Pilar Rodríguez Blanco

Pilar Rodríguez Blanco Restaurante Casa Aurelio

Restaurante Casa Aurelio
Premio Galicia de Gastronomía e galardon de Ouro de Publi Parla. Un dos seus descentes acadou o título de “Nariz de Oro” como mellor sumiller de Galicia.
Con 78 anos foi galardoada no ano 2002 co Premio Galicia de Gastronomía no apartado de “Toda unha vida”.
Comenzou como costureira nos 40, e o seu marido como ferreiro, despois de probar sorte traballando en Alacante
regresaron a Santa Comba, en donde adquiriu experiencia na desaparecida casa de comidas “Calixto” a que solo ía os días
da feira, ata que decidiu montar unha pequena taberna, “O Ferrador”, que daba comidas a traballadores e labregos, sobre
todo callos os días da feira, carne asada e un dos pratos máis populares da época, lingua de tenreira con tomate, nunha
época na que había que levantarse as cinco da mañan para encender os fogons e ter todo listo. Pouco a pouco foi collendo
fama ata que o seu marido tivo que deixar o seu traballo de ferreiro para atender na barra.
Posteriormente, unha década despois, en 1.958 compraron por 40.000 ptas un solar na corredoira da Torre e montaron
un novo restaurante, xa con baño e cun comedor máis grande, donde aínda hoxe se levanta o afamado restaurante.
Alí un amigo da casa e bo cliente, o médico e caricaturista Antonio Tomé “Atome” doulle unha receita que facía a súa
nai, era a das perdices con verdura que hoxe en día segue a ser unha das especialidades da casa. Este establecemento con
máis de 45 anos de vida foi testigo da unión de moitas parellas de Santa Comba e alrededores, donde aínda hoxe en día se
dí “coma as bodas na de Fachal en ningún sitio”.
Na actualidade a actividade do restaurante recae na súa filla Pilucha e no seu neto Aurelio, e combina a tradición dos
productos frescos e a comida caseira como os callos e o cocido, cos platos de diseño como o bacalao en partera, sardiña
con tomtate ou profiletes recheos de nata con chocolate quente, e sempre as perdices con verdura.
En 1999 o restaurante recibiu o galardou de Ouro de Publi Parla e en 2011 o seu neto Aurelio acadou o título de “Nariz
de Oro” como mellor sumiller de Galicia.