Foi empresario, Xuíz de Paz, encargado de quintas, funcionario e un dos máis míticos xestores deportivos no fútbol da Costa da Morte ó fronte do Xallas F.C., non solo polos resultados deportivos do club que presidía senón tamén polos métodos de xestión utilizados propios do século XXI, reflexados incluso en diarios de prestixio da época. Como empresario está considerado como o verdadeiro artífice da emigración Xalleira e concellos limitrofes cara a América, especialmente cara Brasil. Xestionou un dos primeiros bancos que se estableceron na localidade, o de Hijos de Olimpio Pérez, e na casa na que na viviu ata a súa morte estableceuse o telégrafo É socio fundador e presidente honorífico do Xallas F.C. e o único membro do clube que ten a insignia de ouro do clube. Conta coa insignia de recoñecemento o mérito da Federación Galega de Fútbol e do Coléxio Galego de Árbitros. O Concello de Santa Comba concedeulle o galardón deportivo no apartado “Toda unha vida” nun recoñecemento a persoeiros locais destados no seu papel de promoción no deporte .