Xallas

    • D. José Suárez Suárez “Raso”
    • D. Severino Amarelle García
    • D. Francisco Romar Blanco “Paco Romar”
    • D. Ramón Durán Amor
    • D. José Luis Pérez Añon “Sugui”
    • D. Generoso Dominguez “Gene”
    • D. José Martinez “Redondo”
    • D. Argimiro Rey Fernández
    • D. Inocencio Calvelo Nieto
    • D. José Turnes Carro “Pepe Turnes”
    • D. José Espasandín “Pardiñeiro”
    • D. Carlos Durán Amor
    • D. Rafael Suárez Pais
    • D. Manuel Amigo Ferreiro
    • D. José María Souto Souto “Chema alborada”
    • D. Pedro Fernández Santos

O XALLAS FÚTBOL CLUBE

A chegada do fútbol federado

A comezos dos 60, nace o primeiro clube na zona da Costa da Morte, concretamente ó C.D. Baio, no ano 1.962, e con él outros moitos clubes,  algún deles de curta historia como o San Isidro de Quintáns. Nace así a primeira competición regulada da zona, a Liga da Costa, que chegaría a ser emblemática, e a Copa da Costa.

O Xallas FC non se inscribe coma clube ata a terceira tempada da liga, aínda que equipos de Santa Comba xa xogan partidos amigables por diversos campos da xeografía costeira.

Na tempada 64-65, nun verán posterior á primeira Eurocopa gañada por España co famoso gol do galego Marcelino, fedérase o Xallas F.C. baixo a presidencia de José Suárez Suárez “Raso”, empresario local e polifacético impulsor de diversas iniciativas. O Xallas F.C. xoga os seus partidos coma local no Campo do Carreiro, primeiro aínda sen vestiarios (os xogadores ían xa cambiados ou facíano nalgunha casa próxima).

A cor verde da elástica chega pola xestión de Raso coa empresa de xabóns “Lagarto”, que regala unha equipación (a primeira con patrocinio publicitario en toda a Liga da Costa e casi do fútbol español). Así, o Xallas FC comenza a competir oficialmente con casca verde e calzón negro.

A época dourada

O fútbol federado co Xallas FC convírtese nun acontecemento social en Santa Comba. Cada domingo de fútbol é unha festa, só comparable ás florecentes feiras, que non queda só no deportivo, senón que trascendía na previa e no postpartido, durando ata altas horas da madrugada, moitas veces enlazando coa feira do luns.

O Xallas FC desa época é un equipo particular. É o primeiro que ten médico propio (o coñecido Atomé), concéntrase cunha comida na Casa de Capeáns antes dos partidos, ten primas por partidos e ata o mesmo presidente vixía ós xogadores en Santiago.

A relación do Xallas FC co fútbol da capital de Galicia é constante. Se na liga xogaban maioritariamente os xogadores de Santa Comba (coma Arufe, Carpinteiro, Nicanor, Pintinho… dunha calidade inmensa), para a Copa da Costa chegan de reforzo xogadores de Santiago, algún deles estudantes coma Ra ou, o dianteiro de orixe portorriqueña, Arana (o primeiro fútbolista negro da zona), que melloran sensiblemente o equipo.

Chegan, así, os primeiros títulos, convietindo ó Xallas FC nun equipo temible na competición de Copa. En catro anos gaña tres títulos de Copa, un deles contra o que xa era o eterno rival: ó Negreira, acadando ademais un subcampionato no ano 1968.

Nese mesmo ano, o día de San Pedro, co motivo da homenaxe a Ipiña, o Xallas enfrentouse ó Deportivo da Coruña no campo do Carreiro. O Xallas gañaballe 5-2 ós José Amancio, Veloso, Pose, Garrincha ou Iglesias.

Anos 70. Crise e emigración

Esta década foi dura para o fútbol en Santa Comba. Os problemas económicos, especialmente polo peche da mina, provoca a emigración de xóvenes valores, isto debilita ó clube, que ata chega a non competir nalgunha tempada.

Presidentes coma Severino Amarelle revitalizan o clube a mediados da década, coa aportación de xente xove da zona. Ademais, xalleiros estudantes en Santiago introducen novos métodos de adestramento, moitos deles empapados de coñecemetos no Seminario, centro de estudios onde se xuntan futuros futbolistas e adestradores de toda Galicia do nivel, por exemplo, de Fernando Vázquez. Desta época é a creación do equipo de xuvenís, primeira categoría de base do clube, que comeza a nutrir ó primeiro equipo e a acadar títulos.

A comezos da década dos 80, prodúcese unha escisión no clube, que provoca a creación doutro equipo oficial, o Atlético Mineiro, que nace fundamentalmente con xogadores da parroquia de Santa Sabina e arredores.

Anos 80. Segunda época dourada

Os equipos de xuvenís campións aportan un influxo importantísimo ó potencial do clube. Con xente coma Ramón Durán, Gene, José Luis Pérez “Sugui” na directiva, o clube revitalízase e aumenta enormemente as súas perspectivas coa calidade dos xogadores formados en Santa Comba e a aportación dalgunha fichaxe.

O clube acada o ascenso á 1ª Rexional, e incluso se proclama campión da Copa Deputación de 1ª Rexional no ano 85 diante do Camariñas. Ese pulo provoca un novo ascenso. Na tempada 86-87 o Xallas FC ascende a Rexional Preferente, categoría onde se atopa cos equipos de grandes vilas galegas, como o Flavia (Padrón), Lemos (Monforte), Vilalbés (Vilalba), Brigantium (Betanzos), etc.

Na primeira tempada en Preferente o equipo logra a permanencia, xogando aínda no vetusto Campo do Carreiro, no que se constrúe unha pequena grada e é a envexa de moitos polo seu céspede. Na seguinte tempada, constrúese o Campo de Fontenla, un estadio referente nesa época en toda a bisbarra, cos últimos adiantos e un graderío para máis de 1000 espectadores. A finais dos 80, outro equipo de xuvenís logra un novo título e está a piques de ascender á Liga Galega. Esta segunda época dourada remata co descenso de categoría provocado polos problemas económicos polos que pasa o clube.

Anos 90. Austeridade e xogadores autóctonos

Caracterizanse pola austeridade, rachada nalgunha tempada con fichaxes que no ano 95 case levan a un novo ascenso. Pero sobre todo é unha época de desenvolvemento dos xogadores autóctonos e de creación dunha nova categoría inferior, os cadetes, que perdura uns anos. Esos xogadores autóctonos traen unha nova Liga de xuvenís mediada a década.

Palmarés

  • Campión Copa da Costa 1966 contra o Muxia (Tempada 1966-1967)
  • Campión Copa da Costa 1967 contra o Negreira (Tempada 1967-1968)
  • Subcampión Copa da Costa 1968 contra o Buño (Tempada 1968-1969)
  • Campión Copa da Costa 1969 contra o Ponteceso (tempada 1969-1970)
  • Campión Copa da Costa 2002 contra o Cabana (Tempada 2001-2002)
  • Campión da Copa Deputación de 1º Rexional 1985 contra o Camariñas (Tempada 1984-1985)
  • Campion Xuvenil 1979-1980
  • Campion Xuvenil 1980-1981
  • Campión Xuvenil 1988-1989
  • Campión Xuvenil 1994-1995
  • Campión Liga 3ª Autonómica 2001- 2002.
  • Campión Liga 3ª Autonómica 2006- 2007.
  • Subcampión Liga 2ª Autonómica  e Ascenso a 1ª Autonómica 2009- 2010.
  • Subcampión 1ª Autonómica e Ascenso a Rexional Preferente 1986-1987.
  • Campión 1ª Autonómica e Ascenso a Rexional Preferente 2010- 2011.

PRESIDENTES DO XALLAS

    • D. José Suárez Suárez “Raso”
    • D. Severino Amarelle García
    • D. Francisco Romar Blanco “Paco Romar”
    • D. Ramón Durán Amor
    • D. José Luis Pérez Añon “Sugui”
    • D. Generoso Dominguez “Gene”
    • D. José Martinez “Redondo”
    • D. Argimiro Rey Fernández
    • D. Inocencio Calvelo Nieto
    • D. José Turnes Carro “Pepe Turnes”
    • D. José Espasandín “Pardiñeiro”
    • D. Carlos Durán Amor
    • D. Rafael Suárez Pais
    • D. Manuel Amigo Ferreiro
    • D. José María Souto Souto “Chema alborada”
    • D. Pedro Fernández Santos