Foi o poeta máis popular da Terra de Xallas. Colaborou literariamente no célebre “Diario de la Marina” e participou no ambiente cultural do Centro Galego da Habana (Cuba). Mantivo admiración e amizade con Curros Enriquez, gran poeta civil da Galicia do século XIX. En Santa Comba hai un colexio de primaria en Traba, na parroquia de Castriz, unha asociación vecinal en Santa Sabiña e máis unha rúa na capital xalleira que levan o seu nome.
Naceu o 4 de xaneiro de 1.872 no lugar de Barilongo (lugar dunha única vivenda), parroquia de Santa Sabiña, onde a terra é mina e sabe a volframio, e morreu na Habana (Cuba) o 16 de outubro de 1.945 cando contaba con 73 anos. Foi o poeta máis popular da Terra de Xallas. Asistiu a escola intermitentemente durante tres anos ata que con 17 anos, concretamente o 17 de agosto de 1.889 emigra para a Habana. Comenzou traballando nunha bodega, só 18 días, e os tres anos da súa chegada xa estaba estudiando para cura, abandonando os estudos cando lle faltaba moi pouco para rematar, motivado “polos abusos, a hipocresía e a dobre moral da Igrexa no seu tempo” como demostra a “Carta os curas de Santa Comba” escrita en idioma galego, aínda que o coñecemento e denuncia dos males da igrexia non lle impedirían ser un bo católico practicante, eso si un católico crítico, que defendía, nun supoñer, o celibato opcional dos curas. Acadou o título de mestre de instrucción pública, e con el impartiu docencia en diversos lugares da illa caribeña, sendo o seu derradeiro destino a escola do barrio de Cayajabos, perto dun lugar chamado Artemisa, na provincia de Pinar del Río. Colaborou literariamente no célebre “Diario de la Marina” e participou no ambiente cultural do Centro Galego da capital cubana. Mantivo admiración e amizade con Manuel Curros Enriquez, gran poeta civil da Galicia do século XIX. Como outros tantos paisanos, os seus derradeiros tempos pasounos na sociedade dos galegos “La Benéfica”, da que era socio de honra e na que recibiu todas as atencións e coidados medicos necesarios. Os seus restos descansan no Panteón do Centro Galego do Cemiterio de Colón da cidade da Habana. Case sempre escribiu na súa lingua orixinaria e a única ocasión na que volveu á terra natal foi no ano 1.921, cando contaba con 49 anos. En Santa Comba hai un colexio de primaria en Traba, na parroquia de Castriz, unha asociación vecinal en Santa Sabiña e máis unha rúa na capital xalleira que levan o seu nome.