RELIXÍON, IGREXAS E CLERO
Nunha pequena ermida en “Santa Catalina Darmada…muy sucia y llena de basura e paresce que en ella hacer muchos fuegos…, duermen hombres y mujeres, personas deshonestas y de mal vivir y hacen estúprulos y deshonestidades en ofensa de Nuestro Señor Dios y de la Virgen Santa Catherina”.
AS IGREXAS
Igrexas históricas en tódalas parroquias salvo na capital municipal (Santa Comba)
Case tódalas parroquias de Santa Comba teñen igrexas dun gran valor histórico-artístico que son o orgullo das súas xentes, a excepción da parroquia de Santa Comba, que contaba cunha histórica igrexa en pleno centro do casco urbano municipal, ó lado do Pazo de Santiso (ou do pozo) e que se derrubou cando se construíu a actual, a principios dos anos 60.
Algo semellante pasoulle á de San Salvador de Padreiro, de estilo barroco, derrubada por ser pequena e estar en malas condicións. Desta igrexa consérvase en San Martiño Pinario, en Santiago de Compostela, o retablo de estilo barroco.
Na visita pastoral de 1.548 faise referencia a unha pequena ermida en “Santa Catalina D’armada” que tiña dous altares, nun dos cales estaban as imaxes de Santa Catalina e de San Gregorio, mentres que o outro estaba baleiro, e a capela producía entón unha paupérrima impresión “muy sucia y llena de basura e paresce que en ella hacer muchos fuegos…, duermen hombres y mujeres, personas deshonestas y de mal vivir y hacen estúprulos y deshonestidades en ofensa de Nuestro Señor Dios y de la Virgen Santa Catherina”.
Documentalmente, as primeras referencias ás igrexas que temos no noso municipio son as de Arantón e Fontecada, no século IX, inventariadas no “documento de Tructino”. Tructino fora enviado polo rei Afonso III, para facer inventario das igrexas pertencentes á sé de Iria. No municipio só hai dúas igrexas románicas, a de San Fiz de Freixeiro e a de San Cristovo de Mallón.
CREGOS, CLERO E RELIXIÓN
D. Alfonso de Fonseca, Arcebispo e benefactor de Santiago, fillo de Dona María de Ulloa da Casa de Alba, foi crego de Santa Comba. O Bispo de Tarazona Frei García Pardiñas, naceu no pazo de Cícere de Embaixo.
D. Afonso de Fonseca, Arcebispo e benefactor de Santiago, fillo de Dona María de Ulloa da Casa de Alba, foi crego de Santa Comba. O Bispo de Tarazona, Frei García Pardiñas, nacido no pazo de Cícere de abaixo, fundou a capela de Nosa Señora da Mercede e reconstruíu a igrexa parroquial de San Pedro de Cícere.
Temos referencias dos primeiros cregos que fixeron do concello o seu lugar de residencia e mandaron construír a súa casa a carón das igrexas das que estaban titulados, como Xoán Mazáns, reitor de Santa Comba a finais do século XV. Aínda que este comportamento correspondíase máis ben coa súa situación de poderoso local que coas súas funcións pastorais.
Outros cregos dos que se ten constancia son: Rodrigo de Sampaio, crego de San Pedro de Santa Comba en 1.441. D. Juan Estévez Caamaño, veciño de Alón, ex-crego de Ser e Montouto, que fundou unha “misión“ popular en Ser, alá polo ano 1.741. D. José Cabeza Docampo, que na década de 1.950 era o párroco de San Pedro de Santa Comba, San Pedro de Cícere e San Xoán de Grixoa.
Reitor e Clérigo eran persoas distintas, o Clérigo predicaba na igrexa pero tiña escasa relevancia. Moitos deles eran franceses emigrados que atendían as igrexas por un bocado de pan. Este é o caso de Martín Bonifacio que celebraba misa en Mallón e Alón, ou Guillerme que facía o propio en Santa María de Esternande.
POUCAS MISAS
En 1.548 ningún dos templos do concello tiña o Santísimo Sacramento nos seus altares e nun bo número delas a Eucaristía celebrábase soamente cada dúas semanas e mesmo, nalgún caso, cada tres. O motivo disto era os escasos ingresos que tiña a parroquia, o baixo número de veciños e que as igrexas estaban en lugares casi desertos.
AS CONFRARÍAS PARROQUIAIS
No século XVI nacen as confrarías parroquiais, primeira expresión do asociacionismo campesiño a medio camiño entre o sentido relixioso e o festivo. Chegou a haber 34 confrarías dedicadas a diversos santos e virxes, pero foron desaperecendo, xa que a autoridade eclesiástica, no ano 1740, prohibiu a celebración das comidas de irmandade entre os cofrades o día da festa, polos excesivos gastos, pendencias e argumentos dos bispos en base a “desórdenes por comer hombres y mujeres juntos”
En 1.543 había tres, a de Santo Antón na Pereira, a de Santa Lucía en Meanos (que daquela pertencía a Xallas) e a de Veracruz en Santa Comba. Ninguna delas tiñas a súa constitución aprobada e déuselles un prazo para evitar que quedasen prohibidas como confrarías relixiosas.
Na visitas pastorais do século XVI xa non aparecen citadas éstas, pero rexistráronse 31 confrarías, 21 delas dedicadas a diversos santos, cinco á Virxe (tres delas baixo a advocación do Rosario), unha ás ánimas do purgatorio e 4 ó Santísimo.
Un século máis tarde, a mediados do XVIII, soben de 31 a 34, pero agora 18 das 34 estaban dedicadas ó Sacramento, en seis era a Virxe a honrada (en dous casos baixo a advocación do Rosario, nun á Nosa Señora do Carmo e noutra lembrando a súa natividade). Noutras 14 lembran a diversos santos, aínda que case sempre comparten dedicación co Sacramento e coa Virxe.
Posteriormente moitas delas desapareceron. Esta desaparición foi motivada pola autoridade eclesiástica, que en 1.740, prohibiu que os días de festa se celebrasen as comidas da irmandade entre os confrades, polos excesivos gastos, pendencias e argumentos dos bispos en base a “desórdenes por comer hombres y mujeres juntos”.
1958 cortesía | Lola Carracedo e Claudio Montiel aparece | Altar da desaparecida igrexa de Santa Comba durante a voda de Lola Carracedo e
1958 cortesía | Lola Carracedo e Claudio Montiel aparece | Porta principal da desaparecida igrexa de Santa Comba durante a voda de Lola Carracedo e Claudio Montiel. Ó fondo vese tamén a cheminea e parte dunha fachada do Pazo de Santiso.
1958 cortesía | Lola Carracedo e Claudio Montiel aparece | Entrada principal ó adro da desaparecida igrexa de Santa Comba durante a voda de Lola Carracedo e Claudio Montiel. Ó fondo, a dereita, recoñécese a Marisa de Capeáns e, posiblemente, Chicha do Rebeirán.
1956 aproximadamente cortesía | Blanquita aparece | Juan Ruzo e a súa filla Blanquita na Avda. Alfonso Molina, á altura do que agora é Electrodomésticos Sampedro-Milar. Ó fondo apréciase a igrexa vella e o novo muro construído despois de derrubar o de pedra. A estrada aínda era de terra e estaba sen formigonar
1955 aproximadamente cortesía | Familia de Che de Turnes aparece | Erundina de Juan do Mouro e Regina de Turnes na Avda. Alfonso Molina, á altura do que agora é Electrodomésticos Sampedro-Milar. Ó fondo apréciase a igrexa vella e o novo muro construído despois de derrubar o de pedra. A estrada aínda era de terra e estaba sen formigonar.
1955 aprox. cortesía | Familia de Che de Turnes aparece | Regina de Turnes e Adela de Capeáns no novo muro de peche da igrexa vella que mandara construír D. Joaquín (sen confirmar) despois de ordenar derrubar o de pedra.
5 de xaneiro de 1961 cortesía | Familia de Che de Turnes aparece | Interior da igrexa vella de Santa Comba. Os personaxes son Celestino de Matilde Turnes e Regina de Turnes. Atrás, Che de Turnes
20 de marzo de 1951 cortesía | Familia de Che de Turnes aparece | Retablo da igrexa vella de Santa Comba. Os personaxes son, de esquerda a dereita:
5 de marzo de 1951 cortesía | Familia de Che de Turnes aparece | Acceso ó adro da igrexa vella de Santa Comba. Os personaxes son: Che de Turnes e Lolita Otero. Ó fondo, o hórreo e parte da casa de Blanco.
5 de xaneiro de 1961 cortesía | Familia de Che de Turnes aparece | Acceso ó adro da igrexa vella de Santa Comba. Os personaxes son Che de Turnes e Regina de Turnes. Ó fondo a casa de Blanco.
5 de xaneiro de 1961 cortesía | Familia de Che de Turnes aparece | Acceso ó adro da igrexa vella de Santa Comba. Os personaxes son Celestino de Matilde Turnes e Regina de Turnes. Ó fondo a casa de Blanco
Exterior da antiga Igrexa de Santa Comba 3
1953 aproximadamente cortesía | Familia de Che de Turnes aparece | Á dereita muro de peche de pedra que existía na igrexa vella antes da construción do novo máis moderno. Tamén se aprecia parte da caseta onde se gardaba o material da igrexa. Ó fondo a Casa de Carracedo. Os personaxes son: na esquerda, en primeiro plano, Manolito Otero e Matilde Turnes. Na dereita, en primeiro plano, Manolo Turnes e Lola de Otero
1955 aprox. cortesía | Familia Che de Turnes aparece | Á esquerda, o muro de peche que se construíu despois de derrubar o de pedra. Respecto a outras fotos, tamén se aprecia que, coa construción deste muro, desaparece a caseta onde se gardaba o material da igrexa. Parece que a foto foi sacada durante unha procesión de San Cristóbal, aínda que diversas fontes afirman que San Cristóbal non se empezou a celebrar ata ben entrados os anos sesenta. Tamén pode ser que a data da fotografía corresponda ós sesenta e non ós cincuenta.
1966 cortesía | José María Pintos. Arquivo parroquial de Santa Comba
1966 cortesía | José María Pintos. Arquivo parroquial de Santa Comba
1966 cortesía | José María Pintos. Arquivo parroquial de Santa Comba
23 de agosto de 1940 cortesía | José María Pintos. Arquivo parroquial de Santa Comba aparece | Carné de identidade do clero da arquidiocese de Santiago de Compostela, pertencente ó presbítero nº 515 D. Joaquín Torres Valiñas, durante o seu cargo de párroco en San Vicente de Aro (Negreira)
23 de agosto de 1940 cortesía | José María Pintos. Arquivo parroquial de Santa Comba aparece | Carné de identidade do clero da arquidiocese de Santiago de Compostela, pertencente ó presbítero nº 515 D. Joaquín Torres Valiñas, durante o seu cargo de párroco en San Vicente de Aro (Negreira).
1966 cortesía | José María Pintos. Arquivo parroquial de Santa Comba
13 de setembro de 1952 cortesía | José María Pintos. Arquivo parroquial de Santa Comba aparece | D.N.I. de D. Joaquín durante a súa estancia como cura-párroco en Santa María de Rus (Carballo). Contaba con 49 anos.
13 de setembro de 1952 cortesía | José María Pintos. Arquivo parroquial de Santa Comba aparece | D.N.I. de D. Joaquín durante a súa estancia como cura-párroco en Santa María de Rus (Carballo). Contaba con 49 anos.
1966 cortesía | José María Pintos. Arquivo parroquial de Santa Comba
16 de xullo de 1963 cortesía | José María Pintos. Arquivo parroquial de Santa Comba aparece | D.N.I. de D. Joaquín durante a súa estancia como cura-párroco de Santa Comba. Contaba con 60 anos.
1966 cortesía | José María Pintos. Arquivo parroquial de Santa Comba
cortesía | José María Pintos. Arquivo parroquial de Santa Comba aparece | Cura-párroco de Santa Comba dende 1961 ata o seu falecemento en 2001.
1966 cortesía | José María Pintos. Arquivo parroquial de Santa Comba
cortesía | José María Pintos. Arquivo parroquial de Santa Comba aparece | Nos últimos anos da súa vida amosou un gran aprecio cara a súa cadela.
1966 cortesía | José María Pintos. Arquivo parroquial de Santa Comba
1966 cortesía | José María Pintos. Arquivo parroquial de Santa Comba
1966 cortesía | José María Pintos. Arquivo parroquial de Santa Comba
1966 cortesía | José María Pintos. Arquivo parroquial de Santa Comba
1966 cortesía | José María Pintos. Arquivo parroquial de Santa Comba
1966 cortesía | José María Pintos. Arquivo parroquial de Santa Comba
1966 cortesía | José María Pintos. Arquivo parroquial de Santa Comba
1966 cortesía | José María Pintos. Arquivo parroquial de Santa Comba
1966 cortesía | José María Pintos. Arquivo parroquial de Santa Comba
1966 cortesía | José María Pintos. Arquivo parroquial de Santa Comba
23 de abril de 1955 cortesía | Familia Capeáns aparece | Procesión de Santa Misión acompañada da Garda Civil pola Avda. Alfonso Molina á altura da casa de Carro.
1965 aproximadamente cortesía | Familia de Celestino Novo aparece | Os personaxes que aparecen na foto son de esquerda a dereita: Raso, Aurelio Durán e Celestino Novo.
23 de abril de 1955 cortesía | Familia Capeáns
5 de agosto de 1958 cortesía | José María Pintos. Arquivo parroquial de Santa Comba aparece | Recordatorio do viséximo quinto aniversario de ordenación sacerdotal de D. Joaquín.
13 de marzo de 1949 cortesía | José María Pintos. Arquivo parroquial de Santa Comba aparece | Recordo da inauguración e bendición solemne da igrexa parroquial de Santa Comba con motivo da súa restauración.
1958 cortesía | Marisa de Capeáns aparece | Esta foto corresponde a unha representación relixiosa realizada na igrexa de Santa Comba. Durante a celebración, o cura do momento Sr. Cabeza Docampo estaba agonizando no seu leito de morte e non puido asistir á representación, polo que pediu que se instalara un equipo de megafonía para poder escoitar os actos dende a cama. Ó rematar a representación quixo que os participantes na mesma o visitaran, como así fixeron. Ó pouco tempo, morreu. A virxe é Marisa de Capeáns, á esquerda está Paz de Raso e á dereita Pepe de Capeáns e Luisita de José Ramón.
24 de outubro de 1971 cortesía | José María Pintos. Arquivo parroquial de Santa Comba
anos 70 cortesía | José María Pintos. Arquivo parroquial de Santa Comba aparece | Ata ben entrados o anos 80, os rapaces que acudían á misa dominical das 11:30 h, colocábanse sempre no altar a ámbolos lados da sacristía e, posteriormente, quedaban á catequese.
entre 1940 e 1952 período no que estivo de alcalde D. Felipe Castro Landeira cortesía | Familia Capeáns aparece | A ámbolos lados do estandarte, pola esquerda, con traxe branco o Alcalde do concello Felipe Castro Landeira e pola dereita o secretario do concello D. Ramón Caamaño.
novembro de 1957 cortesía | Vinos Mateo aparece | Bautizo na igrexa vella por parte do párroco Sr. Cabeza do Docampo.
novembro de 1957 cortesía | Vinos Mateo aparece | Bautizo na igrexa vella por parte do párroco Sr. Cabeza do Docampo. A foto está sacada no acceso ó recinto da igrexa de dentro cara fóra. Nun primeiro plano, despois das persoas, vese a cancela de acceso ó recinto e ó fondo, a casa de Blanco.
finais dos 50 principios dos 60 cortesía | José Luís da Redonda aparece | De esquerda a dereita: Isolina da Redonda, Elisa da Garrota, Isaura da Redonda, Regina das Marianas, Julia da Redonda, Benedicta de Ordóñez, Emilio do Garrote e Dulce de Lois. Ó fondo á esquerda, a caseta onde se gardaba o material da igrexa. Ó fondo, no centro, a casa de Carracedo e á dereita, unha parte da igrexa
1961 cortesía | Chucha aparece | Parte do altar da igrexa vella. Os personaxes da foto son Chucha e Ramón.
1961 cortesía | Chucha aparece | Interior da igrexa vella. Os personaxes da foto son Chucha e Ramón
novembro de 1957 cortesía | Vinos Mateo aparece | Bautizo na igrexa vella por parte do párroco Sr. Cabeza do Docampo.
1963 - 1964 cortesía | Familia Capeáns aparece | Retablo da igrexa vella de Santa Comba durante a primeira comuñión dos fillos do notario D. Jesús Cano Hevia. O cura que oficia a cerimonia é Manolo da Bouza.
1970 cortesía | Ángel Carracedo aparece | Estela funeraria atopada cando se tirou a igrexa vella. Actualmente consérvase no Museo Arqueolóxico de Ponteve
1961 cortesía | Chucha aparece | Porta da igrexa vella. Os personaxes da foto son Chucha e Ramón
1961 cortesía | Chucha aparece | Fachada frontolateral da igrexa vella. Os personaxes da foto son Chucha e Ramón.
1961 cortesía | Chucha aparece | Parte do altar da igrexa vella. O personaxe da foto é Chucha.
entre 1940 e 1952 período no que estivo de alcalde D. Felipe Castro Landeira cortesía | Familia Capeáns aparece | A ámbolos lados do estandarte, pola esquerda, con traxe branco o Alcalde do concello Felipe Castro Landeira e pola dereita o secretario do concello D. Ramón Caamaño.
cortesía | Casa do Celta aparece | Descoñécense os personaxes, o ano e o acto ó que corresponde, aínda que hai quen di que pode ser a representación dun Via Crucis.
entre 1960 e 1965 cortesía | Casa Capeáns aparece | De esquerda a dereita: D. José Gerpe Barreiro (Coadxutor en Santa Comba e cura en Freixeiro, que posteriormente oficiaría en San Paio-Coristanco), D. Luís cura de Santa Sabiña (tío de Luís de Guillín), D. Ramón Pena Fernández (cura de Castriz), D. Juan, Cura de Arantón, Sr. cura de Ordoeste e Víctor (sobriño de D. Ramón o cura de Castriz).
1971 cortesía | Calzados Moledo aparece | Procesión dos Milagros en Santa Catalina, á altura de Casa Arturo. Apréciase que a estrada xa era de formigón, pero aínda non tiña beirarrúas.
anos 60 cortesía | Benigno da Trita aparece | Procesión pola Avda. Alfonso Molina á altura do Cine Casimiro
anos 60 cortesía | Benigno da Trita aparece | Procesión pola Avda. Alfonso Molina á altura do xardín. Á esquerda recoñécese a Barcia.
1947 cortesía | Aurora Brenlla Romar aparece | Peregrinación a Santiago. A foto corresponde ó grupo dos veciños de Montouto. No centro Aurora Brenlla, á esquerda, o cura de Montouto D. Manuel Reimúndez Tasende, falecido en 1977. O neno que está diante del é Atilano Pereira.
1951 aprox. cortesía | Ángel de Basilio aparece | 1. Maruja de Basilio, 2. Teresa de Basilio, 3. Adela de Capeáns, 5. Pilara da Corredoira, 6. Sofía de Alisandro, 9. Mercedes Durán, 10. Lola de Otero, 11. Lola de Cousillas, 12. Maruchi do Habilitado, 13. Carmiña do Cabo, 14. Lolita Carracedo, 18. Dulce de Lois, 19. Esclavitud de Capeáns, 22. Mariloli de Capeáns. 4. Sen identificar, 7. Lola da Daniela ou Chucha e o resto está sen identificar.
1966 cortesía | Ángel de Basilio aparece | Construción da Igrexa parroquial de San Pedro
1963 cortesía | Ángel de Basilio aparece | Construción da Igrexa parroquial de San Pedro
29 de decembro de 1958 cortesía | Marisa de Capeáns aparece | Na fila de atrás, á esquerda o cura de Sampérez; ó seu lado, no centro, Manolo da Bouza e a dereita o canonico Manuel Rey Martínez. En primeiro plano, Ángel Rieiro falecido en 1978 e detrás coa vela D. Juan de Santa Sabiña.
29 de decembro de 1958 cortesía | Casa Capeáns aparece | O cura de lentes é Germán Caamaño Mata, o día da súa primeira misa como sacerdote en 1958 no “basamanos” que por costume tiña lugar ó final da misa. Á dereita, o cura de Sampérez falecido ó caer dun cabalo. Á esquerda, os pais de Germán: David Caamaño García e Florinda Mata Souto.
29 de decembro de 1958 cortesía | Marisa Capeáns aparece | De esquerda a dereita: o canónigo D. Manuel Rey Martínez, Ángel Rieiro, Manolo da Bouza e Jaime García Rodríguez, condiscípulo de Manolo da Bouza, natural de Santa Cristina de Barro (Noia), párroco emérito de Esteiro. Entre Ángel Rieiro e Manolo da Bouza, ó fondo, vese unha cara que corresponde a Maruja, unha irmán de Manolo da Bouza. Á esquerda do canónigo (media cara de perfil) está Jesús, outro irmán de Manolo da Bouza.
29 de decembro de 1958 cortesía | Marisa de Capeáns aparece | Comida que se fixo na casa Capeáns con motivo da ordenación de Manolo da Bouza. De esquerda a dereita: D. Arcadio, a nena M.ª Carmen das Cerdeiras (muller de Amadeo), Celestino Novo, Atomé, Marisa de Capeáns, Andrés Pereira e Raso.
1965 cortesía | Margarita Fernández Osende aparece | Catedral de Santiago. Peregrinación a Santiago con motivo do Ano Santo de 1965. Na primeira fila, de esquerda a dereita: D. Joaquín (cura-párroco de Santa Comba), D. José (cura-párroco de Alón), D. Ramón Pena Fernández (cura-párroco de Castriz). Na segunda fila, de esquerda a dereita: Amador Bruzos, Atomé e Raso. No pendón que leva Atomé lese “Céltigos” arciprestado ó que pertence Santa Comba
1965 cortesía | Margarita Fernández Osende aparece | Catedral de Santiago. Peregrinación a Santiago con motivo do Ano Santo de 1965. Na dereita da fotografía, na fila de esquerda a dereita: Andrés Pereira (Alcalde do concello) D. Joaquín (cura-párroco de Santa Comba) e D. José (cura-párroco de Alón). Na segunda fila, na esquerda, Amador Bruzos e na dereita Raso. No pendón que leva Atomé lese “Céltigos” arciprestado o que pertence Santa Comba. Os personaxes de atrás de todo non son identificables. Á esquerda da fotografía, de pé, o canónigo Manuel Rey Martínez e sentado D. Miguel Novoa Fuente, obispo auxiliar de Santiago durante o obispado de D. Fernando Quiroga Palacios (Cardenal-arzobispo de Santiago)
1965 cortesía | Marisa de Capeáns aparece | Diante, de esquerda a dereita: Marisa de Capeáns, Maruja do Alcalde e a filla de Cambeiro. Detrás, de dereita a esquerda: Amador Bruzos, Margarita, Andrés Pereira, Mari Celia do Ferrador e Dulce de Lois. O da esquerda de todo é Pepe de Lois.
1965 cortesía | Marisa de Capeáns aparece | Diante, a filla de Cambeiro, detrás, Maruja do Alcalde e Marisa de Capeáns.
1955 cortesía | Suso Blanco aparece | A Virxe de Luján tróuxoa dende Arxentina unha tía de Manolo do Lixeiro chamada Dolores Mira. As mulleres do municipio organizaron un recibimento, cunha procesión vestidas de galegas, con estandartes e bandeiras españolas e arxentinas. A foto está un pouco borrosa aínda que se identifican algúns personaxes como Marité e Maruja de Basilio collendo a Virxe, Teresa de Basilio á esquerda da foto coa bandeira arxentina. Manolo da Bouza á esquerda da Virxe, case ó seu lado Adela de Capeáns, ou máis á dereita Mucha de Basilio.
1955 cortesía | Suso Blanco aparece | A Virxe de Luján tróuxoa dende Arxentina unha tía de Manolo do Lixeiro chamada Dolores Mira. Organizaron un recibimento cunha procesión vestidas de galegas con estandartes e bandeiras españolas e arxentinas. Os personaxes son: de pé, de esquerda a dereita: Lucha do Pive, Adela de Capeáns, Maruja do Castrixeiro, Regina de Turnes, Teresa de Basilio, dona María de Blanco, Maruja de Basilio, Marité e Obdulia de Consuelo. Sentadas de esquerda a dereita: Tacha de Alisandro, Carmucha de Alisandro, Marisa de Capeáns, Pilucha de Fachal (con lentes), Lucha do Rebeirán, M.ª Estrella da Renfe, Mucha de Basilio, Chicha do Rebeirán, Lolita de Basilio e Lola da Carpinteira.
cortesía | Santiago Vázquez. Cura de San Cristobo aparece | Atrás, no centro, José Lens e a súa dona, mestres naquel tempo de San Cristobo e D. Santiago cura-párraco da mesma parroquia
14 de setembro de 1941 cortesía | Aurelio Durán aparece | Durán levando o estandarte nas festas dos Milagros de Santa Catalina.
1948 cortesía | Aurelio Durán aparece | De esquerda a dereita: Juan Arosa (con lentes), D. Celestino, o cura de San Salvador (con sombreiro detrás de Juan Arosa), diante Felipe Castro Landeira “Pin” (alcalde do Concello de 1940 a 1952), a muller do Comandante de Posto, o Sr. Castellanos, Durán (diante con camisa branca), ó seu lado diante á dereita de todo, D. Andrés Torreira Couto, cura de Fontecada ata o ano 1965. Os catro curas que están atrás entre Durán e Andrés Torreira están sen identificar. Ó fondo, na esquerda, entre Felipe Pin e a muller de Castellanos está Cabeza Docampo, cura párroco de Santa Comba; ó seu lado, o cura D. Juan de Vilamaior e pode que o outro sexa o cura de Arantón.
1948 cortesía | Aurelio Durán aparece | Na esquerda, Juan Arosa, co estandarte Felipe Castro Landeira “Pin” (alcalde do Concello de 1940 a 1952), na dereita Durán.
1954 cortesía | Aurelio Durán aparece | De esquerda a dereita: o xenro do Ministro Artajo, Martín Artajo (Ministro de Asuntos Exteriores); co estandarte, Andrés Pereira (Alcalde do concello de 1952 a 1970), Óscar (con bigote), Lucas de las Heras (da Cámara Agraria) e Durán. Na dereita de todo con bastón, Pepe de Cuña da Torre.
1954 cortesía | Aurelio Durán aparece | De esquerda a dereita: o xenro do Ministro Artajo, Martín Artajo (Ministro de Asuntos Exteriores); Óscar (con bigote); co estandarte, Andrés Pereira (Alcalde do concello de 1952 a 1970) e Durán. Con bastón Pepe de Cuña da Torre.
1971 cortesía | Aurelio Durán aparece | Na primeira fila, de esquerda a dereita, entre outros: José Lens, D. Ramón (cura de Castriz), Gómez Rubio, D. Santiago (cura de San Cristobo), Dionisio Canedo Vilamisar (cura de Ser), Manolo da Bouza, Carril, D. Juan Landeira (cura de Santa Sabiña), D. Olimpio (cura de Vilamaior), Elena (mestra do Laguiño), dona Luz, o Laguiño, Monseñor Suquía, María Landeira, Domitila, M.ª Carmen de Ordóñez, Celia, muller de Lens, a sobriña de Domitila (mestra nas Travesas), Santiago Pérez, José Carlos Torreira e Manuel Igrexas
Comunions
1952 aproximadamente cortesía | Suso Blanco aparece | Irmán (que está en Uruguai. Marchou en 1954) de Che de Maroñas na Avda. Alfonso Molina á altura do que agora é Electrodomésticos Sampedro-Milar. Ó fondo apréciase a igrexa vella e o novo muro construído despois de derrubar o de pedra. A estrada aínda estaba sen formigonar.
1955 aproximadamente cortesía | Celestino Carracedo aparece | Procesión de Corpus pola rúa Alfonso Molina.
1955 aproximadamente cortesía | Celestino Carracedo aparece | Procesión de Corpus pola rúa Ferradura (Campo da Feira).
anos 40 cortesía | Celestino Carracedo aparece | Vista da desaparecida igrexa de Santa Comba
1958 cortesía | Lola Carracedo e Claudio Montiel aparece | Exterior da desaparecida igrexa de Santa Comba durante a voda de Lola Carracedo e Claudio Montiel.
cortesía | Casa Lois
1967 aproximadamente cortesía | Avelina e Josefa de Framil aparece | Avelina, Framil e Framilito.
Fregeses na igrexa de Ser sobre o ano 1970 aproximadamente