Perfecto Pereira Barcia «Pereiriña»

Nado no lugar de Montouto. Debutou como músico ós 9 anos de idade nas festas de Bustelo, despois de subir sempre ós escenarios cando viñan as orquestras ás festas da súa aldea. A partir dese intre, estivo tres décadas enriba dos escenarios. Pasou por célebres orquestras da época como foron a “Santa Comba” (na que debutou como cantante), “Los Dinámicos” ou “Los Panters”, “cobrando mil pesetas diarias cando non había estradas e os instrumentos levábanse nos carros polos camiños de terra”. Acadou o cumio coa orquestra “Los Seikos”, na que levaba a dirección, era o vocalista. Durante os últimos oito anos alternaba dita función coa de batería. “Los Seikos” foron creados polo propio Perfecto Pereira xunto co seu veciño Daniel, outro recoñecido persoeiro no mundo das orquestras, nado no concello da A Baña pero afincado na nosa terra. Daniel aportou grandes cousas á música xalleira. Formou parte doutra recoñecida orquestra como “Xuntanza”, e acadou a cima musical como pianista da orquestra “Compostela”.

 

Escoita algunha das canción de este gran cantante

Un beso y un flor -Perfecto Pereira
Si vas a Calatayud - El Hijo de la Dolores (Pasodoble) Perfecto Pereira
Triste Papel -Perfeto Pereira
Campanera - Perfecto Pereira
Granada - Perfecto Pereira
A Jorge Negrete Ranchera - Perfeto Pereira
La Resbalosa - Perfecto Pereira

É un dos dos precursores vivos da música do municipio. Debutou como cantante ós 9 anos de idade nas festas de Bustelo, a súa parroquia. Na súa mocidade disfrutaba subindo ós escenarios cando viñan as orquestras ás festas da súa aldea. A partir dese intre, estivo tres décadas enriba deles co obxectivo de divertir ó seu público. Cunha formación practicamente autodidacta creou e formou parte de célebres orquestras xalleiras dos anos 60, 70 e 80 como a “Santa Comba”, “Los Dinámicos”, “Los Panters” ou “Los Seikos”. “Pereiriña” non só contribuíu ó entretemento e a diversión da xente, senón que tamén foi o xerme para a creación de varias empresas o amparo da música. Delas podemos citar a Durán Radio que nos seus comezos acompañaba a “Los Dinámicos” ou a “Los Panters” para darlle o servizo de son ou para levar os instrumentos da banda de música nunha DKW. Ou a Paco Romar, que como membro da Banda de Música Municipal decidiu mercar unha furgoneta para o transporte dos músicos.

Foi Xallerio do ano 2014