Esperanza Calvo Vázquez

Conta con ampla experiencia en tódolos campos relacionados co xornalismo: televisión, prensa e internet, que a levaron a percorrer medio mundo realizando numerosas reportaxes, algúns deles premiados, para recoñecidos medios informativos de todo o país. Traballou como redactora, presentadora, colaboradora, guionista ou produtora para numerosos medios informativos, entre os que destacan a Televisión de Galicia, Tele 5, CNN+ ou Mediaset España. Compartiu noites con prostitutas, bandas organizadas e todo tipo de delicuentes, ao lado dos servizos especiais de diversas policías do país. Entre outras coberturas informativas estivo presente na intervención dun alixo de 4.000 quilos de cocaína en Punta da Buitra (Muxia) en 2009; no accidente do voo 5022 da compañía Spanair no que faleceron 154 persoas en agosto de 2008; na operación das forzas especiais antinarcóticos da policía Colombiana para a destrución dun laboratorio de cocaína na selva de Cúcuta (Colombia) en Novembro de 2010; na incautación dun alixo de 700 quilos de hachix coa Garda Civil de Alxeciras en Agosto de 2006 ou nos atentados do 11 M. Así mesmo, en 2008 cubriu en Austria e Suiza a Eurocopa de fútbol que gañou España. É Premio do Ministerio de Defensa pola reportaxe «Aprendices de Soldado» sobre a loita contra a Pirataría en Somali,. entregado pola Ministra de Defensa Carme Chacón en Xuño de 2011. Tres das súas reportaxes relacionadas con temas de narcotráfico obtiveron a Nécora de Ouro, o máximo galardón que cada ano outorga a Fundación Galega contra o Narcotráfico en Outubro de 2007. Despois de que Informativos Telecinco a destinase á sección de reportaxes en coberturas internacionais, vive China dende 2011 onde exerce de correspondente de Mediaset España e Informativos Tele 5 para Asía-Pacífico.