No desenvolvemento e no progreso dun municipio xogan un papel importante a cultura, a educación, o deporte ou as estradas; pero sempre haberá dous negocios que por riba de todos marcarán para sempre ós veciños dun pobo: As tabernas e os ultramarinos. Considerados centros de reunións, de ocio, de comercio, lugar da compra diaria, faladoiro, e onde os nosos devanceiros comezaron a ver as primeiras novelas nunha televisión en branco e negro.
1956 aproximadamente cortesía | Familia de Che de Turnes aparece | Pola dereita: Lucas de Las Her as e o cuart o é o “Cobr ador da luz”, ó f ondo apréciase o nome da or questra que actuaba ese día, a or questra “Spallant”. Os demais están sen identificar.
1956 aproximadamente cortesía | Familia de Che de Turnes aparece | De dereita a esquerda: Arturito, Valiño da Mina, Ginita (irmán de Lucha do Pive), Joaquín de Abastos de Carballo, Lucha do Pive e Chucha.
1956 aproximadamente cortesía | Familia de Che de Turnes aparece | Pola esquerda: de pé, Emilio da Garrota (camareiro) e sentado na mesa, Che de Turnes. Pola dereita: Ricardo Carracedo, Miro, Paco Romar e un personaxe sen identificar.
1956 aproximadamente cortesía | Arturito aparece | De esquerda a dereita: Romar (pai de Javier), Che do Gaiteiro, o de gabardina branca e traxe oscuro están sen identificar, detrás Chucho de Fela (atrás de media cara), Armán Lois, Ángel Carracedo (atrás de media cara), Ricardo Carracedo (atrás de media cara), Che de Turnes, Moncho do Perito e Basilio. A nena é Pilucha de Fachal. Os outros dous con boina e sombreiro están sen identificar.
1956 aproximadamente cortesía | Familia de Che de Turnes aparece | De esquerda a dereita: Emilio do Bar Emilio, Mira de Baio, Abelenda o Reloxeiro, o de chaqueta branca está sen identificar, Chucho de Fela, Ricardo Carracedo, Ángel Carracedo, Gorgal (con sombreiro), Che de Turnes, Moncho do Perito e Che do Gaiteiro. As nenas son Mucha de Freixeiro e Pilucha de Fachal.
1959 aproximadamente cortesía | Familia de Che de Turnes aparece | Establecemento de tecidos e paquetería Otero que orixinalmente estaba onde agora está Peyma na Avda. Alfonso Molina. Os personaxes son, de esquerda a dereita: Pepe de Enrique (carpinteiro de Noia), o neno na sombra, posiblemente sexa José Manuel Otero, Regina de Turnes, Manuel Turnes (cuñado de Che de Turnes), coa man na cara Manuel Otero (avó de Suso e José Manuel Otero), Manolo Turnes (irmán de Che de Turnes), Aurora Turnes (irmán de Che de Turnes), Dominga García (nai de Che de Turnes) e Merceditas Arufe. O neno que Dominga ten no colo pode ser Suso Otero.
1955 aproximadamente cortesía | Familia de Che de Turnes aparece | Regina de Turnes, Adela de Capeáns, Amelia do Rebeirán e Lola de Cousillas no hórreo de Eliseo Ferreiro (pai de Lola de Cousillas).
1968 aproximadamente cortesía | Maruja e Ignacio aparece | Casa do Perito no campo da feira, conservada coa mesma fachada que ten na actualidade. As persoas da fotografía participaban na entrega duns premios da Irmandade de Labradores.
1968 aproximadamente cortesía | Maruja e Ignacio aparece | Casas da Corredoira da Torre dende a de José Ramón ata en fronte da de Paco de Pilara. As persoas da fotografía participaban na entrega duns premios da Irmandade de Labradores.
1959 aproximadamente cortesía | Florinda Turnes Negreira aparece | De esquerda a dereita: Emilio, Dorinda, o seu fillo Milucho e unha de Mourelle.
Principios dos 60 cortesía | Familia de Che de Turnes aparece | Na esquerda Amelia do Rebeirán e Durán. Na dereita Chucha e Che de Turnes.
Anos 60 cortesía | Familia de Che de Turnes aparece | De dereita a esquerda: Casa de Turnes, Tecidos Otero e Droguería Rieiro.
Anos 60 cortesía | Maruja e Ignacio aparece | Hermandad Sindical de Labradores y Ganaderos
finais dos 80 cortesía | Maruja e Ignacio aparece | Bar Victoria, Casa de Berdullas, Casa Chico e Sala Xallas antes do incendio. Apréciase tamén que a estrada da Avda. Alfonso Molina era de asfalto e non de formigón como na actualidade e as beirarrúas de cemento. É posible que a foto corresponda a unha viaxe de gandeiros para visitar unhas explotacións ou participar nunha manifestación.
1956 aproximadamente cortesía | Familia de Che de Turnes aparece | De esquerda a dereita: Dominga (nai de Che de Turnes), Mercedes Arufe (nai de Merceditas Arufe), Matilde Turnes (irmán de Che de Turnes), Merceditas Arufe, Manolo Turnes (irmán de Che de Turnes), Manuel Arufe (médico), Marisa (muller do médico Manuel Arufe), Julio Bruzos (médico) e Tereda (muller de Julio Bruzos). Á dereita Mira de Baio. No colo de Marisa, a muller do médico Arufe, está un neno que posiblemente sexa o seu fillo
1964 aproximadamente cortesía | Florinda Turnes Negreira aparece | Florinda e Emilio co seu fillo Milucho. EDI FICIOS , E MPRESAS ENEGO CIOS Santa Comba co paso do tempo
1963 aproximadamente cortesía | Basilio Quintáns aparece | A casa da dereita é a de Basilio, que tiña unha tenda de televisores. De feito, vese claramente o letreiro. O solar do lado é o que agora está ocupado por un edificio, tamén da familia de Basilio, onde parte do baixo está ocupado na actualidade por Deportes P. Alvite. O personaxe que está sentado en primeiro plano é Suso de Basilio e o que está de atrás de pé é Basilio.
1955 aproximadamente cortesía | Matilde Arufe aparece | Aprécianse perfectamente os letreiros do Cine Mercedes, agora ocupado pola Sala Xallas e o Bar Cine, que conserva a mesma fachada na actualidade. Na primeira planta deste edificio exercía como doutor privado D. Julio Bruzos.
17 de xuño de 1954 cortesía | Pepe da Croca
5 de outubro de 1941 cortesía | Matilde Arufe aparece | Actual Centro de Cultura que ten o acceso pola parte esquerda, na fachada que dá ó campo da feira. Aquí apréciase a súa fachada principal orixinal que accedía á Avda. Alfonso Molina, nun momento de construción na que non existía nin o Bar Cine, nin Cine Mercedes, nin a Pista Jallas, nin ningunha outra instalación en fronte. Incluso, é posible que ó lado dereito nin sequera estivera o actual xardín. Apréciase que non ten porta, só uns tablóns, polo que pode que aínda non se estreara. Segundo datos municipais, o Concello tratou o asunto da súa construción en 1905 e en 1910 pero no foi ata o ano 1916 cando sabemos que Santa Comba xa dispuña dun cuartel “con aloxamento para 5 individuos casados do corpo armado de organización militar” definido como “el tentáculo del poder ejecutivo central en todos los pueblos de España” con funcións de control civil, co fin de manter a orde nas zonas rurais. Estaba incluído no quinto Terzo da provincia da Coruña, terceira compañía de infantería, e chegou a atender os servizos de parte dos concellos de Val do Dubra, Coristanco, Mazaricos e Zas. Pero este cuartel non era nesta instalación, senón posiblemente nunha situada na Torre. Ó fondo á esquerda apréciase que xa estaba construída a Casa de Calixto de Durán, coa mesma configuración da fachada que ten na actualidade
1967 aproximadamente cortesía | Basilio Quintáns aparece | Local dos de Capeáns cando tiñan produtos comestibles e o ampliaron tamén a barrestaurante, mantendo o hospedaxe. Os personaxes que aparecen na foto son un mozo de Bazar, Manolito Mouro, Basilio Quintáns, Evarista de Montouto e Manolo de Ordóñez.
1946 aproximadamente cortesía | Basilio Quintáns aparece | É o bar que tiña Antonio de Freixeiro, o sogro de Basilio. Na esquerda vese a máquina de café da época. Os personaxes son, de esquerda a dereita: Antonio de Freixeiro (sogro de Basilio), o Cubano (o que lle vendeu a casa ó Pandote), Tabares (tío de Lola da Carpinteira) e Méndez (Garda Civil, esposo de Manchuca de Raso).
Banco Pastor
1959 aproximadamente cortesía | José Manuel Villar “Pintinho” aparece | Á dereita, pódese apreciar a máquina do café que aínda conserva a familia. Os personaxes que aparecen na foto son María Estrella da Renfe e Marisa de Capeáns.
1959 aprox. cortesía | José Manuel Villar “Pintinho” aparece | No centro, na parte interior, pódese apreciar unha caixa de bebida de Landeira. Os personaxes que aparecen na foto son, de esquerda a dereita: Pintinho, Sarita de Peneiras, Adela de Capeáns, Marisa de Capeáns (agachada), Amalita de Brión (detrás) e Fina de Seoane.
1959 aprox. cortesía | José Manuel Villar “Pintinho” aparece | Na dereita da foto, pódese apreciar a máquina do café e a pesa que aínda conserva a familia. Os personaxes da foto son, na primeira fila: Marisa de Capeáns e Pintinho, detrás Adela de Capeáns e atrás de todo Sarita de Peneiras
1959 aproximadamente cortesía | Casa Capeáns aparece | Os personaxes da foto son: María Estrella da Renfe, Manolo de Ordóñez e Marisa de Capeáns. No personaxe do centro pódese apreciar no seu antebrazo esquerdo o costume da época de levar brazalete negro cando se estaba de loito polo falecemento dun familia
1952 cortesía | Familia Capeáns aparece | Na foto orixinal pódese apreciar un letreiro enriba da porta principal que di “F. Capeáns. Comestibles. Expendeduría de explosivos. Hospedaje”. Tamén tiñan a distribución da Cerveza “El Águila Negra”
1955 aproximadamente cortesía | Familia Capeáns aparece | É o bar das quinielas, a orixe do Bar Sunday. A este chamábanlle o Bar de Rafael e estaba na Avda. Alfonso Molina, ó lado da actual casa de Basilio e Mucha. Os personaxes de esquerda a dereita son: Moncho de Salomón (encargado do Telégrafo), Rafael de Merceditas (rexente do bar), Ricardo de Capeáns (rexente de F. Capeáns Comestibles. Expendiduría de explosivos. Hospedaxe. Distribuidor da Cervexa El Águila Negra) e Maximino Quinteiro (traballador da mina). Neste último personaxe tamén se pode apreciar o costume do levar o loito no brazo.
Banco Hispano
1935 (sen confirmar) cortesía | Familia Capeáns aparece | Na porta do Concello hai un letreiro branco que na foto orixinal, baixo lupa, lese “República”, que non se sabe a que fai referencia. Hai quen di que pode ser Praza da República, en referencia á actual Praza do Concello ou Día da República.
1938 aproximadamente cortesía | Familia Capeáns aparece | No lado dereito desta foto apréciase case na súa totalidade a tenda de Miguel Negreira que estaba situada na corredoira da Torre, case en fronte a onde na actualidade está o restaurante Casa Aurelio. Na foto orixinal, no letreiro da fachada, lese o seguinte “TIENDA Y SASTRERIA LA MODA AMERICANA DE MIGUEL NEGREIRA”. O personaxe da foto é Ricardo Capeáns.
1936 (sen confirmar) cortesía | Familia Capeáns aparece | Casa do Concello durante a celebración das festas dos Milagros.
1966 cortesía | José María Pintos. Arquivo parroquial de Santa Comba aparece | Case igual como se atopa na actualidade. Á esquerda está a casa reitoral e á dereita a casa que durante moitos anos albergou á Autoescola Santa Comba.
1966 cortesía | José María Pintos. Arquivo parroquial de Santa Comba aparece | A mesma foto que a anterior sacada desde outro lado.
1 de xullo de 1961 cortesía | Mary Landeira aparece | Os personaxes son María Landeira e a filla de Lucas.
1960- 1963 cortesía | Familia Landeira aparece | Os personaxes son Pepe Landeira e a súa irmán Mary con seus pais, nunha das primeiras instalacións da fábrica de refrescos.
1965 aproximadamente cortesía | Moncho de Raso aparece | Máquina de café do Bar Xallas. Os personaxes son de esquerda a dereita: Carducho Tomé, Severino da Renfe, o Garrote e a súa filla América
1934 cortesía | Familia Capeáns aparece | Tenda na que Tomás de Esclavidud vendía os seus produtos en coiro, sobre todo fundas para o armamento de guerra. Estaba situado onde actualmente está o Bar Esquina.
1940 aproximadamente cortesía | Familia Capeáns aparece | Estaba no local do Bar Emilio. Estaba a xastrería e xa había tamén un bar.
1956 cortesía | Motos López aparece | Fachada do taller que Reparacións López (na actualidade Motos López) tiña na corredoira da Torre, na casa onde na actualidade vive Constante Lema. Os personaxes que aparecen na foto son, de esquerda a dereita: Domingo López, propietario do taller e un amigo chamado Manuel Negreira.
1950 aproximadamente cortesía | Motos López aparece | Interior do taller que Reparacións López (na actualidade Motos López) tiña na corredoira da Torre, na casa onde na actualidade vive Constante Lema. Os personaxes que aparecen na foto son, de esquerda a dereita: Domingo López (propietario do taller) e a súa dona Leonor.
1960 aproximadamente cortesía | Merceditas de Rafael aparece | De esquerda a dereita: Blanco das Antes, o Carteiro, Manolo (chofer do Celta), Rafael, Antonio da Redonda (pai de Julio e José Luis) e Gildo de Rodiñas
1953 cortesía | Pancho de Ordóñez aparece | Sala de vistas do Xulgado de Paz de Santa Comba, coa mesa na que figura o escudo franquista. A cadeira aínda se conserva na actualidade. Os personaxes da foto son, Anita e Luís de Ordóñez.º
principios dos 60 cortesía | Julio do Rebeirán e Carmen aparece | De esquerda a dereita: Maruja de Luisa, Ignacio e Chicha do Rebeirán.
1963 aproximadamente cortesía | José Luís da Redonda aparece | De esquerda a dereita: un de Carballo, Carducho Atomé, outro de Carballo, Gilá, Pancho de Ordóñez, Che do Alborada e Maruja do Trigo. Agachados: Paco das Fariñas, José Luís da Redonda, Ana María do Trigo (Nana) e Ignacio Pensado.
1963 aproximadamente cortesía | José Luís da Redonda aparece | De esquerda a dereita: José Luís da Redonda, Gilá e Pancho de Ordóñez.
1965 aproximadamente cortesía | Calzados Moledo aparece | Foto sacada un día de feira, onde se aprecia a casa de Moncho da Bañeira e os autobuses que tiñan a súa parada diante da de Casimiro.
1965 aproximadamente cortesía | M.ª Carmen de Óscar aparece | De esquerda a dereita: Matilde do Fogueteiro, Pepita da Costa, Lucha do Rebeirán, Amparo da Costa, M.ª Carmen de Óscar e Finita de Claudio.
1964 aproximadamente cortesía | Perfecto Pereira aparece | Escaparate da Reloxería na Avda. Alfonso Molina, no mesmo lugar onde está na actualidade. Os personaxes da foto son, Perfecto Pereira, que comezou nesa reloxería como aprendiz e Javier Romar, fillo dos donos.
anterior ó ano 1967 cortesía | José Luís da Redonda aparece | En primeiro plano, a casa da Redonda, á dereita a casa do Concello e máis á dereita, o solar onde agora está o edificio de Antonio Fernández “O Cacho”. O coche é posible que sexa de Avelino de Garrido.
anterior ó ano 1967 cortesía | José Luís da Redonda aparece | En primeiro plano, a casa da Redonda, á dereita a casa do Concello e máis á dereita, o solar onde agora está o edificio de Antonio Fernández “O Cacho”. O coche é posible que sexa de Avelino de Garrido.
1954 aproximadamente cortesía | Aurelio Durán aparece | Na esquerda Julio Bruzos e na dereita Durán
1980 aproximadamente cortesía | Autos García aparece | Auria do Celta na centraliña do teléfono.
1962 aproximadamente cortesía | Familia de Durán Radio aparece | Tenda que Durán Radio tiña na Avd. Alfonso Molina ó lado de onde agora está o Bar Raposo. Pódese apreciar que non hai televisores no escaparate polo que se deduce que aínda non chegaran.
1972 - 1973 aproximadamente cortesía | Familia de Durán Radio aparece | Local que na actualidade ocupa o comercio de electrodomésticos Durán Radio durante a súa construción.
30 de novembro de 1955 cortesía | Casa Capeáns aparece | Na esquerda, en primeiro plano: Esclavitud de Capeáns e o médico Antonio Tomé. Detrás, de esquerda a dereita: Raso, o practicante Amador Bruzos e a súa muller Margarita, Carducho Tomé e a súa muller Carmiña do Cabo, Carlos e a súa dona Perana, Celestino Novo e Maruja, a muller de Andrés Pereira. No centro, en primeiro plano, o alcalde Andrés Pereira.
6 de xaneiro de 1970 cortesía | Calzados Moledo aparece | Familia Moledo na porta da tenda de calzados familiar. De esquerda a dereita, na parte de atrás, os nenos maiores son Paco, Rosa e Lolita. Os rapaces pequenos, de esquerda a dereita son: M.ª Carmen (filla de Juan), Chus de Fela e Malena. Na foto aprécianse tamén os regalos de Reis e, dentro do establecemento, algo escuro e esvaído, Marcelino Moledo fundador do establecemento.
finais dos 60 cortesía | Calzados Moledo aparece | Parte da familia Moledo diante da tenda de calzados co mesmo nome.
1972 aproximadamente cortesía | Calzados Moledo aparece | Escaparate de acceso á Mercería de Fela, que estaba situada na casa familiar na Avda. Alfonso Molina. As rapazas que aparecen na foto son, de esquerda a dereita: Malena de Moledo, M.ª Carmen de Juanito Rieiro, Chus de Fela e Vera de Moncho da Droguería.
finais dos 60 principios dos 70 cortesía | Calzados Moledo aparece | Palco da música que estivo en pé ata mediados dos anos 80 e que estaba diante de calzados Moledo. Ó fondo, lixeiramente á dereita, tamén se ve o abrevadeiro dos cabalos e animais que tamén desapareceu cando o fixo o palco da música. A foto, foi sacada un día de feira e pódense apreciar perfectamente os gandeiros coas ovellas.
1948 cortesía | Calzados Moledo aparece | Taller da zapatería de Marcelino Moledo con familiares e varios operarios do taller. Sentado na esquerda, Manolo Moledo, sentado na dereita, o operario Juan Ramón das Fariñas. De pé, de esquerda a dereita: Lola, o operario fillo da Cega da Ponte, Moncho, Marcelino Moledo e o operario fillo de Hermelinda de Montouto.
entre 1960 e 1965 cortesía | Quintela aparece | Alumnos da Escola de Quintela xogando no xardín que está detrás da Casa Cuartel da Garda Civil (agora Centro de Cultura).
1955 aproximadamente cortesía | Andrés do Pardelo aparece | De esquerda a dereita: o fillo de Lamas o garda, Che do Pive, Andrés do Pardelo, Horacio (cuñado de Pive), alguén sen identificar e Enrique Pena das Antes.
1951 cortesía | Andrés o Jardinero aparece | Bomba de gasolina “da de Barreiro” situado onde na actualidade está o Restaurante Leandro. Era a única bomba que había no concello. Barreiro foi alcalde de Santa Comba e era o pai de Lola do Leandro e Fina do JB. A moto era dun home de Suevos que se chamaba “o Chiquilín”. O personaxe que está co embude é Andrés o Jardinero con 11 anos, que traballou un ano na bomba. A moto posiblemente sexa una Montesa.
1951 cortesía | Andrés o Jardinero aparece | Bomba de gasolina “da de Barreiro” situado onde na actualidade está o Restaurante Leandro. Era a única bomba que había no concello. Barreiro foi alcalde de Santa Comba e era o pai de Lola do Leandro e Fina do JB. A moto era dun home de Suevos que se chamaba “o Chiquilín”. O personaxe que está co embude é Andrés o Jardinero con 11 anos, que traballou un ano na bomba. A moto posiblemente sexa una Montesa.
1955 aproximadamente cortesía | Suso Blanco aparece | Entre outros, na esquerda de todo, María de Blanco. Os dous personaxes da dereita son Abelenda e Gorgal. No centro, semiagachados, na esquerda Gelucho de María de Rosa e Negreira da Corredoira, detrás del, Calixto e ó lado de Calixto, Pepe da Croca e Lola de Cousillas. Detrás deles Ángel Carracedo. Na esquerda, o señor con boina é un de Guisande e ó seu lado está Esther (muller de Abelenda ó reloxeiro) e detrás dela Ricardo Carracedo.
26 de novembro de 1955 cortesía | Fidel Amigo aparece | Fachada do taller que Fidel Amigo tiña na Avda. Alfonso Molina. Os personaxes da foto son, de esquerda a dereita: Pilucha de Fidel, Florinda de Casimiro, Charo de Casimiro, Lois e Fidel Amigo.
15 de novembro de 1955 cortesía | Fidel Amigo aparece | Interior do taller que Fidel Amigo tiña na Avda. Alfonso Molina. O da dereita é Fidel Amigo.
1972 cortesía | Fidel Amigo aparece | Taller de Fidel Amigo con concesionario Crhysler na Avenida do Brasil.
1955 aproximadamente cortesía | Familia de Che de Turnes aparece | Taberna Ultramarinos de Eliseo Ferreiro que estaba na rúa Miraflores onde agora está un Bazar Chino. Os personaxes son, de esquerda a dereita: Regina de Turnes, Amelia do Rebeirán, Dona Francisca (muller de Eliseo Ferreiro e nai de Lola de Cousillas), Lola de Cousillas, Adela de Capeáns e Eliseo Ferreiro (pai de Lola de Cousillas).
1955 aprox. cortesía | Familia de Che de Turnes aparece | Ferretería-Ultramarinos de Severino Amarelle e Sofía da Bañeira (pais de Severino e Manolo Amarelle) que estaba na rúa Alfono Molina onde agora está o Bar Esmorga. Os personaxes da foto son, de esquerda a dereita: Regina de Turnes, Sofía da Bañeira e Carlos Pazos do Pardelo.
1955 aproximadamente cortesía | Familia de Che de Turnes aparece | Paco Romar (pai de Javier), no taller da reloxería que el mesmo fundou en 1952 no mesmo lugar que está na actualidade e na que Perfecto Pereira exerceu de aprendiz.
1955 aproximadamente cortesía | Familia de Che de Turnes aparece | Bebedeiro dos cabalos que había no Campo da Feira á altura da casa do Rebeirán. Os personaxes son, de esquerda a dereita: Regina de Turnes, Marité, Adela de Capeáns e Chelito (filla dun garda).
1955 aproximadamente cortesía | Familia de Che de Turnes aparece | Palco de actuacións que había na Pista Jallas. Os personaxes son, de esquerda a dereita: Emilio da Garrota, Regina de Turnes, Andrés do Pardelo e Emilia do Fogueteiro
1955 aproximadamente cortesía | Familia de Che de Turnes aparece | Bebedeiro dos cabalos que había no Campo da Feira á altura da casa do Rebeirán. Os personaxes son de esquerda a dereita: Regina de Turnes, Adela de Capeáns e Chelito (filla dun garda).
1956 aproximadamente cortesía | Familia de Che de Turnes aparece | De esquerda a dereita: Lolita de Carracedo, Marité, Lola de Cousillas, Adela de Capeáns, Charo de Casimiro, Fina das Marianas, Mercedes de Carracedo e Aurita do Celta.