Personaxes Ilustres

PERSOEIROS

Conscientes de que os verdadeiros autores da nosa historia son tódolos fillos e fillas de Santa Comba nados nesta terra ou adoptados por ela. Esta lembranza a uns poucos quere ser o testemuño do paso do tempo.

Algúns están no recordo de todos e desde postos senlleiros na empresa, na música, na cultura, no deporte, ou no máis humilde anonimato. Outros témolos presentes na memoria pola súa forma de ser e actuar, polas anécdotas que os nosos devanceiros contaban. Outros, como é lóxico, non contarán coa simpatía de moitos, pero para nós, como reza a letra de Eduardo Pondal no Himno Galego serán “os bos e xenerosos”, que dunha ou outra forma, nunha grande maioría, contribuíron, desde o noso pasado máis afastado ata hoxe mesmo, a engrandecer o nome e prestixio do noso Concello, deixando claro que son, e teñen sido moitos máis os xalleiros e xalleiras que poderían figurar neste apartado pero non sempre se conserva documentación, nin tampouco sería posible reseñar un a un, a todos e cada un deles.

RELIXION

Frei Basilio Río Brenlla “El padre Basilio”.

Traballou en Palestina, na Misión de Terra Santa, a “perla das misións” no dicir dos seguidores do santo de Asís, foi superior no Santo Sepulcro (1.981-1.983), en Betania (1.983-1.990) e en Caná de Galilea. Estivo destinado na Procura Xeral de Terra Santa, foi membro do comité da parroquia latina de Xerusalén. O goberno español, concedeulle a “Encomienda de Isabel la Católica”. Finou en Xerusalem eeestá soterrado no Monte Sión en Palestina.

Naceu o 5 de outubro de 1.913 en San Salvador de Padreiro e finou en Xerusalén, donde foi soterrado segundo a súa vontade o 17 de outubro de 1.994. Entre 1.927 e 1.930 cursou os estudios humanísticos no seminario franciscano de Herbón (Padrón) e vestiu o hábito da orde de San Francisco o 30 de xullo de 1.930. Despois de estudiar teoloxía en Santiago de Compostela, ordenouse sacerdote o 6 de xuño de 1.941. Durante nove anos desempeñou o oficio de organista e adicouse a ensinanza desta materia. Simultaneou este labor co de administrador dos centros franciscanos de Ponteareas e Herbón así como o traballo apostólico coa xuventude Antoniana da vila de Ponteareas. O 6 de novembro de 1.950 incorpórase á Misión de Terra Santa, a “perla das misións” no dicir dos seguidores do santo de Asís. Alí primeiro durante oito meses presta servicio no Santo Sepulcro, e logo é destinado á Procura Xeral de Terra Santa, no convento de San Salvador, onde permanecerá por espaco de 30 anos, acadando o grao de procurador xeral (1.968-1.981), sendo o derradeiro dos procuradores xerais en Terra Santa. Polos seus longos anos de servicio como procurador xeral, o goberno español, daquela da UCD, concedeulle a “Encomienda de Isabel la Católica”. O mesmo tempo entre 1.951 e 1.962 foi corista custodial e sempre traballou en Palestina nas obras de beneficiencia, nomeadamente como membro do comité da parroquia latina de Xerusalén. Rematado o seu período como procurador en Terra Santa foi superior no Santo Sepulcro (1.981-1.983), en Betania (1.983-1.990) e en Caná de Galilea (1.990-1.993). Con 80 anos en xaneiro 1.994, cando xa estaba enfermo veu a Santiago e visitou a súa familia, que lle propuso quedar aquí, pero el quiso volver, sempre decía que quería ser enterrado no Monte Sión en Palestina, como así foi, no outono desde mesmo ano 94. O seu biógrafo P. José Rodríguez di del: “le recordaremos siempre a la puerta de estos santuarios acogiendo con gesto sereno y gozoso a todo el que llegaba como peregrino o como simple turista. Su sonrisa cautivaba a unos y otros. Le recordaremos caminando por las calles de Jerusalén con paso ligero para socorrer necesidades. Le recordaremos paseando por los pasillos de la enfermería con la voluntad de recuperar las fuerzas que le permitiesen volver a su trabajo con los peregrinos. Le recordaremos como un hombre manso y humilde, risueño y jovial. Le recordaremos, sobre todo como un fraile que amó profundamente su vocación de Hermano Menor y que amó con pasión a Tierra Santa. Por ella sufrió con ella gozó y en ella sirvió fielmente al Señor”.

Frei García de Pardiñas Villar de Francos.

Foi un home relevante como escritor e membro da xerarquía eclesiástica católica nos séculos XVII e XVIII chegando a ser bispo mercenario de Tarazona, provincial da súa orde relixiosa e catedrático de Teoloxía Moral na Universidade en Salamanca. Na súa parroquia natal de Cícere, amais de reface-la igrexia e levanta-la capela de Nosa Señora da Mercede fixo valiosas doazóns.

Naceu o 12 de xaneiro de 1.672 en Cícere de Abaixo, que daquela decíase “Síser”, e morreu en Tarazona (Zaragoza) o 29 de marzo de 1.741, sendo soterrado o seu corpo nesa catedral, aínda que posteriormente os seus restos mortais acabaron enterrados na Capela do Cristo do convento de Conxo. Foi un home relevante como escritor e membro da xerarquía eclesiástica católica nos séculos XVII e XVIII chegando a ser bispo mercenario de Tarazona, provincial da súa orde relixiosa e catedrático de Teoloxía Moral en Salamanca. García Pardiñas, que tiña gran devoción pola Virxe María, estudiou no colexio de Fonseca (centro de prestixio para as familias fidalgas) e entrou no convento mercenario de Conxo en 1.689 con 17 anos, despois de estudiar Artes e dous anos de Teoloxía. Despois de superar a “probanza de sangre como era costume “y probar que estaba limpio de sangre judía o de cualquier otra mala raza” continuou coa súa formación en Tormes, Valladolid e Ávila. Desde 1.700 foi catedrático na Universidade de Salamanca e do 1.703 ó 1.706 sería rector do coléxio da Vera Cruz. Logo foi nomeado Visitador Provincial “de los conventos del reino de Galicia y principado de Asturias”. Regresou ó seu convento de Salamanca, onde permaneceu ata se-lo bispo de Tarazona e no ano 1.718 gañou a cátedra de Teoloxía Moral. En 1.719 foi elixido mercenario Superior provincial de Castela, e un ano despois o rei Felipe V presentábao para bispo de Tarazona, en Aragón. Na súa parroquia natal de Cícere, amais de reface-la igrexia e levanta-la capela de Nosa Señora da Mercede, puso no altar maior as imaxes de San Pedro Nolasco e San Ramón Nonato, achegou lámpadas de prata, alfaias para o templo e creou unha fundación e capelanía da Mercede, que pasaron por diversas reviravoltas despois da súa morte. No exterior da súa casa colocou o escudo da súa orde mercenaria. En informes elaborados polo párroco da parroquia en 1.946 D. José Cabeza Docampo, figuran doazóns do Bispo Pardiñas consistentes nunha cruz parroquial de prata (gardada daquela na casa rectoral da capital xalleira) e un unha cadea de ouro que lle penduraba á imaxe da virxe María nas procesións.

Padre Eliseo Seoane Bardanca.

Aínda que crego e franciscano, destaco una química. As súas investigacións e publicacións coronadas por varias patentes científicas acredítano como relevante investigador e traballou principalmente nas Universidades Británicas de Londres e Glasgow, xunto ó premio Nobel de Química do ano 1.969 D.H.R. Barton. Elaborou estudos sobre os constituíntes de resinas vexetais Mastic, separando nelas por primeira vez no mundo dúas substancias, tirucalol e ácido oleanónico, e outras dúas descoñecidas. Dirixiu os departamentos de Química Orgánica de Barcelona e Valencia e do Concello Superior de Investigación Científicas de España (CSIC).

Naceu en Vilamaior o 1 de abril de 1.915 e faleceu en Santiago de Compostela o 5 de maio de 1.986. En 1.931 fixo en Santiago o ano do Noviciado e en 1.938 a profesión de votos solemnes. Concluídos os estudios de Filosofía, Teoloxía e demais ciencias relacionadas como ministerio pastoral e sacerdotal, ordenouse presbítero no ano 1.939. Durante a Guerra Civil en 1.937 foi desprazado a Lugo donde prestou servicios na milicia, sen perde-lo ritmo dos seus estudos, sempre cargados de sobresaíntes na súa traxectoria académica. En 1.949 e despois de inicialos estudos de Ciencias na Universidade de Santiago licenciouse en Madrid en 1.945, e en 1.949 doctorouse coa tese “Sulfamidas Arsenicales”. En Santiago de Compostela foi profesor axudante de Química Orgánica (1.945-1.949), adxunto (1.946-1.954), profesor agregado de Química Orgánica na Universidade de Barcelona (1.967-1.974) e catedrático da mesma materia na Universidade de Valencia (1.974-1.985), ata a hora da súa xublicación lectiva. As súas investigacións e publicacións coronadas por varias patentes científicas acredítano como relevante investigador e traballou principalmente nas Universidades Británicas de Londres (Birkbeck Collage, Chemistry Deparment Imperial Collage University) e Glasgow (Chemsitry Deparment), xunto ó premio Nobel de Química do ano 1.969 D.H.R. Barton. En Londres elaborou estudos sobre os constituíntes de resinas vexetais Mastic, separando nelas por primeira vez no mundo dúas substancias, tirucalol e ácido oleanónico, e outras dúas descoñecidas ás que denominou ácido masticadienónico e ácido isomasticadienónico. Foi director dos departamentos de Química Orgánica de Barcelona e Valencia e do Concello Superior de Investigación Científicas de España (CSIC). Presentou estudios no Internacional Symposium on Microchemical Techniques, en Pensilvania (EEUU), entre eles o seu traballo “Demostration of Funcional Groups in Indole Compouns by Micro Scale Reactions”. Era membro da Real Sociedade Española de Física e Química, Boletín da Universidade Santiago, Journal of the Chemical Society, Revista de Ciencia Aplicada, Ión, Tetrahedron e Información de Química Analítica, etc. Entre outros méritos ten 105 traballos científicos editados coa súa sinatura, 22 teses de doutoramento dirixidas durante o seu maxisterio, dous grandes proxectos científicios que dirixiu nas Universidades de Santiago e Valencia, e traballou no equipo do premio Nobel Barton que realizou importantes traballos de pescuda sobre triternoideos. Todo esto compaginouno coa súa laboura de crego e franciscano concretado en diversos labores pastorais como catequese rural, predicación, ensino a futuros frades e publicando escritos seus en revistas como “Liceo Franciscano” e “Verdad y Vida”. Cando finou no Hospital Xeral de Galicia en Santiago de Compostela, contaba con 71 anos, e foi soterrado en Vilamaior, a súa parroquia natal.

DOCENCIA

José Baña Pose “Pepe Xan Baña”.

Foi o poeta máis popular da Terra de Xallas. Colaborou literariamente no célebre “Diario de la Marina” e participou no ambiente cultural do Centro Galego da Habana (Cuba). Mantivo admiración e amizade con Curros Enriquez, gran poeta civil da Galicia do século XIX. En Santa Comba hai un colexio de primaria en Traba, na parroquia de Castriz, unha asociación vecinal en Santa Sabiña e máis unha rúa na capital xalleira que levan o seu nome.

Naceu o 4 de xaneiro de 1.872 no lugar de Barilongo (lugar dunha única vivenda), parroquia de Santa Sabiña, onde a terra é mina e sabe a volframio, e morreu na Habana (Cuba) o 16 de outubro de 1.945 cando contaba con 73 anos. Foi o poeta máis popular da Terra de Xallas. Asistiu a escola intermitentemente durante tres anos ata que con 17 anos, concretamente o 17 de agosto de 1.889 emigra para a Habana. Comenzou traballando nunha bodega, só 18 días, e os tres anos da súa chegada xa estaba estudiando para cura, abandonando os estudos cando lle faltaba moi pouco para rematar, motivado “polos abusos, a hipocresía e a dobre moral da Igrexa no seu tempo” como demostra a “Carta os curas de Santa Comba” escrita en idioma galego, aínda que o coñecemento e denuncia dos males da igrexia non lle impedirían ser un bo católico practicante, eso si un católico crítico, que defendía, nun supoñer, o celibato opcional dos curas. Acadou o título de mestre de instrucción pública, e con el impartiu docencia en diversos lugares da illa caribeña, sendo o seu derradeiro destino a escola do barrio de Cayajabos, perto dun lugar chamado Artemisa, na provincia de Pinar del Río. Colaborou literariamente no célebre “Diario de la Marina” e participou no ambiente cultural do Centro Galego da capital cubana. Mantivo admiración e amizade con Manuel Curros Enriquez, gran poeta civil da Galicia do século XIX. Como outros tantos paisanos, os seus derradeiros tempos pasounos na sociedade dos galegos “La Benéfica”, da que era socio de honra e na que recibiu todas as atencións e coidados medicos necesarios. Os seus restos descansan no Panteón do Centro Galego do Cemiterio de Colón da cidade da Habana. Case sempre escribiu na súa lingua orixinaria e a única ocasión na que volveu á terra natal foi no ano 1.921, cando contaba con 49 anos. En Santa Comba hai un colexio de primaria en Traba, na parroquia de Castriz, unha asociación vecinal en Santa Sabiña e máis unha rúa na capital xalleira que levan o seu nome.

Mª Luz Vidal Sanjuán e José Gomez Rubio.

Chegaron a estas terras o seu destino profesional como maestros, aquí votaron más de 40 anos. A Mª Luz rei Juan Carlos concedeulle a a Cruz de Alfonso X o Sabio pola súa laboura docente, e a José a Corporación Municipal de Santa Comba doulle o seu nome a unha rúa da localidade.

Mª Luz naceu en Fene o 23 de abril de 1.914 e casou con José. Os dous chegaron a Santa Comba, ó seu destino profesional como maestros en 1.944, e aquí vivirían desde aquela ata as datas dos seus respectivos pasamentos. Mª Luz foi destinada primeiramente a Arantón, e pasou a formar parte do cadro de profesores do novo coléxio comarcal Barrie de la Maza no ano 1.973. Xubilouse unha década máis tarde, en 1.983, despois de botar 39 anos en Santa Comba. José foi destinado inicialmente a San Cristovo de Mallón, logo pasou á Agrupación Mixta de Santa Comba, onde foi director e secretario da Xunta Municipal ata que no ano 1.973 e tamén se integrou no novo Coléxio Público Barrie de la Maza. Pola súa labor docence de tantos anos, a Mª Luz foille concedida o 29 de xaneiro de 1.996, polo rei Juan Carlos, a Cruz de Alfonso X o Sabio. A José polos 35 anos adicados enteiramente ó ensino, a Corporación Municipal de Santa Comba doulle o seu nome a unha rúa da localidade.

MEDICIÑA

Antonio Tomé Taboada “A Tome”.

Aínda que licenciado en mediciña e cun amplo curriculum como médico, tanto en Santa Comba como na guerra, Atomé aínda segue moi vivo en moitas casas de Santa Comba, e non pola súa laboura de médico, senón polas súas viñetas e debuxos coas caricaturizou a unha chea de personaxes locais perfectamente recoñecibles e fíxolle retratos a moitos personaxes da vida pública, tanto galega como española. Unha das rúas da vila recibe o seu nome

Naceu na Casa da Lavana, no lugar de Santa Cataliña, o lado da Casa do Concello, o 16 de agosto de 1.914. Licenciouse en Mediciña na Universidade de Santiago en 1.936, pero xa de cativo lle gustaba debuxar. Durante a guerra civil estivo no 36 como tenente médico na fronte de Toledo, e no ano 1.941 foi destinado ó hospital militar de Oviedo, pasando a Marrocos no ano 1.943. Dous anos despois en 1.945, cando contaba con 32 anos, abre consulta de médico en Santa Cataliña. Xa en 1.935 amosa as súas creacións como caricaturista nun comercio de Santiago, pero será a partir do ano 1.950 cando publique as súas viñetas e debuxos “As paroladas” no periódico herculino El Ideal Gallego, sempre utilizando a nosa língua nos pés das súas viñetas, e aínda despois da súa morte, este xornal seguiría publicando as súas obras. Os debuxos e textos de Atomé tamén se publicaron nos xornais La Noche de Santiago de Compostela, a revista Chan, que dirixía en Madrid o xornalista Raimundo García Domínguez “Borobó”, na revista Medicina Rural e nas publicacións de Cáritas interparroquial “A Nosa Comarca”, á que tamén lle facía chega-las súas colaboracións. En realidade a súa especialidade era o caricaturismo que logo derivou cara o humorismo. As súas obras espuxéronse no Casino de Oviedo (1.941), Hostal dos Reis Católicos (Santiago 1.961), Unión de Artesáns (Santiago 1.965) e incluso en Barcelona. Atomé aínda segue moi vivo en moitas casas de Santa Comba, xa que ademáis das súas viñetas e debuxos, caricaturizou a unha chea de personaxes locais perfectamente recoñecibles, e fíxolle retratos a moitos personaxes da vida pública, tanto galega como española. Tamén segue vivo na gastronomía local, xa que un dos platos que fixeron famoso o restaurante Casa Aurelio, as perdices con verdura, proceden dunha receita que él lle dou a Pilara, propietaria do local, e que aprendera da súa nai, aínda hoxe é este un prato celébre para a degustación nesta casa dos bos xantares. O apodo de Atomé procede dun erro do diario El Ideal Gallego o transquibir a abreviatura do seu nome xunto co seu apelido, o que o marcaría para sempre. A propia profesión de médico, a súa vida en Santa Comba e o seu labor como debuxante e caricaturista fixérono un personase moi popular non só na Terra de Xallas. Faleceu o 18 de decembro de 1.974, e pasados algo máis de tres meses, o 2 de Abril de 1.975, o pleno do concello acordou por unanimidade que unha das rúas da vila reciba o seu nome, entre a capela da Nosa Señora dos Milagres e ata o final do barrio de Santa Catalina, xa que é aquí onde estaba instalada a súa clínica médica. O 16 de decembro de 2000 a Asociación Cultural Comarca do Xallas presentou o libro “Atomé. O debuxante e humorista de Santa Comba”

EMPRESARIOS

José Suárez Suárez “Raso”.

Foi empresario, xuiz de paz, encargado de quintas, funcionario, un dos máis míticos xestores deportivos no fútbol da Costa da Morte a fronte do Xallas fútbol club e incluso proposto para alcalde en varias ocasións, cargo de rexeitou sistemáticamente. Na súa faceta de empresario adicouse a xestionar a salida cara a América de tódalas persoas que emigraban fuxindo da probreza, o que o converteu no verdadeiro artífice da emigración xalleira de Santa Comba e Mazaricos, así como de municipios limítrofes de A Baña, Negreira e Val do Dubra e Zas cara a América, e especialmente cara Brasil. Foi un dos artífices da creación da feira do gaiteiro, xestionou un dos primeiros bancos que se estableceron na localidade, e na casa na que na viviu estableceuse o telégrafo despois de que estivera en Santa Catalina. É socio fundador e presidente honorífico do Xallas F.C. e o único membro do clube que ten a insignia de ouro do clube sufragada polos propios xogadores. Conta coa insignia de recoñecemento o mérito da Federación Galega de Fútbol e do Coléxio Galego de Árbitros. O Concello de Santa Comba recoñeceu a súa laboura co galardon deportivo “Toda unha vida”.

Naceu ó 9 de xullo de 1.918 en Avellaneda-Arxentina froito da emigración, pero xa de moi pequeniño viviu en Santa Comba. Foi empresario, xuiz de paz durante 12 anos, encargado de quintas no concello, funcionario durante 33 anos e un dos máis míticos xestores deportivos no fútbol da Costa da Morte a fronte do Xallas fútbol club. Foi proposto en varias ocasións para Alcalde, proposta que rechazou sistemáticamente pola súa oposición o réximen dictatorial do xeneral Franco. Esta actitude levou a que se produciran varios rexistros na súa casa, e fora proposto para fusilamento, xunto con varios veciños de Vilar. Na súa faceta de empresario adicouse a xestionar a salida cara a América de tódalas persoas que emigraban fuxindo da probreza, encargándose de todo, incluido papeleo, autobuses ata Vigo, estancias e xestións ante o consulado, e en moitas ocasións incluso adiantaba os cartos da pasaxe, o que o converteu no verdadeiro artífice da emigración xalleira de Santa Comba e Mazaricos, así como de municipios limítrofes de A Baña, Negreira e Val do Dubra e Zas cara a América, e especialmente hacia Brasil. De feito Brasil é o país, xunto con Suiza, que máis riqueza lle xenerou ás Terras do Xallas con cartos procedentes da emigrancción. Aínda na actualidade Brasil segué notando a base emigratoria que creou alí “Raso” con veciños da zona, xa que é o país no que Santa Comba encabeza o ranking de emigración galega con 1.272 xalleiros oficiais según o censo de 2005, ségelle A Coruña cidade con 538, Santiago con 307, Negreira con 206, a Baña 220, Val do Dubra 212, Mazaricos 202, e Zas 187, aínda que a colonia de xalleiros estimase que pode chegar ós 5.000 habitantes, que rexentan os mellores e máis modernos locais de hostelería en Ipanema, Tijulla, Leblón ou Copacabana en Rio de Janeiro. Xunto co médico Atomé e o Alcalde do momento foi o artífice da creación da feira do gaiteiro, que consistía e traer un gaiteiro para amenizalas feiras, en concreto a terceira, a feira nova, a dos segundos luns de mes. Xestionou un dos primeiros bancos que se estableceron na localidade, o de Hijos de Olimpio Pérez, e na casa na que na viviu ata a súa morte estableceuse o telégrafo despois de que estivera en Santa Catalina, que era xestionado polo seu cuñado Salomón Arce Martinez. É un dos personaxes máis míticos de toda a historia do fútbol da Costa, non solo polos resultados deportivos do club que presidía senón tamén polos métodos de xestión utilizados propios do século XXI, reflexados incluso en diarios de prestixio da época como “El Ideal Gallego” ou no desaparecido “Riazor” que na consecución do primeiro título da Copa da Costa, publicou a súa portada coa foto do clube e a seguinte frase “El verdadero fútbol sin los males del profesionalismo, Muchas gracias Raso”. Posteriormente outro diario facíase esta pregunta “¿Tuvo el Xallas su Lendoiro o el Deportivo su Raso?”. Nos 60 cando o Xallas gañou a Copa contra o Negreira, puso 140.000 ptas da época do seu bolsillo que amortizou na terceira eliminatoria, a final de tempada o clube tiña 20.000 ptas de superavit, sin contar as cuotas dos socios. No apartado deportivo concentraba os xogadores en pensións de Santiago e dormía con eles para vixialos e evitar que saíran de noite para estar frescos nos partidos, e o mesmo día do partido seguía coa concentración, neste caso cunha comida na casa do que el consideraba a súa man dereita “Ricardo de Capeáns”. Contaba no clube con médico, o coñecido “Atomé”, que xa daquela suministraba vitaminas os xogadores, e por si fora pouco primava os xogadores con 100 ptas partido, que se convertían en 500 nas finales. É socio fundador e presidente honorífico do Xallas F.C. é o único membro do clube que ten a insignia de ouro do clube sufragada polos propios xogadores dos anos 60 (Arufe, Amarelle, Ra, Puchini, Riverita, Ventura, Nicanor, Aparicio, Varela, Pahíño, etc), que novamente se xuntaron en novembro de 2002 para rendirlle unha homenaxe despois do multitudinario que tivo lugar nos anos 80. Conta coa insignia de recoñecemento o mérito da Federación Galega de Fútbol e do Coléxio Galego de Árbitros. Durante a súa xestión o Xallas F.C. acadou tres Copas da Costa e dous Subcampeonatos, así como o prestixioso trofeo Manzana de Oro O Paraíso de Muros, de entre outros títulos. O Concello de Santa Comba, na primeria gala do deporte que recoñece a persoeiros locais destados no seu papel de promoción no deporte concedeulle o galardón deportivo no apartado “Toda unha vida”. Faleceu ó 27 de xullo de 2006 cando contaba con 88 anos.

MUSICOS

José Ferrero Castaño.

Sen nacer en Santa Comba, trasladouse o noso pobo para facerse cargo dunha botica e ademais de boticario (descubriu unha medicina contra a sarna, que patentou) acabou sendo xuiz de paz e alcalde. Pero a súa fama venlle pola súa gran afección a música, ensinaba, escoitaba, compoñía e dirixía, así como a animación cultural, na súa botica celebraba xuntanzas coa xente nova, veladas literarias e musicais.Formou un coro, tocaba o piano, cantaba nas misas dos domingos, seleccionaba voces e foi o artífice da fundación da banda de música. Cando as bandas de música viñan a tocar nas festas de Santa Comba, a primeira peza tocábana diante da súa casa e él dirixíaas coa súa batuta. O seu enterro celebrousese con 13 sacerdotes e unha orquestra. Unha rúa da localidade está adicada a súa persoa.

Naceu en León en 1.895 e cando colleu a céntrica botica, que aínda existe no centro da vila fronte o campo da feira, trasladouse a Santa Comba, en donde casaría cunha muller do Cataduiro (Alón), Dolores Nieto Calvo. Foi boticario, xuiz de paz e alcalde de Santa Comba entre 1.938 e 1.940, pero a súa fama venlle pola súa gran afección a música, ensinaba, escoitaba, compoñía e dirixía, así como a animación cultural, na súa botica celebraba xuntanzas coa xente nova, veladas literarias e musicais. No outono de 1.917 púxolle as ilustracións musicais a “El conde Lequi. Drama cadavérico y espeluznante al magnesio” con letra de M. Losa Alvarez que se estreou nun teatro de Santiago de Compostela. A obra “Un día n’a aldea” premiada polo xornal “La Raza” en xuño de 1.917 dirixiuna el mesmo na súa estrea no Teatro Principal de Santiago o 14 de xuño de 1.918. Compuxo “El chotis Coruña” que foi a estrear a cidade herculina na honra do seu alcalde Alfonso Molina. Unha misa a tres voces (triple, tenor e baixo), titulada “Misa coral solemne”, na que aparece “Santa Comba 1.918, arquivo parroquial de Santa Comba, marzo de 1942”. Pero ten multitude de partituras manuscritas, como O corpus na aldea (Maio de 1922), Ralip, Carita de Macarena (pasodobre de 1.945 foi partitura propias para todos os instrumentos dunha banda), Poutpurri 1ª fácil (Maio 1950), Marisa (01/08/1950), Trangallada de las doce (10/09/1950), Guapa (marcha festas das uvas 31/12/1950), Para el carro (15/11/1951), Porque te quiero (arranxo pasodobre 10/05/1952), Amor en cartulina, Diana (25/05/1952), Habanera (arranxo propio 30/05/1952), Baila Farruco (15/06/1952), Pasa el batallón (arranxo 24/06/1952), La orgia dorada (arranxo 20/07/1952), La penúltima y nos vamos (25/08/1952), Una monada (30/08/1952), Como te has desenrrollao. Cando as bandas de música viñan a tocar nas festas de Santa Comba, a primeira peza tocábana diante da súa casa e él dirixíaas coa súa batuta. Formou un coro que acompañaba co seu piano e cantaba nas misas dos domingos, seleccionando as voces nas veladas da botica, e na casa de Turnes Fandiño facía os ensaios. En 1.950 foi o artífice para a fundación da banda de música local e tivo moito que ver na construcción dun palco da música no Campo da Feira (hoxe desaparecido) e na creación da feira do gaiteiro, xunto con Raso e o alcalde Andrés Pereira. O Pleno municipal en sesión extraordinaria do 28 de setembro de 1.956 felicitouno públicamente “por el éxito artístico obtenido en La Coruña en los actos del Día de la Provincia, donde dirigió personalmente a la Banda Municipal de aquélla ciudad en el estreno del chotis Coruña del que es autor, dando renombre y prestigio cultural a este pueblo de Santa Comba”. Como boticario descubriu unha medicina (pomada amarela) contra a sarna, que patentou. Non tivo fillos e despois de botar o resto da súa vida en Santa Comba, finou o 21 de novembro de 1.957, ós 62 anos. O seu enterro celebrouse o día 23 con 13 sacerdotes e unha orquestra. Unha rúa da localidade está adicada a súa persoa.

Antonio Amigo Ramos.

Foi profesor de composición no Conservatorio de Música de Valladolid onde concluiu a carreira de piano. Formou parte como arcodeonista da orquestra Sintonía e tamén tocou na Banda de Santa Comba. Dirixiu a banda de Música de Silleda (Pontevedra), a de Viveiro (Lugo) e da Merza (Pontevedra) coa que grabou un disco e actuou en América. As súas composicións encheron un disco da Banda de Música da Garda Civil. Ten máis dun cento de composicions propias e creou un selo musicial. O Concello adicoulle unha rúa.

Naceu en Grixoa de Cícere o 24 de Agosto de 1.926 e faleceu tráxicamente nun accidente de tráfico o 10 de novembro de 1.985, ós 58 anos de idade. Está soterrado en Corcubiòn de donde é natural a súa dona. Seu pai, seu avó, e o seu irmán tamén foron músicos. Empezou traballando na construcción, como canteiro, e foi a estudiar música o Conservatorio da Coruña donde sempre acadaba sobresaintes en solfeo e harmonía. Despois de facer o servicio militar integrouse como arcodeón na orquestra Sintonía e tamén tocaba na Banda de Santa Comba. Arredor de 1.954 pasa a ser director da banda de Música de Silleda (Pontevedra), e o mesmo cargo desenvolveuno no ano 1.959 en Viveiro (Lugo). Posteriormente trasladouse a Valladolid donde viviu 8 anos sendo profesor no Conservatorio desta capital castelá no curso superior de composición e, con 45 anos concluiu alí a carreira de piano. Xubilouse naquela cidade por enfermidade pero despois trasladouse a residir en Santiago de Compostela donde foi director doutra banda, neste caso na de Merza (Pontevedra). Con esta agrupación viaxou a Venezuela en 1981 e grabou un disco. Tamén nese mesmo ano as súas composicións encheron un disco da “Banda de Música de la Guardia Civil. Primera comandancia móvil”. Como compositor, ademais do seu propio nome utilizou os de “Rícor” e “Orgima”. Ten máis dun cento de composicións propias, entre elas unha Suite creada para a Orquestra Sinfónica de Caracas. Puso a andar un selo de produccións musicais “Producción de Discos Amigo” con obras de “Ediciones Coral”. El Ayuntamiento le dedicó una calle.

Perfecto Pereira Barcia “Pereiriña”.

Estivo tres décadas enriba dos escenarios pasando por famosas orquestas da época como foron a Santa Comba na que debutou como cantante, Los Dinámicos ou Los Panters. Creou a orquestra Los Seikos, xunto co seu veciño Daniel e nos anos 80 xa chegaron a actuar en Santander.

Naceu no lugar de Montouto e debutou como músico os 9 anos nas festas de Bustelo despois de subir sempre os escenarios cando viñan as orquestras a aldea, e sempre cantaba campanera, desde ese intre estivo tres décadas enriba dos escenarios pasando por famosas orquestas da época como foron a Santa Comba na que debutou como cantante, Los Dinámicos ou Los Panters, “cobrando mil pesetas diarias cando non había estradas e os instrumentos levávanse nos carros polas pistas de terra”, alcanzando a máis grande popularidade coa orquestra Los Seikos, que el mesmo creou xunto co seu veciño Daniel, actualmente pianista da orquestra Compostela. Nos Seikos, unha orquestra que cando tiña 7 membros chegou a tocar con seis metales, levaba a dirección, era vocalista e durante os últimos 8 anos alternaba esa función coa de batería. Nunha mesma festa chegou a compartir escenario cunhas das mellores orquestras da época, Los Players, Los Españoles de Lito Candelas, e Trebol, además dunha banda dando pasarrúas, e nos anos 80 xa chegaron a actuar en Santander. Os veciños aínda se acordan dos grandes duelos musicais que os Seikos e Xuntanza, a outra orquestra que había no concello, tiñan no último día das festas de San Pedro.

Xalleiro do ano

CULTURA E POLITICA

Carlos Negreira Souto

Naceu o 16 de xullo de 1.960, e fixoo como moitos outros fillos de xalleiros emigrantes en Río de Janeiro (Brasil), donde Santa Comba conta cunha importante colonia de veciños e descendentes, ata o punto de que ambos municipio están irmandados. O cumplir os 3 anos regresou a Galicia establecendose na Coruña que se convirte na ciudade de destino para él e a súa familia e donde estudiou no vello colexio dos Maristas na rúa Teresa Herrera. Posteriormente licenciouse en Derecho pola Universidade de Santiago.

TRAXECTORIA

  1. Asesor Técnico E Coordinador de Inversions na Consellería de Economía e Facenda.
  2. xefe de Servicio Técnico xurídico da Consellería de Economía e Facenda e posteriormente Letrado-xefe.
  3. Director xeral de Recursos Humans do Servicio Galego de Saúde, o lado de Alberto Núñez Feijoó como Secretario Xeral y de Jose Manuel Romay Beccaría como Conselleiro de Sanidade.
  4. Incorporase a La Voz de Galicia como Director dos Servicios Xurídicos y o ano seguinte asume a responsabilidade da xestión da Dirección de Recursos Humans.
  5. Trasladase a Madrid para traballar como Director Corporativo de Oganización e Recursos Humans de AENA (Aeroportos Españoles e Navegación Aérea).
  6. Incorporase a Sociedad Estatal de Correos e Telégrafos como Director de Estratexia e Desenrrolo. Posteriormente, asume a Dirección de Recursos Humans e a representación de Correos nas organizaciones internacionais Unión Postal Universal e Unión Postal das Américas, España e Portugal. En esta etapa colabora con Alberto Núñez Feijoó na transformación e modernización de Correos.
  7. Regresa a Galicia para asumir a Presidencia de Portos de Galicia e como membro dos Consellos de Administración das Autoridades Portuarias da Coruña e Vigo.
  8. Da ó salto a política municipal y presentase como candidato a Alcaldía da Coruña polo Partido Popular logrando o mellor resultado da historia nas eleccions municipais con diez concelleiros.
  9. Obtien a Presidencia do Partido Popular na Provincia da Coruña
  10. Portavoz do Partido Popular no Concello da Coruña e Diputado Autonómico pola Provincia de A Coruña, cargos que coordina co traballo de seu partido como Presidente Provincial do Partido Popular.
  11. Nas eleccions municipais deste ano é elexido Alcalde da Coruña despois de 28 anos ininterrumpidos de goberno socialista.

Manuel Xaime Barreiro Gil

Economista, senador, parlamentario, conferenciante e colaborador de prensa, chegou a ser presidente do Partido Socialista no Senado durante dúas lexislaturas e representante de España en importantes organizacións europeas como a OTAN, CE ou OCDE.

Naceu no lugar de Freixeiro o 18 de Agosto de 1.951. É Doutorado en Economía pola Universidade de Santiago de Compostela (1983), en cuia Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, presidiu o seu Colexio de Decanos e Directores de Centros, sendo membro do Consello de Goberno. Na mesma Universidade imparte docencia e realiza investigación na área de Historia e Instituciones Económicas desde 1977.

Entre 1982 e 1996 foi Senador electo pola provincia da Coruña, desempeñando o cargo de Presidente do Grupo Parlamentario Socialista do Senado de España durante dúas lexislaturas.

Na súa condición parlamentaria foi membro, en representación de España, da Unión Parlamentaria Internacional (UPI) nas Asambleas Parlamentarios do Consello de Europa (CE), na Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN), a Unión Europea Occidental (UEO) e a Organización para a Cooperación e o desenrrolo Económico (OCDE).

Publicou diversos traballos académicos sobre a Galicia contemporánea e temas europeos. Dicta conferencias e é colaborador habitual de diversos medios de comunicación de Galicia (El Correo Gallego, Correo Televisión, Radio Galega, Televisión de Galicia y El País-Galicia).

Fruto da súa actividade académica, que inclue a súa inserción en diversos grupos de investigación, son abundantes as súas publicacions, unha parte das cales, tratan sobre os problemas básicos do crecimento económico e, entre elos, o papel motriz do sistema de transportes.

Desde 2009 é Director Xerente da Fundación dos Ferrocarris Españois.

Isabel Blanco Picallo.

Naceu o 8 de setembro de 1971, e fixoo como moitos outros fillos de xalleiros emigrantes en Berna (Suiza) aínda que sempre mantivo unha estreita relación co noso municipio, sobre todo na infancia e adolescencia.Es licenciada en Traducción e Interpretación (Inglés-Alemán), delegada de AISGE (Actores e intérpretes sociedad de gestión) y vicepresidenta de la Academia Gallega del Audiovisual.Habla alemán, francés, inglés, italiano, gallego y español.

Su carrera comenzó a mediados de la década de 1990 en la televisión autonómica gallega presentando el programa de la TVG A Repanocha, pero la fama le llegó con el papel de María Aires en la serie Mareas Vivas, de la que fue protagonista con Luis Tosar y de la que rodó más de 150 capítulos entre 1998 y 2003. Más tarde participó en otras producciones para TVG como Rías Baixas o Avenida de América, además de otras de ámbito estatal, como Nada es para siempre (1999-2000) o Manolo & Benito Corporeision, que fueron emitidas por Antena 3.

En cine destacan sus trabajos en ¿A ti como se che di adeus? (1999), cortometraje de Jorge Coira, Autopsia (2002), de Milagros Bará, El lápiz del carpintero (2003), de Antón Reixa, Rosas (2005), cortometraje de Mikel Fuentes, Cicatrices, cortometraje de Jairo Iglesias, Un franco, catorce pesetas (2006), de Carlos Iglesias, “Vida de familia” (2007), de Llorenç Soler e “Ispansi” (2010) de Carlos Iglesias.

Sus últimos proyectos hasta la fecha han sido las películas El vestido (2008), de Paula de Luque y Agallas (rodada en el verano de 2008), de Andrés Luque y Samuel Martín, junto a Carmelo Gómez y Hugo Silva entre otros. En televisión, formó parte en 2007 del reparto de la serie Efectos secundarios para la TVG y en 2008 colaboró en Yo soy Bea y Cuéntame cómo pasó entre otras.

Además, fue vicepresidenta de la Academia Gallega del Audiovisual.

Filmografía

Cine

¿A ti como se che di adeus? (1999), de Jorge Coira. Como Noiva.

Autopsia (2002), de Milagros Bará. Como Amanda.
O lapis do carpinteiro (2003), de Antón Reixa.
Rosas (2005), de Mikel Fuentes.
Un franco, 14 pesetas (2006), de Carlos Iglesias. Como Hannah.
Cicatrices (2006), de Jairo Iglesias. Como Elena.
Vida de familia (2007), de Llorenç Soler. Como Nuria.
Si te vira teu pai (2007), de Héctor Carré.
Ó limia,El rio del olvido (2008) cortometraje. De Jorge Romero. Como Carmiña.
”Ispansi” (2011), de Carlos Iglesias. Como Rosario.
Agallas (2008) de Samuel Martin Mateos & Andrés Luque ¿como?
El Vestido (2008) de Paula Luque (Argentina) ¿como?
Campás ¿año? de Jairo Iglesias ¿como?
Enemicismo ¿año?de Juanchis Lee ¿como?
Aquellos que solo existen ¿año? de Roi Parada ¿como?
Adeus ¿año? de Jorge Coira ¿como?

Televisión

Mareas vivas (1998-2002) en TVG. De TVG Como María Ares (150 cap.)
Nada es para siempre (1999-2000) en Antena 3. Como Irene. (100 cap.)
Rías Baixas (2000) en TVG
Avenida de América (2002) de TVG (80 cap.)
Manolo y Benito Corporeision (2007) en Antena 3. Como Rosi.
Efectos secundarios (2007) en TVG. Como Alicia.
Cuéntame (2008) de Televisión Española. ¿Como?
Yo soy Bea (2008) de Antena 3 ¿Como?
Vida de Familia ¿año? de Llorenç Soler ¿Como?
Autopsia ¿año? de Milagros Bará. Forta ¿Como?
Abogados ¿año? de Tele 5 ¿Como?
Platos combinados ¿año? de TVG ¿Como?
Un mundo de historias ¿año? de TVG ¿Como?
As leis de Celavella ¿año? de TVG ¿Como?

Como presentadora

A Repanocha (1997)
O rei da comedia (2002)
As viaxeiras da lúa (2003)

Premios y Nominaciones

Premio Mestre Mateo a la Mejor interpretación femenina protagonista por Un franco, 14 pesetas.2006.

David Durán Arufe

Naceu en Santa Comba en 1978. Se adentró en los estudios musicales de la mano de Martín Millán. Accedió al Conservatorium Van Amsterdam, donde se licenció y completó el Master Degree. Fue becado por la fundación holandesa Jacques Vonk Fonds para continuar sus estudios en Hungría, en la Liszt Academy con el pianista Jeno Jandó, en Bucarest. Su próximo concierto será este verano en Japón, país que adora.

Daniel del Zapateiro

David Durán (músico)