“Pues padre es para decirle que hoy a las 7 de la tarde em- barcó Manolo y Che do Manchego. Lleva el baúl que vd. decía… Manolo lleva varios encargos, ya todas llevan el nombre y quien son para vd. vá 1 blta. Carbonell de 10 lts. Aceite, 4 botellas de Veterano… 10 latitas de pulpo a la primavera… o sea que todas las cosas que van sin nombre son suyas, que las encargas van bien aclaradas con nombre… hace dos días que le entregué a los de Mallón las 1.000 pts, también va el baúl una bolsa con garbanzos y un poco de unto para el Souto ese no lleva nombre, creo, pero tienen la bolsa por fuera el nombre de Primitiva… y de las encargas café, sacos, puros, enfin todo lo que vd. decía recibimos integro…”.




A EMIGRACIÓN XALLEIRA
“Pues padre es para decirle que hoy a las 7 de la tarde embarcó Manolo y Che do Manchego. Lleva el baúl que vd. decía…Manolo lleva varios encargos, ya todas llevan el nombre y quien son para vd. vá 1 blta. Carbonell de 10 lts. Aceite, 4 botellas de Veterano…10 latitas de pulpo a la primavera…o sea que todas las cosas que van sin nombre son suyas, que las encargas van bien aclaradas con nombre…hace dos días que le entregué a los de Mallón las 1.000 pts, también va el baúl una bolsa con garbanzos y un poco de unto para el Souto ese no lleva nombre, creo, pero tienen la bolsa por fuera el nombre de Primitiva…y de las encargas café, sacos, puros, enfin todo lo que vd. decía recibimos integro…”
Aínda que Santa Comba destaca pola emigración a Arxentina e Uruguai e, posteriormente, a Suíza; o noso municipio sobresae en toda Galicia como exemplo de emigración a Río de Janeiro-Brasil.
A primeira vista, quizais para o visitante non se perciba ese detalle na arquitectura, nen sequera nas persoas. É algo discreto, silencioso, que se vai revelando sen présa. Unha rúa chamada Brasil, un comentario en “brasileiro”, un local denominado “Carioca”, unha fermosa casa dun “brasileiro”, un que ven de pasar uns días “no Río”, unha camiseta do Flamengo, outra do Botafogo, outra do Vasco ou por suposto “da canarinha”; bandeiras brasileiras en ventás e edificios municipais,… Abonda con preguntar e falar “brasileiro” e aparecen os brasileiros.
Un anaco moi importante de Santa Comba está en Río de Janeiro, e unha parte moi importante da “cidade maravillosa” está na memoria dos retornados. Foron, ademais, os problemas económicos e sociais que tivo Brasil ó longo da historia o que provocaría que os xalleiros foran cara Arxentina e Uruguai.
OS COMENZOS
Todos pensamos en Centroeuropa, Brasil, Arxentina ou Uruguai, pero nada máis lonxe da realidade. Os xalleiros emigraron a Portugal, concretamente a Oporto e esa cidade foi o “trampolín” cara América, vía Rio de Janeiro.
Na primeira metade do século XIX xa había galegos establecidos nos barrios centrais de Río de Janeiro. O pequeno comercio carioca, as hospedarías, as tendas de ultramarinos e os bares, eran controlados polos portugueses. O norte de Portugal, moi representativo en Rio de Janeiro, ocupou a un sector profesional que posteriormente sería compartido con galegos. Así, nos barrios e nas rúas do centro, instaláronse emigrantes galegos que buscaban medrar económicamente detrás dos mostradores dos bares, das hospedarías ou dos almacéns. Estes galegos presentábanse camuflados baixo a figura dos portugueses (a maioría dos que estaban en Río eran do Norte de Portugal), que eran os emigrantes máis antigos e numerosos, debido a que foron os colonizadores ate 1822, cando Brasil acadou a independencia.
Os galegos aparecen nas listas de vapores, en navíos que partìan de portos portugueses como o de Leixöes e Porto, nos paquebotes ingleses que recollían pasaxeiros en Vigo e nos navíos que saían desde Cádiz.
A Comunidade Española de Río de Janeiro ocupaba o terceiro lugar como estranxeiros en Brasil, despois de portugueses e italianos. A conexión galego-portuguesa levou a que tamén se lle chamara galegos ós portugueses que estaban en Brasil. Posteriormente o termo galego estendeuse para identificar a tódolos estranxeiros, e, nalgunhas rexions brasileiras, a palabra define as persoas de pel moi clara e cabelos louros.
O caso de Santa Comba é unha excepción dentro da provincia da Coruña que non tiña tanta tradición migratoria a Brasil como Pontevedra ou Ourense.
PORTUGAL, TRAMPOLÍN CARA BRASIL
Aínda que a crenza popular é que a emigración xalleira comenzou cara Brasil, está documentado que os habitantes deste pobo emigraron antes a Portugal onde posteriormente empregaron os portos de Lisboa, Porto ou Leixoes como trampolín cara Río de Janeiro. Os xalleiros xa coñecían as posibilidades de Portugal desde máis de 100 anos antes, cando levaban mercadorías na súa calidade de arrieiros. Entre 1757 e 1784, o 18% dos varóns xalleiros casados estivera algunha vez en Portugal.
Gran parte dos mozos emigraban clandestinamente a Portugal onde buscaban “unha saída o mar” cara a América por medio dos portos de Porto, Lisboa ou Leixoes. Nesta época, a emigración a Rio de Janeiro concentrábase basicamente nos municipios do sur das provincias de Pontevedra e Ourense, ambas raianas con Portugal. Tampouco podemos esquecer que moitos galegos xa levaban varios anos traballando no país luso, e, parte dos que quixeron ir a Brasil, apoiáronse na cidade de Viana do Castelo como ponte para alcanzar terras tropicais.
Pero, xa moito antes de querer empregar o pais veciño coma ponte cara América, Portugal estaba entre os destinos preferidos dos xalleiros que ían directamente a Porto a traballar como mozos de servizo. Esta cidade era a única capaz de absorber un número elevado de empregos temporais e de ambulantes. Entre 1757 e 1784, o 18% dos varóns xalleiros casados estivera xa en Portugal.
Este dato tiña unha explicación lóxica, e non era outra que moitos habitantes de Santa Comba para obter uns ingresos complementarios o da agricultura traballando en terras arrrendadas; tamén traballaban como arrieiros transportando mercadorías, principalmente cereais, sal, viño, carbón e area. Aínda que estes transportes eran principalmente a cidades como Santiago ou Pontevedra, ás veces desprazábanse ata Castela e Portugal.
Aínda que nos censos do Concello de Santa Comba, xa en pleno século XX, continúan aparecendo casos de emigración a Portugal, preferentemente a Porto; este número de emigrantes decrece a medida que o século avanza. O destino muda cara países americanos, incluso cara Madrid. En 1909 foron 70 as persoas que emigraron a Porto, 153 a Madrid, 119 a Cuba, 85 a Uruguai, 104 a Arxentina e 326 a Brasil, o que supón o 8% do total de habitantes totais do concello naquel momento.
A partir da década dos 40 a emigración a Portugal desaparece, pero esa emigración con destino a terras lusitanas, equipara a Santa Comba ós concellos pontevedreses fronteirizos con Portugal, onde teñen novas de Brasil a través dos retornados ou dos familiares en América.
A PRIMEIRA EMIGRACIÓN MASIVA
Froito da abolición da escravitude en Brasil, e para suplir o traballo escravo por medio dunha política migratoria, o goberno daquel país abre as portas a outros traballadores chegados dunha Europa Latina en crise económica.
A primeira emigración masiva produciuse en 1890, froito da abolición en 1888, da escravitude. Logo desta prohibición, xa non había escravos para traballar, polo que era imprescindible buscar man de obra para suplir ese traballo escravo. Esa búsqueda fíxose a través dunha política migratoria. Deste xeito, os galegos que xa estaban establecidos en Brasil cos seus negocios, e que, como sucederá ó longo de toda a historia da emigración, déronlle ou buscáronlle traballo a compatriotas da mesma aldea ou municipio. Eses compatriotas ocuparon os postos que antes ocupaban moitos escravos.
Nesta época, pese a non seren maioritarios, foron os pioneiros e sentaron as bases do que sería a futura emigración galega a Río. Unha emigración espontánea, baseada en lazos de parentesco e adicada principalmente ó ramo do comercio e da hostalaría. Vinte anos despois, en 1910, España prohibe a emigración a Brasil (Italia xa o fixera en 1902), feito motivado polas promesas incumpridas polo goberno brasileiro sobre a asunción de diversos gastos dentro dun réxime económico baseado por entón na pequena propiedade rural .
COMENZA A EMIGRACIÓN A CENTROEUROPA E A OUTROS PAISES DE AMÉRICA DO SUR
A ditadura en Brasil e a Segunda Guerra Mundial reducen a entrada de emigrantes nese país e os xalleiros dirixense a Centroeuropa, destacando Suiza como destino.
A ditadura de Getulio Vargas en Brasil nos anos 30 e, posteriormente, a Segunda Guerra Mundial reduciu a entrada de emigrantes en Brasil. Desde que en 1910 o goberno español prohibiu a emigración ó país carioca motivado polo incrumprimento do goberno brasileiro do seu compromiso da asunción de diversos gastos; os galegos en xeral e os xalleiros en particular tiveron máis dificil a súa saída do país. As dificultades aumentaron tras a promulgación en 1921 do decreto que regulaba a entrada de emigrantes. O nome deste decreto deixa claro as restriccións: “A Lei dos Indesexábeis”. Por esta lei os emigrantes eran vistos como unha das causas do desemprego e como un elemento provocador da desorde económica e da inseguridade social.
A pesar de que se retomou nos anos 40, o seu fluxo xa non era o mesmo. Nesa década eran mellor aceptados ó darlles preferencia ós inmigrantes de orixe latina (portugueses, italianos e españois) por seren culturalmente máis próximos e asimilables e rexeitando ós xudeus, xaponeses, negros e incluso ós alemáns por consideralos perigosos para a seguridade nacional.
No caso dos emigrantes que xa estaban en Brasil, algúns regresaban, pero este feito, para moitos, era considerado un fracaso e unha humillación. Por iso, en vez de regresar novamente a Santa Comba, ían para outros países de Sudamérica. No caso dos xalleiros fixérono maioritariamente cara Arxentina, seguido de Uruguai, e, en menor medida e a moita distancia, a Cuba e a Venezuela. Antes, en 1931, a proclamación da II República constituiu unha boa oportunidade para que algúns prófugos volvesen a España.
Calquera problema en Brasil, xa fora político, social ou económico, como a caída de precios na produción cafeteira; reflectíase no índice de retorno ou na reemigración hacia o Río de la Plata ou a outros países latinoamericanos. Incluso, en moitas ocasións, os membros dunha mesma familia dirixíronse a diferentes países.
Nacía así a emigración masiva e diversificada a outros países. A emigración xalleira quedaría marcada para sempre en Brasil-Río de Janeiro, Arxentina-Buenos Aires e, en menor medida en Uruguai-Montevideo, no que se refire a Sudamérica; e en Centroeuropa a Suiza-Cantón de Berna fundamentalmente.
Desde 1960 a nova emigración dirixiuse a outros países europeos. No caso de Santa Comba sempre destacou Suiza, e en menor medida e a moita distancia Holanda, Alemaña ou Francia; onde as economías eran máis prometedoras e onde o ascenso social podía ser máis rápido. Tamén muda o perfil emigrante, estando máis coordinada por parte do Estado.
O PRIMEIRO EMIGRANTE XALLEIRO EN RÍO DE JANEIRO
Anselmo José Barbeito
Foi pioneiro na emigración en Río de Janeiro cando aínda existía a escravitude e o país non abrirá as súas portas ás grandes transformacións urbanas de comenzos do século XX. É posible tamén que sexa un precursor das cadeas migratorias que alimentou a corrente, ó recibir e insertar ós seus paisanos xalleiros no mercado laboral carioca.
Non quere dicir que fora o primeiro, seguro que hai máis antes del. Califícase como o primeiro emigrante porque, na enorme cantidade de arquivos e documentos analizados, este galego de Santa Comba aparece na década dos setenta do século XIX rexistrado oficialmente como comerciante.
Chamábase Anselmo José Barbeito, era dono de panaderías en Río de Janeiro e estaba establecido na rúa da Ajuda. No Hospital Espanhol de Río de Janeiro consérvanse os seus datos personais, inscrito como socio en outubro de 1873 no libro nº 1. Foi o socio nº 207, de profesión comerciante, solteiro e de trinta e cinco anos. No Consulado, o rexistro máis antigo que se conserva pertence a José Turnes Vázquez, que chegou a Río en 1887, procedente de Mallón.
Sábese que este xalleiro non só daba emprego ós emigrantes procedentes da nosa terra, senón que tamén era fiador doutros españois que pedían licenza na Prefectura para traballar como ambulantes, cargadores de auga ou de obxectos en xeral. Ó fiador supoñíaselle recursos económicos, xa que, normalmente, adoitaba ser un comerciante xa establecido que podía asumir os gastos do traballador, posto que, no caso de este non tivera licenza ou estivera en situación irregular, sería multado. Converteuse así nun posible precursor das cadeas migratorias que alimentou a corrente, ó recibir e insertar no mercado laboral carioca ós seus paisanos xalleiros. Este dato pódese corroborar ó analizar a lista do Hospital Espanhol de Beneficencia con 65 inscritos naturais de Santa Comba.
Este mesmo emigrante atópase documentado en distintas fontes localizadas noutros países, sen dúbida, ó verse obrigado a fuxir por ter unha panadería. Este ramo, predominantemente portugués, estaba organizado na “Unión dos Empregados de Panadería”, sindicato cuxos membros (galegos e portugueses) foron castigados polo goberno brasileiro a principios do século XX coa expulsión dos seus membros. O feito de que houbera unha significativa presenza de emigrantes que exercían esa profesión, da súa capacidade para unirse e formar un sindicato propio e polas súas reaccións, pacíficas ou violentas, contra os que perxudicaban os seus intereses e explotaban o seu sector; foi o que motivou esa expulsión.
O PERFIL DO EMIGRANTE A AMÉRICA
Era labrego, igual que ó 80% dos habitantes de Santa Comba, e a cada cal máis pobre, como todos os da súa aldea. Levaban traballando desde nenos para axudar na economía familiar. Non coñecían nada que non fora o seu arredor, nunca saíran da súa aldea, vivian sen ter unha estrada, luz ou baño e sen coñecer outra cousa que non fose a miseria. Andar coas ovellas ou as vacas, plantar millo, centeo ou patacas, para poder comer e trocar un quilo de patacas por un quilo de azucre era o seu día a día. Iso si, todo o mundo tiña algún ben, aínda que fose unha casa humilde ou algúns animais para prover as necesidades máis básicas da economía doméstica. Pero en tempos de crise ou malas colleitas, as familias non conseguían os recursos suficientes para pagar os impostos.
En canto a alfabetización, en realidade eran analfabetos. Pero o elemento utilizado para distinguir a unha persoa alfabetizada dunha analfabeta foi a sinatura, así que, un alto porcentaxe estaban considerados como alfabetizados, cando en realidade non o eran, aínda que algúns sabían ler e escribir o esencial “as catro reglas”.
O primeiro que facían ó chegaren a un país descoñecido era buscar unha institución benéfica que lle proporcionase algún tipo de asistencia. Cando a emigración xa estaba máis consolidada, o normal era que tiveran un familiar esperándoos, incluso que os reclamara previamente e lle enviara a pasaxe.
Na emigración, a maioría traballaban, e aínda traballan en hoteis, bares, restaurantes e no pequeno comercio.Tanto os que se viñeron como os que se fixeron ricos, entraron maioritariamnte no mercado laboral carioca lavando pratos, cociñando ou servindo mesas nos restaurantes. Non lles importaba o tipo de emprego, só querían traballar e aforrar canto antes, coa esperanza de montar o seu propio negocio ou retornar a Santa Comba co futuro asegurado. Pero os traballos eran arduos, ocupaban moitas horas con salarios escasos, vendo un mundo que nunca se imaxinaran. Por iso, moitos non estaban dispostos a pasar as privacións que tiñan na aldea. “Os que querían divertirse gastaban todo, ían os cabarés, ás casas de xogo e o diñeiro, ainda cun bo salario, nunca sobraba” , manifesta un emigrante.
Non tiñan por costume casar con mulleres brasileiras e , moitos dos que emigraron solteiros, volveron ó seu lugar de orixe para casar. En moitas ocasións , estes matrimonios eran pactados de antemán con familiares máis ou menos lonxanos.
As leis eran rigorosas coas mulleres, que precisaban autorización do pai ou do home para viaxar a outro país. Por iso, a emigración era fundamentalmente masculina, e as mulleres quedaban coidando da familia e da economía doméstica ata que regresase o pai, esposo ou irmán. Algúns nunca regresaban.
POR FAME SÍ, PERO TAMÉN FUXINDO DO SERVIZO MILITAR.
Houbo momentos nos que o 87% dos emigrantes estaban en idade de ser chamados a filas, testemuña esta de que fuxían para evitar ir ó servicio militar ou a outras obrigas co estado. De feito, máis da metade eran declarados prófugos.
A emigración clandestina dos mozos que fuxían do servicio militar pode comprobarse nos 41 libros de expedientes militares do Concello de Santa Comba. Se se suman tódolos anos analizados desde 1901 a 1955, compútanse un total de 4.457 mozos alistados no servizo militar, dos que compareceron menos da metade. O 53% restante foron declarados prófugos. Houbo momentos en que o 87% dos emigrantes estaban na franxa de idade de entre 14 e 19 anos, testemuña de que os emigrantes viaxaban clandestinamente, ocultando a súa nacionalidade para evitar o cumprimento do servicio militar e outras obrigas co estado español.
ANTES DE EMIGRAR, TODO ATADO E BEN ATADO.
Os fillos e fillas que permanecían na casa coa familia quedaban co terzo e o quinto de tódolos bens e a obriga de coidar dos pais e amparalos na súa vellez.
Nas escrituras notariais de Santa Comba correspondentes ás tres últimas décadas do século XIX, atopamos varios casos de emigración a Porto con testamentos onde quedan as cousas clariñas.
No testamento de Ignacio Barreiro Álvarez e a súa dona Antonia Abelenda Antelo, ambos da parroquia de Alón, datado en 1871; exprésase a súa vontade de que as dúas fillas herden o terzo e o quinto das terras e unha parte dos bens. Dos oito fillos, dous varóns están ausentes, un “en el servicio de las armas” e outro “en el Reino de Portugal”.
Nas familias numerosas coma esta, percíbese que algúns fillos (principalmente mulleres) ían para a casa das familias dos cónxuxes que herdaran a maior parte dos bens. Outros eran menores de idade e os varóns, no caso de seren os primoxénitos, moitas veces eran os primeiros que emigraban esixindo a súa parte da herdanza para pagar os gastos da viaxe.
No testamento de Antonio Espasandín Lois, da parroquia de Santa Comba, o seu fillo, Manuel Espasandín Blanco, solteiro e maior de idade, figura como ausente, aínda que non consta o seu destino. A casa familiar e o hórreo son para a filla. No documento sinálase que Antonio Espasandín vendera unha parte do seus bens para que o fillo poidese emigrar.
DOCUMENTOS
En distintos arquivos históricos brasileiros e españois constan testumuñas do que facían os emigrantes xalleiros, das que, pola súa curiosidade ou polos movementos que articulaban para burlar ás autoridades e mesmo ás familias, reproducimos aquí algúns deles. Estes feitos incluso están documentados nos protocolos notariais do Arquivo Histórico da Universidade de Santiago de Compostela de 1.893.
Un tal Manuel Riveiro Pose, de 20 anos, da parroquia da Pereira, en Santa Comba, marchou para Rio de Janeiro con 15 anos aproximadamente “con el fin de agenciarse la vida”. Traballou na panadería de Anselmo Barbeiro (o primeiro xalleiro oficialmente emigrante en Río) e despois de catro anos regresou a Santa Comba levando parte dos seus cartos e deixando o resto, 1.500 pesetas (9 euros) nun banco daquela capital brasileira, segundo datos dos protocolos notariais do Arquivo Histórico da Universidade de Santiago de Compostela de 1.893.
O neno Juan Antelo Rodríguez, segundo o Consulado Español, saíu de Arantón con tan só nove anos e chegou a Río de Janeiro en 1903, pero non se presentou no Consulado ata 36 anos despois. En 1939, cando tiña xa 45 anos declararou ser comerciante de nacionalidade brasileira e estar casado. Pero antes, en 1935, aparece rexistrado no censo de Santa Comba como panadeiro o que leva a supoñer que efectivamente era panadeiro e que cando se rexistrou no consulado xa pasara de empregado a dono dun comercio.
O neno Manuel Tomé Barbeito. En 1891 con 13 anos, deixou o seu traballo como labrego na súa aldea natal, San Cristobo de Mallón, e marchou a Río de Janeiro, cidade que non coñecía pero onde tiña contactos con xente da súa aldea. De feito agardaban a súa chegada e ofrecéronlle aloxamento no mesmo lugar de traballo, que neste caso era nunha panadaría. Consta que en 1.932 está casado con María Santos Tomé e ten dous fillos, Palmira e José Tomé Santos; e que, antes de casar, retornou a Santa Comba en varias ocasións, a primeira delas en 1900 con 22 anos, e nove de residencia en Brasil. En 1.960 regresou a Santa Comba a pasar a súa vellez xunto coa súa esposa e fillos. Aínda que estes fillos continuaron o ciclo migratorio, habendo constancia de que José casou con Lucinda Areas Tomé.
O neno Celestino Ramos García, veciño do Catadoiro, parroquia de Alón. En 1909, con 9 anos, xa estaba en Río de Janeiro. En 1955 xa tiña fillos e estaba casado con María Celeste Lourenço Ramos, que nacera en Río de Janeiro. Non era habitual nesa época casar con mulleres brasileiras.
Francisco López Landeira veciño de Vilar de Céltigos. Pouco máis coñecía que o seu arredor e as 6 vacas e un cabalo que tiñan na casa cando en 1936, con 17 anos, chegou a Río de Janeiro seguindo os pasos dun tío e de seu pai. Éste envioulle unha pasaxe despois de pedirlle él que o reclamase. Apoiado polo seu tío que xa tiña experiencia, comenzou lavando pratos nun restaurante. “O primeiro negocio que comprei xunto con catro socios máis, foi unha hospedaría, a custa do meu salario. Aforrei durante seis anos”. Como moitos emigrantes, volveu a Galicia e casou cunha moza da súa aldea. Tódolos seus fillos e netos naceron en Brasil e continúan a tradición migratoria, polo que esta familia, como moitas outras, está dividida en dous continentes.
Francisco Mouro Castro foi un claro exemplo do movemento migratorio, non só das redes familiares, senón tamén do movemento entre países e intermediario entre veciños. Francisco saíu con destino a Río de Janeiro o 27 de setembro de 1906 cando contaba con 17 anos de idade. Durante 13 anos, ata 1919, a súa vida foi un constante ir e vir entre Rio de Janeiro e Montevideo. Non só emigraba dun lado a outro, senón que mantiña relacións cos seus compatriotas, anotanto, con nomes e cifras, tódolos empréstitos dos que lle debían cartos. Preservaba o vínculo co seu lugar de orixe encargándose de levar as encomendas, cartas ou obxectos que os familiares mandaban para os emigrados dun lado a outro. Enchía o seu caderno de anotacións con nomes de xente da súa aldea que desexaban enviar algún agasallo, que necesitaba cartos para pagar algunha débeda ou simplemente quería saber noticias dos seus familiares.
“Juan Lema Souto 1 par de zapatos para la chica y par de brincos par Andrea e 25 pestas para su madre, un peso para Lino un para Lelo; José Gerpe Rial Outeiro 1 nabalha, 1 tigera, 1 carta; Teresa Quintans un embrullo para su hermana Estrella; Jesús Ameijeira 1 carta para su padre”.
Os documentos e apuntamentos de todo tipo que Francisco anotou, con constantes referencias ós que querían emigrar ou ós que estaban en Río de Janeiro, e que a súa familia conserva; é unha valiosa testemuña da importancia da transmisión da información e do contacto que se seguía mantendo entre os retornados e os que ficaban nas aldeas. Este contacto fixo persistir unha corrente humana durante varias xeracións e estableceu comportamentos migratorios moi marcados en zonas especificas. Nesta familia é destacable un feito habitual entre os emigrantes, como é o retorno en 1952 do seu irmán Antonio (que tamén estaba en Río e traballaba no Hotel Araújo) xunto coa muller e os fillos ó Couto-Alón, deixando un poder notarial a Francisco para autorizarlle a administrar o que deixara no Brasil. Posteriormente chamou ó seu fillo Manuel para que lle axudase no seu negocio, un hotel que continúa existindo na actualidade no barrio de Sao Cristovao. Por último, hai que indicar que Francisco casou cunha moza brasileira chamada Albina que coñeceu en Santa Comba e tivo dous fillos, Albina e Manuel, que, entrados xa nos anos 2000 estaban establecidos na zona de Flamengo en Río de Janeiro.
A EMIGRACIÓN XALLEIRA EN CIFRAS.
Emigración cara América
Desde 1904 ata 1960 emigraron a Brasil 2.649 persoas , aínda que o dato debería de ser máis abultado e non representa o total de emigrantes de Santa Comba a Río de Janeiro, xa que non figuran os mozos que emigraron clandestinamente para non prestar o servicio militar (índice de prófugos), que, como indicamos noutro apartado, chegou a superar ó 50% dos varóns en idade militar.
Nunha primeira onda migratoria, o número de mulleres do Concello de Santa Comba que emigraron a Brasil non pasaba do 12% do total de emigrantes e só o 5,5% escolleu como destino Río de Janeiro. Tampouco o tiñan fácil. As leis eran rigorosas coas mulleres, que precisaban autorización do pai ou do home para viaxar a outro país. Por iso a emigración era fundamentalmente masculina.
A partir da segunda onda migratoria, en 1955, o número de mulleres emigrantes a Rio de Janeiro xa chegaba o 18,9%. Cinco anos máis tarde, en 1.960, a emigración da muller xa era máis importante que a do home, representando ó 53,21% de emigrantes.
EMIGRANTES POR PAÍSES E ANO A AMÉRICA |
|||||
ANO |
BRASIL |
ARXENTINA |
URUGUAI |
CUBA |
VENEZUELA |
1904 |
280 |
104 |
119 |
85 |
– |
1924 |
174 |
170 |
89 |
169 |
– |
1960 |
689 |
216 |
178 |
18 |
103 |
RANKING DOS CINCO CONCELLOS MÁIS EMIGRANTES DA PROVINCIA DA CORUÑA CON DESTINO A AMÉRICA NO PERIODO 1961-1989 |
||||||||
BRASIL |
ARXENTINA |
URUGUAI |
||||||
CONCELLO |
Nº |
% |
CONCELLO |
Nº |
% |
CONCELLO |
Nº |
% |
Santa Comba |
448 |
27,80% |
Vimianzo |
189 |
8,10% |
Carballo |
114 |
8,40% |
A Coruña |
92 |
5,70% |
Santa Comba |
140 |
6,03% |
Santa Comba |
88 |
6,50% |
Santiago |
85 |
5,20% |
Santiago |
138 |
5,90% |
A Coruña |
75 |
5,50% |
Mazaricos |
79 |
4,90% |
A Coruña |
133 |
5,70% |
Val do Dubra |
68 |
5,06% |
Ferrol |
78 |
4,80% |
Muxia |
119 |
5,10% |
Mazaricos |
52 |
3,80% |
No caso de Brasil, os concellos veciños de Negreira, Val do Dubra, Zas, A Baña e Tordoia aportaban conxuntamente outros 261 emigrantes (16%). No caso de Arxentina os concellos veciños de Zas, Val do Dubra e Mazaricos aportaban conxuntamente outros 267 emigrantes (11,30%). No caso de Uruguai os concellos veciños de Coristanco e A Baña aportaban conxuntamente outros 93 emigrantes (6,8%).
No caso de Venezuela, non era esta unha zona que elixira ese destino. Aínda así aportou no mesmo período, 88 emigrantes (1,87%). Esta cifra pódenos levar a confusión si a comparamos con Uruguai, xa que nos dous destinos é idéntica, pero coa diferencia que no caso de Uruguai, Santa Comba é o segundo concello que máis emigrantes aporta; e no caso de Venezuela, é o 14ª cunha porcentaxe moi pequeña, moi lonxe dos concellos do entorno da Coruña cidade e do Val da Mahía.
O groso de emigrantes a Venezuela na provincia concentrábase nos concellos de A Coruña, Oleiros, Santiago, Sada e Ortigueira. Na zona intermedia, estaban os do Val da Mahía e arredores, Val do Dubra, Brión, Ames, Tordoia, Outes e Negreira. Aínda así, e con cifras similares as de Santa Comba, houbo un pequeno foco en A Baña de 84 emigrantes (1,78%).
Si sumamos os datos dos catro países citados o resultado é que 764 foron os veciños que emigraron por primeira vez desde Santa Comba cara América no período 1961-1989, sendo o concello máis emigrante da provincia cara América, sin contar as aportacións doutros municipios cara Venezuela.
Emigración cara Suiza
No caso da emigración a Centroeuropa, Santa Comba difire pouco do resto de Galicia. Iniciouse a finais dos anos 60 cando o goberno franquista puso en marcha un programa de modernización baseado na apertura do país á economía mundial. Esta apertura chegou depois de que España estivera aillada e excluida do Plan Marshall, permanecendo estancada no subdesenrrolo, mentras as democracias europeas disfrutaban da miragre económica da postguerra.
Cos cartos americanos do Plan Marchall, Europa necesitaba perentoriamente man de obra. Países como Suiza, Reino Unido e Alemaña, ademáis de Holanda, Bélxica e Francia convertéronse nos principais destinos dos emigrantes galegos.
No caso de Santa Comba, a maioría dos que emigraron fixeronno cara Suiza, establecéndose no Cantón de Berna, sen poder precisar con exactitude a causa pola que elixiron esta zona. Dase por feito que, tras os primeiros contratos que lles ofreceron ós xalleiros para traballar nesta zona; e, ó igual que na emigración cara América, as redes familiares e a intermediación entre veciños encargáronse de facer o resto.
É importante salientar novamente que a emigración a Suiza comenzou a finais dos 60, acadando o seu mellor momento na década dos 70. Todo isto, no momento xusto e máis importante para poder manter o ritmo económico municipal, xa que esta nova oportunidade laboral xurdía paralelamente a un dos peores momentos da Mina de Varilongo. Entre 1.964 e 1.967, a decadencia do precio do Wolframio provocou o peche da principal economía local naquel intre, a Mina de Varilongo. Durante catro anos e cando contaba con 1.700 traballadores, a crise polo precio do mineral, foi aproveitada por moitos dos seus traballadores para emigrar. Outros aínda quedaron en Santa Comba coa esperanza dunha reapertura do xacemento, pero cando este se produciu, foi só con 115 traballadores (ainda que por momentos chegaron os 190). Esta sensible baixada de postos de traballo provoucou outra onda de emigrantes que perderan xa a esperanza de atopar un traballo na súa terra.
O perfíl tipo do emigrante a Suiza era de xente xoven, de entre 25 e 29 años, varón (ó 84%), casado (ó 70%), e case a metade, asalariado agrícola sin formación. Nun principio, nos anos 60, chegaban ó país de destino na súa maioría cun contrato temporal anual, para emplearse na construcción (30%), a industria metálica (25%) e a hostalería (23%), entre outros.
Pero a tendencia cambiou, e en 1971 os contratos temporais de como máximo 8 meses e sen posibilidade de renovación xa representaban a metade do total.
Aínda que a maioría dos emigrantes eran casados, a súa familia permanecía en España, evitando así o reagrupamento familiar. O traballador só o acadaba si cumprira 18 meses vivindo en Suiza. Os emigrados noutros paises europeos vivían polo xeral en familia, en Francia, ó 70%, en Alemaña, ó 63%. En Suiza a cifra era menor ó 25%.
Ó estar no mesmo continente desaparecía o suposto desarraigo dos emigrantes cos seus municipios de orixe, e ,o contrario dos que o facían cara América, prácticamente non había unha emigración definitiva. É máis, había unha tendencia a regresar habitualmente en vehículos de alta gama, sobre todo xaponeses, que eran unha rareza en España, nun claro síntoma de desmostración ante o vecindario do seu progreso ante a nova vida.
POR PARROQUIAS
O comezo da emigración xalleira a Río de Janeiro (1901 – 1960) concéntrase na zona suroeste do municipio, nas parroquias lindantes cos municipios veciños de Mazaricos, Negreira, Zas e A Baña, o que explica que houbese un foco migratorio a Brasil nestes concellos. As tres parroquias que destacaban na aportación de emigrantes a Río de Janeiro eran Mallón co 27,43% dos emigrantes, seguida de Santa Comba co 19,46%, e Arantón co 15%. O ranking completo é o seguinte:
Mallón : 27,43% Santa Comba : 19,46% Arantón: 15,00% Alón: 8,84% Fontecada: 7,96%
A Pereira : 7,00% Cícere: 6,19% Grixoa: 4,42% Ser: 2,65% Santa Sabiña: 0,88%
En tódolos casos a parroquia máis emigrante foi a de Santa Comba seguida por Mallón, Alón e Santa Sabiña, sendo esta última a que tiña os emigrantes máis repartidos polos catro países indicados. No caso de Santa Comba o maior número de emigrantes decidiuse por Arxentina seguido de Brasil. No país carioca destacan Mallón, Santa Comba e Grixoa. Mentras que Bazar, Freixeiro, Padreiro ou Esternande a emigración a este país é case inexistente.
No censo de 1950 non hai ningún emigrante a Brasil das parroquias de Esternande, Padreiro e Freixeiro, pero sí había varios ausentes en Arxentina, país preferido polos habitantes destas parroquias. Na parroquia de Castriz, en 1904 só constan catro ausentes en Brasil, mentres que trinta e dous parroquianos vivían en Arxentina (o 4,5% da poboación total). No censo de 1904 chama a atención Freixeiro, que rexistrou unha alta porcentaxe de emigrantes a Cuba co 4,5% do total da poboación, comparada coa de Brasil e Arxentina que non chegaron ó 1%.
Posteriormente a emigración foise consolidando en Brasil, Arxentina e Uruguai. As redes de parentesco, baseada nos lazos microsociais cos lugares de orixe formadas por avós, tíos, curmáns, pais e fillos dunha mesma parroquia e aldea, fixeron o resto e perduraron ó longo dos anos.
Tódolos datos son oficiais da Delegación de Emigración da Coruña e dos Censos municipais.
XALLEIROS NO MUNDO CENSO DE EMIGRANTES ABRIL 2005 |
|||
PAISES | |||
Total : 3.334. Brasil: 1.179. Suíza: 792. Argentina: 762. Uruguay: 292. Venezuela: 83. Alemania: 55. Reino Unido: 52. Países Baixos: 30. Francia: 27. Cuba: 22. Australia: 12. EEUU: 8. Italia: 3. Andorra: 2. Dinamarca: 2. México: 2. Canadá: 1. Chile: 1. Finlandia: 1. Grecia: 1. Guatemala: 1. Irlanda: 1. Liechtenstein: 1. Portugal: 1. Ruanda: 1. Sudáfrica: 1. | |||
AMERICA | |||
Total: 2.351. Brasil: 1.179. Argentina: 762. Uruguai: 292. Venezuela: 83. Cuba: 22. EEUU: 8. México: 2. Canadá: 1. Chile: 1. Guatemala: 1. | |||
EUROPA | |||
Total: 968. Suíza: 792. Alemania: 55. Reino Unido: 52. Países Baixos: 30. Francia: 27. Italia: 3. Andorra: 2. Dinamarca: 2. Finlandia: 1. Grecia: 1. Irlanda: 1. Liechtenstein: 1. Portugal: 1. | |||
AUSTRALIA | |||
Australia: 12 | |||
AFRICA | |||
Total: 2. Ruanda: 1. Sudáfrica: 1. | |||
RANKING PROVINCIAL | |||
1. A Coruña: 11.773. 2. Santiago de Compostela: 5.451. 3.Carballo: 4.270. 4.Val do Dubra: 3.493. 5.Santa Comba: 3.427 |
COMPARACIÓN POR MUNICIPIOS E PAÍSES 2005 | ||||||||||||||
ARXENTINA |
BRASIL |
URUGUAI |
||||||||||||
1 |
Santiago |
2043 |
1 |
Santa Comba |
1272 |
1 |
Carballo |
1755 |
||||||
2 |
A Coruña |
2005 |
2 |
A Coruña |
538 |
2 |
A Coruña |
1450 |
||||||
3 |
Vimianzo |
1266 |
3 |
Santiago |
307 |
3 |
Ponteceso |
770 |
||||||
4 |
Fisterra |
1030 |
4 |
Negreira |
296 |
4 |
Coristanco |
693 |
||||||
5 |
Muxía |
780 |
5 |
A Baña |
220 |
5 |
Laracha |
618 |
||||||
6 |
Santa Comba |
707 |
6 |
Val do Dubra |
212 |
6 |
Santiago |
566 |
||||||
7 |
Teo |
578 |
7 |
Mazaricos |
202 |
7 |
Malpica |
548 |
||||||
8 |
Val do Dubra |
757 |
8 |
Zas |
187 |
8 |
Arteixo |
448 |
||||||
9 |
Zas |
549 |
9 |
Outes |
180 |
9 |
Ames |
373 |
||||||
10 |
Santiso |
532 |
10 |
Ferrol |
152 |
10 |
Cabana |
350 |
||||||
11 |
Vedra |
517 |
11 |
Ordes |
95 |
11 |
Santa Comba |
307 |
||||||
ALEMAÑA |
|
SUÍZA |
|
PAÍSES BAIXOS |
||||||||||
1 |
A Coruña |
612 |
1 |
Carballo |
1160 |
1 |
A Coruña |
168 |
||||||
2 |
Santiago |
247 |
2 |
A Coruña |
1123 |
2 |
Carballo |
80 |
||||||
3 |
Carballo |
164 |
3 |
Santa Comba |
834 |
3 |
Santiago |
51 |
||||||
4 |
Val do Dubra |
153 |
4 |
Vimianzo |
633 |
4 |
Ferrol |
50 |
||||||
5 |
Mazaricos |
91 |
5 |
Cerceda |
614 |
5 |
Laracha |
42 |
||||||
6 |
Ferrol |
83 |
6 |
Coristanco |
550 |
6 |
Sada |
36 |
||||||
7 |
Outes |
78 |
7 |
Laracha |
537 |
7 |
Santa Comba |
32 |
||||||
8 |
Ordes |
69 |
8 |
Outes |
483 |
8 |
Val do Dubra |
24 |
||||||
9 |
Ames |
67 |
9 |
Ortigueira |
471 |
9 |
Arteixo |
19 |
||||||
10 |
Negreira |
63 |
10 |
Zas |
394 |
10 |
Trazo |
10 |
||||||
11 |
Santa Comba |
56 |
11 |
Santiago de C. |
390 |
11 |
|
RESUMO EMIGRACIÓN : | |||||
Primeira etapa (PORTUGAL): Todos pensamos en Centroeuropa, Brasil, Arxentina ou Uruguai, pero nada máis lonxe da realidade. Os xalleiros primeiro emigraron a Portugal, concretamente a Porto, onde posteriormente utilizaron os portos de Lisboa, Porto ou Leixoes como trampolín cara Río de Janeiro. Alí presentábanse nas hospedarías e nos almacéns camuflados baixo a figura dos portugueses (a maioría dos que estaban en Río eran do Norte de Portugal), os emigrantes máis antigos e numerosos, debido a que foron os colonizadores ata 1822, cando Brasil acadou a independencia. Os xalleiros xa coñecían as posibilidades de Portugal desde moitos anos antes cando levaban mercadorías na súa calidade de arrieiros. Entre 1757 e 1784, o 18% dos varóns xalleiros casados estiveran en Portugal. Esta emigración con destino a terras lusitanas, equipara a Santa Comba cos concellos pontevedreses fronteirizos con Portugal, onde teñen noticias de Brasil a través dos retornados ou dos familiares en América. | |||||
Segunda etapa (BRASIL): O primeiro emigrante xalleiro documentado en Río de Janeiro data de 1873 pero a primeira emigración masiva prodúcese en 1890, froito da abolición en 1888 da escravitude. Isto significa que non había escravos para traballar polo que era imprescindible buscar man de obra para suplir o traballo dos escravo a través dunha política migratoria. Nesta época, a pesar de non seren maioritarios, os xalleiros foron os pioneiros e sentaron as bases do que sería a futura emigración galega a Río. Unha emigración espontánea, baseada en lazos de parentesco e adicada principalmente ó sector do comercio e da hostalaría. Permanecería, máis ou menos estable, ata os anos 40. | |||||
Terceira Etapa (ARXENTINA E URUGUAI): Calquera problema no Brasil, fora político, social ou económico, como por exemplo a prohibición en 1910 da emigración froito dos desacordos entre o goberno español e o brasileiro, “A lei dos indesexábeis” en 1921 pola cal os emigrantes eran vistos como unha das causas do desemprego e como un elemento provocador da desorde económica e da inseguridade social; a dictadura de Getulio Vargas nos anos 30 ou a caída da produción cafetaira, non só reducía a entrada de emigrantes en Brasil, senón que provocaba que os que xa estaban no país carioca fixeran unha reemigración cara outros paises. No caso de Santa Comba foi maioritariamente a Bos Aires e Montevideo, nacendo e reforzándose así, periódicamente, un novo destino emigrante entre os anos 30 e 50. É unha emigración de longa duración e, en moitos casos, definitiva.
|
|||||
Cuarta etapa (SUÍZA): Desde 1960, cun máximo esplendor nos anos 70. A nova emigración dirixiuse a outros países europeos, que no caso de Santa Comba destacaba Suíza (Cantón de Berna), e en menor medida e a moita distancia Holanda, Alemaña ou Francia, cuxas economías eran máis prometedoras e onde o ascenso social podía ser máis rápido. Tamén muda o perfil estando máis coordinada polo estado. A diferencia da americana é que non é definitiva e os emigrantes acaban retornando. Esta emigración veuse potenciada polo peche da mina de Varilongo cando contaba con 1.700 traballadores. Cando se reabriu só quedaron 115. | |||||
Tamén tiveron gran importancia as migracións interiores cara o resto do Estado como a Madrid, Pais Vasco e Cataluña, e sobre todo, ás Illas Canarias no desenvolvemento turístico do archipiélago na década dos 90 e principios dos 2000. Santiago foi e segue sendo un importante foco de atracción, só entre 1970 e 1986 absorveu ó 20% dos que marcharon. |
QUEN LLO ÍA A DICIR ÓS XALLEIROS: ANTANO POBO EMIGRANTE E AGORA DE ACOLLIDA DE INMIGRANTES.
O crecemento da poboación estranxeira no conxunto das bisbarras de Bergantiños, Fisterra, Soneira e os veciños Cerceda e Santa Comba é constante nos últimos anos.
Segundo os datos do Instituto Galego de Estatística (IGE) de 2009, na última década tódolos municipios da zona viron aumentar o seu censo de estranxeiros, pero foi en Santa Comba onde se produciu a maior subida de foráneos, multiplicándose por 20, ó pasar de tan só 10 a 195. Santa Comba en 2009 tiña 64 brasileiros, 21 rumanos, 18 uruguaios, 14 portugueses, 12 arxentinos, 8 colombianos, 8 peruanos, 6 italianos, 4 marroquinos e 3 ingleses.
CERA (CENSO DE RESIDENTES AUSENTES CON DEREITO A VOTO)
Un bo indicativo do aumento da poboación emigrante é o Censo de Residentes Ausente (CERA) que nos indica que os emigrantes representan máis do 22% da poboación da Costa da Morte con dereito a voto. Trátase dunha porcentaxe con gran peso nos procesos electorais, que non parou de aumentar nos últimos anos, mentres que, pola contra, descende a cifra de electores que viven na propia bisbarra.
O conxunto da Costa da Morte, entendendo esta zona como: as bisbarras de Bergantiños, Fisterra, e Soneira e os veciños Cerceda e Santa Comba; conta, segundo o CERA de 2010, con 141.908 veciños censados con dereito a voto. Deles o 22,2 % (31.618) viven no estranxeiro. Os municipios con maior peso da poboación emigrante no censo de electores son:
CENSO DE RESIDENTES AUSENTES (CERA) CON DEREITO A VOTO 2010 |
||||||
POR % |
|
POR Nº DE HABITANTES |
||||
1 |
Fisterra |
32,70% |
1 |
Carballo |
4498 |
|
2 |
Vimianzo |
32,60% |
2 |
Santa Comba |
3399 |
|
3 |
Laxe |
30,50% |
3 |
Vimianzo |
3322 |
|
4 |
Muxía |
29,40% |
4 |
Fisterra |
2024 |
|
5 |
Santa Comba |
27,90% |
5 |
Muxía |
1913 |
|
6 |
Zas |
25,60% |
6 |
Laracha |
1888 |
|
7 |
Cabana |
25,10% |
7 |
Ponteceso |
1651 |
|
8 |
Dumbría |
24,40% |
8 |
Coristanco |
1597 |
|
9 |
Cerceda |
23,30% |
9 |
Zas |
1593 |
|
10 |
Ponteceso |
23,20% |
10 |
Camariñas |
1544 |
En Santa Comba había no ano 2003 un total de 3.269 emigrantes con dereito a voto, no 2009 esa cifra reduciuse en 40 personas, para quedar en 3.229. Pero tres anos despois, en 2010, aumentou en 170 persoas ata chegar ós 3.399 habitantes.
Etapas da emigración
-
Primeira etapa
- Período: Comezo do século XX.
- Destino principal: América, especialmente Arxentina e Brasil.
- Características:
- Emigración de longa duración.
- En moitos casos, definitiva.
- Estas colonias seguen a ter relevancia na actualidade.
-
Segunda etapa
- Período: Desde finais dos anos 50 ata a década dos 70.
- Destino principal: Países europeos como Suíza, Alemaña e Países Baixos.
- Características:
- Non definitiva.
- A maioría dos emigrantes retornaron.
-
Migracións interiores e terceira etapa
- Destino principal: Resto do Estado español, con especial énfase en Madrid, País Vasco e Cataluña.
- Actualidade: Considerada unha terceira etapa. Os destinos principais son Madrid, Barcelona e Canarias.
- Foco de atracción (1970-1986): Santiago de Compostela absorbeu o 20% da emigración galega nese período.
- Distribución local:
- Altas porcentaxes de emigrantes: Castriz e Padreiro.
- Menores porcentaxes: Santa Comba e A Pereira.
Censos de emigrantes por rexións (abril 2005)
Distribución global:
- Total: 3.334 emigrantes.
- Brasil: 1.179.
- Suíza: 792.
- Arxentina: 762.
- Uruguai: 292.
- Venezuela: 83.
- Alemaña: 55.
- Reino Unido: 52.
- Países Baixos: 30.
- Francia: 27.
- Cuba: 22.
- Australia: 12.
- Outros países: Canadá, Chile, México, Finlandia, entre outros (menores de 10).
América:
- Total: 2.351 emigrantes.
- Brasil: 1.179.
- Arxentina: 762.
- Uruguai: 292.
- Venezuela: 83.
- Cuba: 22.
- Outros destinos: México, Canadá, Chile, Guatemala.
Europa:
- Total: 968 emigrantes.
- Suíza: 792.
- Alemaña: 55.
- Reino Unido: 52.
- Países Baixos: 30.
- Outros destinos: Francia, Italia, Andorra, entre outros.
Australia:
- Total: 12 emigrantes.
África:
- Total: 2 emigrantes (Ruanda e Sudáfrica).
Censos de emigrantes por provincias (xaneiro 2005)
- A Coruña: 11.773.
- Santiago de Compostela: 5.451.
- Carballo: 4.270.
- Val do Dubra: 3.493.
- Santa Comba: 3.427.