Frei García de Pardiñas Villar de Francos

Foi un home relevante como escritor e membro da xerarquía eclesiástica católica nos séculos XVII e XVIII chegando a ser bispo mercenario de Tarazona, provincial da súa orde relixiosa e catedrático de Teoloxía Moral na Universidade en Salamanca. Na súa parroquia natal de Cícere, amais de reface-la igrexia e levanta-la capela de Nosa Señora da Mercede fixo valiosas doazóns.

Naceu o 12 de xaneiro de 1.672 en Cícere de Abaixo, que daquela decíase “Síser”, e morreu en Tarazona (Zaragoza) o 29 de marzo de 1.741, sendo soterrado o seu corpo nesa catedral, aínda que posteriormente os seus restos mortais acabaron enterrados na Capela do Cristo do convento de Conxo. Foi un home relevante como escritor e membro da xerarquía eclesiástica católica nos séculos XVII e XVIII chegando a ser bispo mercenario de Tarazona, provincial da súa orde relixiosa e catedrático de Teoloxía Moral en Salamanca. García Pardiñas, que tiña gran devoción pola Virxe María, estudiou no colexio de Fonseca (centro de prestixio para as familias fidalgas) e entrou no convento mercenario de Conxo en 1.689 con 17 anos, despois de estudiar Artes e dous anos de Teoloxía. Despois de superar a “probanza de sangre como era costume “y probar que estaba limpio de sangre judía o de cualquier otra mala raza” continuou coa súa formación en Tormes, Valladolid e Ávila. Desde 1.700 foi catedrático na Universidade de Salamanca e do 1.703 ó 1.706 sería rector do coléxio da Vera Cruz. Logo foi nomeado Visitador Provincial “de los conventos del reino de Galicia y principado de Asturias”. Regresou ó seu convento de Salamanca, onde permaneceu ata se-lo bispo de Tarazona e no ano 1.718 gañou a cátedra de Teoloxía Moral. En 1.719  foi elixido mercenario Superior provincial de Castela, e un ano despois o rei Felipe V presentábao para bispo de Tarazona, en Aragón. Na súa parroquia natal de Cícere, amais de reface-la igrexia e levanta-la capela de Nosa Señora da Mercede, puso no altar maior as imaxes de San Pedro Nolasco e San Ramón Nonato, achegou lámpadas de prata, alfaias para o templo e creou unha fundación e capelanía da Mercede, que pasaron por diversas reviravoltas despois da súa morte. No exterior da súa casa colocou o escudo da súa orde mercenaria. En informes elaborados polo párroco da parroquia en 1.946 D. José Cabeza Docampo, figuran doazóns do Bispo Pardiñas consistentes nunha cruz parroquial de prata (gardada daquela na casa rectoral da capital xalleira) e un unha cadea de ouro que lle penduraba á imaxe da virxe María nas procesións.

Frei García de Pardiñas Villar de Francos

Image 1 De 1

Frei García de Pardiñas Villar de Francos