Construindo os edificiós de educación.
Campo Futbol Santa Cataliña
Campo Futbol Santa Cataliña
1973 aproximadamente cortesía | Satiago Pérez aparece | Inauguración do Campo de fútbol de Santa Catalina ubicado onde agora está o Instituto.
Construcción instalación deportivas de SER
1970 cortesía | Santiago Pérez aparece | Construción do Complexo Deportivo de Ser.
Campo Futbol Santa Cataliña
1973 aproximadamente cortesía | Santiago Pérez aparece | Mestres, cónxuxes dos mestres e país de alumnos e alumnos traballando na construción do Campo de Fútbol de Santa Catalina.
Campo Futbol Santa Cataliña
1973 aproximadamente cortesía | Santiago Pérez aparece | Casas dos mestres cando se estaba sementando o campo de fútbol onde agora están as pistas deportivas do Instituto. Estas casa derrúbanse a comezos do 2000 para construír a Gardería.
1973 aproximadamente cortesía | Santiago Pérez aparece | Mestres, cónxuxes dos mestres e país de alumnos e alumnos, traballando na construción do Campo de Fútbol de Santa Catalina. Entre eles está: Aurelio Durán, Pancho de Ordóñez, Paco de Pilara, Pepe de Ordóñez, Alberto o chofer de Romar, José Carlos Torreira, etc
1980 cortesía | Santiago Pérez aparece | O Colexio Barrié de la Maza empezouse a construír a principios dos 70 e comezou a funcionar en maio de 1975, pero con numerosas deficiencias, xa que non estaba totalmente rematado. Motivo polo que se inaugurou cinco anos despois cando xa estaba a pleno rendemento.
Campo Futbol Santa Cataliña e Instituto FP
985 cortesía | Pepita da Costa aparece | Campo de fútbol que había en Santa Catalina, ó lado da Costa de Papamoscas nunha foto sacada un día de neve. Ó fondo, detrás da portería hai escombros polo que se deduce que se acababan de derrubar as escolas vellas que ocupaban ese lugar. Á dereita vese o edificio que antes de converterse en Instituto de Secundaria era Instituto de FP, mentres o de BUP aínda se mantiña no que agora é o Centro de Cultura. Os personaxes da foto son da familia dos da Costa, de esquerda a dereita: Dolores, Lucía, Esperanza e José Luís
Campo Futbol Santa Cataliña
1970 aproximadamente cortesía | Santiago Pérez aparece | Antigas escolas unitarias co campo de fútbol, que estaban situadas onde agora está o Instituto.
Escola das Caselas
Principios dos 60 cortesía | Maruja e Ignacio aparece | Escola das Caselas cando daba clase nela Dona Erundina (cuñada de José Lens).