banco Pastor e a Farmacia Blanco, a continuación está o Bar Emilio e o Bar Xallas, a Casa de Carracedo e o edificio novo en construcción é o do Cartolas donde estaba a igrexia vella. O fondo de todo despois deste edificio hai unha casa que é a do castrixeiro donde viviu o alcalde Andrés Pereira. Entre o solar e o Banco Pastor hai un camiño que comunicaba a Avda. Alfonso Molina coa Casa de Casilda e Pancho donde actualmente está o Pub Tio Pancho, ese comiño é o que na actualidade coñecemos como rúa Pontevedra.
CAJA DE AHORROS DE SANTIAGO
Aproximadamente en 1.965 e 1.966. Cortesia de Pepe o electricista de Ser.
Avda Alfonso Molina nunha procesión de San Cristobal. A foto está sacada desde o Cine Casimiro e vense tódalas casas da marxe dereita, e entre ellas o letreiro na pequena casa que ocupan as oficinas da Caixa de Aforros de Santiago (agora NovaCaixaGalicia).


