Curiosidades
– O emperador Claudio, sucesor de Calígula, foi asasinado pola súa esposa Agripina, quen lle deu de comer Amanita phalloides.

– Os fungos son uns seres vivos que non pertencen ó reino vexetal, forman un reino propio xunto ó das plantas, animais, moneras (bacterias) e protistas (protozoos).

– A palabra fungo vén do latín Fungus, que procede da palabra Funus e ago, que significa “portador da morte”.

– Salvando as diferencias, cando falamos dun fungo podémolo comparar cunha maceira e o cogomelo cunha mazá.

O Lactarius deliciosus (Níscalo) contén unha substancia que lle dá unha cor vermella ós ouriños.

– O cogomelo e o órgano reprodutor do fungo.

– Un fungo só se pode identificar polo seu corpo frutífero: o cogomelo.

– Sábese do coñecemento e uso dos fungos dende as culturas máis antigas. Os maias, por exemplo, utilizábanos polos efectos alucinóxenos dalguhas especies.

– A penicilina descubriuna Fleming estudando fungos do xénero Penicillium.

– O ser vivo máis grande que existe é un fungo localizado en Estados Unidos, concretamente en Oregón, no Parque Nacional de Blue Mountains. Trátase dun exemplar de Armillaria ostoyae que abarca unha superficie de 890 hectáreas e ten 2.800 anos.

– Os antigos gregos xa cultivaban fungos de forma artificial, enterraban esterco de equino debaixo das figueiras e regábanos abundantemente.

– Algúns fungos utilízanse para elaborar pan, viño ou cervexa, pero tamén antibióticos, vitaminas, ácidos orgánicos e outros produtos alimentarios e farmacéuticos.

FAMOSOS ENVELENADOS POR COMER COGOMELOS
Ó largo da historia varias personaxes sufriron intoxicacións accidentais ou por complot por inxerir cogomelos tóxicos.

O Emperador Romano Claudio
54 d.c., a lenda di que morreu envelenado por cogomelos. Culpouse á emperatriz Agripina que pretendía que o seu fillo Nerón herdase o trono en lugar de Británico, que era a primeira opción do emperador de Roma. Por orden de Agripina, Locusta, unha escrava moi hábil nas artes do preparado de brebaxes mediante cogomelos velenosos, sazonou convenientemente o prato de cogomelos favorito de Claudio.
Jenofonte, médico de Claudio, non está libre de toda sospeita. Inicialmente Claudio librouse gracias a unha oportuna diarrea, Tácito afirma que Jenofonte coordinado con Agripina, “introduciulle na gorxa unha pluma untada de mortal veleno”. O obxectivo era provocar o vómito rozando a úvula, pero neste caso foi o que rematou coa vida do emperador.
– Muller e Fillos de Eurípide
Eurípides perdeu unha das súas mulleres, o seu fillo e fillas por un prato de cogomelos velenosos.
Británico, fillo do emperador Claudio
Segundo Tácito, Nerón é responsable do envelenamento de Británico , utilizando o mesmo método que con Claudio. Británico, á idade de 14 anos, foi envelenado con cogomelos durante unha cea á que asistiron súa irmá Claudia Octavia e súa madrastra Agripina.

O Papa Clemente VII
1534, o Papa Clemente VII era un grande afeccionado dos cogomelos, un auténtico gourmet. Parece ser que tiña por costume tomar un prato diario.

San Carlos Borromeo e o seu curmán Federico, Arcebispo de Milán

Tsar Alex Mijailovich
O tsar de Rusia, Alex Mijailovich, morreu por culpa dos cogomelos en 1676.

Carlos VI
Carlos VI do Sacro Imperio Romano Xermánico , morreu a causa dunha intoxicación alimentaria por cogomelos, probablemente por Amanita phalloides.

Buda
486 a.C, Buda morreu ós 80 anos envelenado por comer un prato de cogomelos. A intoxicación produciulle vómitos, hemorraxias e grandes dores antes de finar.

O micólogo alemán Julius Schaeffer.

A viúva do Tsar Alexis














