O fenómeno do fútbol-sala comezou na década dos oitenta das mans de Carducho de Capeáns e Manolo Amarelle, entre outros, e xogábase nunha pista deportiva de cemento no colexio Barrié de la Maza, a única que existía daquela, actualmente está cuberta. Era a época de equipos como Telefunken, Deportes Amarelle, Citroën Da Costa, Galo Boys, Butano, Xalco, Deportes Amarelle ou Sala Xallas. A arbitraxe corría a cargo de Manolo Amarelle, Daniel do Rianxeiro, Pepe de Capeans ou Domingos do Lavano,
Hoxe en día estamos afeitos a ver eliminatorias de tenis nunha praza de touros, ciclismo nun campo de fútbol, automobilismo, motocross e mesmo surf nun pavillón de deportes, pero os organizadores do fútbol sala en Santa Comba tamén puideron ser pioneiros niso de realizar actividades deportivas en instalacións impensables, xa que a mediados dos oitenta desenvolveron nunha sala de festas un maratón de 36 horas ininterrompidas de fútbol sala. Foi na Sala de Festas Jema 2000, de Santa Catalina, situada na estrada que leva a Guisande-Esmorode, e no mesmo sitio no que actuaran artistas do talle dos “Payasos de la tele”, Mocedades, Los Chichos, Manolo Escobar ou Lola Flores. Os sillóns de “escai” da época que tiña a sala foron os mesmos que os afeccionados utilizaron para presenciar comodamente os partidos. Nun recinto no que foi preciso redar todo o interior para non estragar a escaiola. Este campionato foi un rotundo éxito de público e participación, con equipos de toda a provincia, aínda que a final foi disputada por dous equipos da zona, Bahía Laxe e Auto Accesorios Cameán de Carballo.
O obxectivo do mesmo era utilizar o tirón do momento co fútbol sala para recadar cartos que permitirán organizar as festas dos Miragres de Santa Catalina. Cos beneficios contratouse a orquestra de moda do momento, Club Naval, o primeiro grupo en utilizar un láser nas súas actuacións, sendo primicia e pioneira na contratación a Comisión de Festas dos Miragres. A contratación non estivo exenta de polémica, xa que todos lembraban a actuación en playback que viña de realizar en Televisión Española.
A finais da década dos 80, as autoridades autonómicas xa estaban desenvolvendo plans para a construción de pavillóns de deportes en tódolos municipios e seguro que o exitoso experimento deportivo na Jema 2000 acelerou os trámites para a construción da primeira instalación deportiva cuberta de Santa Comba. A finais dos 80 o pavillón municipal de deportes de Santa Comba xa estaba en funcionamento.
1981 cortesía | Deportes Amarelle aparece | De pé de esquerda a dereita: José Antonio da Pata, Mestre, Leandro de San Salvador e Rianxeiro. Agachados de esquerda a dereita: Camacho, Pecho e os demais sen identificar
1981 - 1982 cortesía | Deportes Amarelle aparece | De pé, de esquerda a dereita: Manolo Amarelle, Andrés de Castriz, Mestre, Evaristo e Manolo da Autoescola. Agachados, de esquerda a dereita: Framil, Pepe de Negreira, Carducho de Capeáns e Jesús (Banco de desconto)
1979 cortesía | Deportes Amarelle aparece | Mítico equipo de Fútbol Sala Xalleiro que gañaba maratóns por toda a provincia cando comezaba o “boom” deste deporte. A foto corresponde ó II Trofeo Automóbiles Eladio disputado no pavillón dos Salesianos da Coruña, que enfrontou na final a Deportes Amarelle co considerado mellor equipo de fútbol sala naquel momento, Naranjas Ibañez. De pé de esquerda a dereita: Gene, Carducho de Capeáns, Evaristo, Manolo Amarelle e Arturo da Rebela. Agachados de esquerda a dereita: Lito, Carteiro, Juanjo da panadería e Manel de Chucha.
1982 cortesía | Luís da Panadería aparece | Luís da panadería como porteiro do equipo de fútbol sala, Sala Xallas, nas ligas disputadas na pista do colexio
cortesía | Rubio da Carnicería aparece | Campionato de Liga nos Salesianos na Coruña. De pé, de esquerda a dereita: Rubio, Mestre, Manolo Amarelle, Evaristo e Severino Amarelle. Agachados, de esquerda a dereita: Carducho de Capeáns, Carteiro e Framil
1982 cortesía | Luís da Panadería aparece | De pé, de esquerda a dereita: Luís da panadería, Juanjo da panadería e Ricardo de López. Agachados, de esquerda a dereita: Suso Otero, Miguel Pérez e Kokito
1980 aproximadamente cortesía | José Luís da Redonda aparece | Lavano e Pichín.
1981 cortesía | José Luís da Redonda aparece | De pé, de esquerda a dereita: Carducho de Capeáns (o fondo), Serafín, Julio da Redonda, Hilario, Lavano, Jaime de Afriquita, Pepe Landeira e Luís da Ferralla. Agachados, de esquerda a dereita: Carlos da Bandalla, Antonio Lavano, José Luís da Redonda, Kokito do Cacho, Andrés Ferrol das Antes, Miguel Pérez e Benigno da Ferralla.
1991 cortesía | José María Souto Pazos (Chema do Alborada) aparece | De pé, de esquerda a dereita: Armigiro, Pepe Romar, Gabín de Zas, Evaristo, Eliseo de Vilamaior e Javier Romar. Agachados, de esquerda a dereita: Rícar, Moreno, Biri, Chema e José do Castrixeiro.
FÚTBOL SALA Faladoiro
FÚTBOL SALA Faladoiro
FÚTBOL SALA Faladoiro
FÚTBOL SALA Faladoiro
FÚTBOL SALA Faladoiro
FÚTBOL SALA Faladoiro
FÚTBOL SALA Faladoiro
1981 cortesía | Deportes Amarelle aparece | De pé, de esquerda a dereita: Claudio, Muñiz (porteiro), Luís o carpinteiro, Ignacio de San Salvador e Aurelio Durán. Agachados, de esquerda a dereita: Chicho da Costa, (sen identificar), Santiago Pérez e José de Pepita
1982 cortesía | Deportes Amarelle aparece | De pé, de esquerda a dereita: Julio da Redonda, Kokito do Cacho, Juan de Forjados, Miguel Pérez, Antonio Lavano o carteiro e Carlos da Bandalla. Agachados, de esquerda a dereita: Manolo Lavano, Jaime de Afriquita, Domingo do Lavano e Hilario.
1981 cortesía | Deportes Amarelle aparece | De pé, de esquerda a dereita: Suso Quintáns, Juanjo da panadería, Manolo Romar e Ricardo Carracedo. Agachados, de esquerda a dereita: Suso Otero, Manel de Chucha e Rasado.
cortesía | Deportes Amarelle
1982 cortesía | Deportes Amarelle aparece | De pé, de esquerda a dereita: Julio da Redonda, Kokito do Cacho, Juan de Forjados, Miguel Pérez, Antonio Lavano o carteiro e Carlos da Bandalla. Agachados, de esquerda a dereita: Manolo Lavano, Jaime de Afriquita, Domingo do Lavano e Hilario.
36 horas Aspas no pavillón de Santa Isabel en Santaigo 1983 aproximadamente cortesía | Rubio da Carnicería aparece | Final contra Naranjas Ibañez. De pé, de esquerda a dereita: Chilín (Carballo), Ferreiro da Voz (Carballo), Paco Felipe (Carballo), Francisco (Carballo) e Manolo Amarelle. Agachados, de esquerda a dereita: Chicho (Carballo), Casal (Santiago), Carteiro, Santi (Sofán-Carballo), Rubio da Carnicería e Chus (Carballo).
1983 aproximadamente cortesía | Familia Landeira aparece | Partido amigable disputado en Laxe entre Pitusa Laxe e Pitusa Santa Comba. Arriba, de pé: Pepe Durán (de lentes), Luís do Riberillo, tres sen identificar, Pepe Landeira, Julio da Redonda, Antonio da Carnicería, un sen identificar, Antonio do Lavano e o Carteiro. Abaixo, agachados, de esquerda a dereita:catro de Laxe sen identificar, Miguel Pérez, Carteiro, Manolo do Lavano e Juan de Forjados.
1982 aproximadamente cortesía | Familia Landeira aparece | Partido disputado en Laxe por un combinado de dous equipos da Pitusa (Pitusa Laxe e Pitusa Santa Comba). De pé, de esquerda a dereita: Pepe Landeira, Luís do Riberillo, Pepe Durán e outro sen identificar. Os que están agachados están todos sen identificar.
1979 cortesía | Chicho da Costa aparece | De pé, de esquerda a dereita: Aurelio Durán, Claudio, Santiago Pérez, Luís da Carpinteira, Muñiz e Luís da Costa. Agachados ,de esquerda a dereita: Che o Conserxe, Chicho da Costa e José de Pepita.
1986 cortesía | Talleres López aparece | De pé, esquerda a dereita: Pepe Romar, Luís da Panadería, Manolo Romar, Andrés Garrido e Framil. Agachados, de esquerda a dereita: Manolo de López, Ricardo de López e Rasado.
1980 aproximadamente cortesía | Manolo Amarelle aparece | Final de Copa dos Salesianos da Coruña. Deportes Amarelle 1 -Naranjas Ibañez 2. De pé, de esquerda a dereita: Rubio, Carteiro, Manolo Amarelle e Evaristo. Agachados, de esquerda a dereita: os tres primeiros sen identificar (posiblemente de Carballo) e Francisco de Carballo.