Sección: Rúas. Fotografía 06. Camiño de acceso ao Campo do Carreiro.
Información: Fotografía do camiño ao campo do carreiro con acceso desde a rotonda da Santa. Antigamente, como se aprecia, era de terra e morría pouco despois do campo, pero na actualidade está asfaltado e comunica a rotonda da santa coa rúa do Bispo García Pardiñas.
Data da fotografía nova: 28/11/2024
Cedida por cortesía de: Familiares de Pepe da Croca
Sección: Rúas. Fotografía 07. Rúa Miraflores.
Información: Pódese apreciar que a maioría dos coches son Seat 600 ou Seat 850. Tamén se aprecia que diante da casa do Celta (Autos García), xa daquela había autobuses. Tamén se aprecia que xa existía o emblemático xardín.
Data da fotografía antiga: 18/03/1970, algunas fontes afirman que pode ser o día dalgunha Final da Copa da Costa.
Data da fotografía nova: 28/11/2024.
Cedida por cortesía de: Familiares de Pepe da Croca.
Sección: Rúas. Fotografía 31. Campo da Feira.
Información: Fotografía realizada un día que nevou cando estaban instalados os coches eléctricos de Los Hermanos Morla de La Bañeza (León) que pasaban tempadas do inverno en Santa Comba para disfrute dos xovenes durante os anos 80.
Data da fotografía antiga: 1980 aproximadamente
Data da fotografía nova: 28/11/2024.
Cedida por cortesía de: Familia Casa do Celta-Autos García
Sección: Rúas. Fotografía 30. Rúa Miraflores
Información: Fotografía sacada un día que se celebrou unha manifestación con tractorada, de feito ao fondo distínguense os tractores en caravana. A esqueda apréciase o Bar Caracas (na actualidade non existe) e Recambios El Pilar (hoxendía exposición de mobles de cociña Mobelport), así como a parte dun Seat 1.500.
Data da fotografía antiga: 1985 aproximadamente
Data da fotografía nova: 28/11/2024.
Cedida por cortesía de: Familia Casa do Celta-Autos García
Sección: Rúas. Fotografía 10. Avenida Alfonso Molina
Información: Pódese apreciar que xa existían as beirarúas, que a estrada xa estaba asfaltada, que xa se construirá o edifcio do Cine Casemiro, un dos primeiros do concello, que tamén existía o edificio do Cartolas o que indica que xa se derribara a igrexa vella. Tamén se aprecia que na marxe esquerda, unha das casas de Marisa de Arosa e a Droguería Rieiro están prácticamente igual.
Data da fotografía antiga: Entre 1966 e 1970
Data da fotografía nova: 28/11/2024
Cedida por cortesía de: Familia Capeans
Sección: Vida Social. Fotografía 102. Rúa Miraflores
Información: Fotografía da Rúa Miraflores con motivo do pasarrúas de “Los Bomberos Toreros” con motivo da corrida de touros celebrada na praza portátil de Santa Comba durante as Festas de San Cristobal organizadas por Severino Amarelle.
Data da fotografía antiga: 1980 ou 1982
Data da fotografía nova: 02/12/2024.
Cedida por cortesía de: Familia do Celta-Autos García
Sección: Edificios. Fotografía 2. Bar Cine e Cine Mercedes.
Información: Na foto antiga apréciase perfectamente os letreiros do Cine Mercedes, agora ocupado pola Sala Xallas (antes de Sala Xallas foi Pista Jallas) e o Bar Cine que conserva a mesma fachada na actualidade, ainda que, coas fiestras tapiadas. Na primeira planta deste edificio exercía como médico privado D. Julio Bruzos (tamén se aprecia o letreiro), que chegou a ser concelleiro na corporación municipal, da cal dimitiu para incorporarse como médico noutro municipio.
Data da fotografía antiga: 1955
Data da fotografía nova: 28/11/2024
Cedida por cortesía de: Pepe Durán e Matilde Arufe
Sección: Edificios. Foto 4. Casa Cuartel da Garda Civil.
Información: Actual Centro de Cultura que ten o acceso pola parte esquerda, na fachada que da o campo da feira. Aquí apreciase a súa fachada principal orixinal que daba a Avda. Alfonso Molina, nun momento de construcción no que enfrente non existía nin o Bar Cine, nin o Cine Mercedes, nin a Pista Jallas, nin ningunha outra instalación. Incluso é posible que o lado dereito nin siquiera estivera o actual xardín. Apréciase que non ten porta, solo uns tablóns, polo que pode que aínda non se estrenara. Según datos municipais o concello tratou o asunto da súa construcción en 1.905 e en 1910 pero no foi ata o ano 1.916 cando sabemos que Santa Comba xa dispoñía dun cuartel “con aloxamento para 5 individuos casados do corpo armado de organización militar” definido como “el tentáculo del poder ejecutivo central en todos los pueblos de España” con funcións de control civil, co fin de manter a orde nas zonas rurais. Estaba incluído no quinto terzo da provincia da Coruña, terceira compañía de infantería, e chegou a atender os servizos de parte dos concellos de Val do Dubra, Coristanco, Mazaricos e Zas. Pero ese cuartel que consta en Santa Comba non era nesta instalación, senón posiblemente nunha situada na torre. O fondo a esquerda apréciase que xa estaba construída a Casa de Calixto e a de Durán, coa mesma configuración da fachada que ten na actualidade.
Data da fotografía antiga: 05/10/1941.
Data da fotografía nova: 28/11/2024
Cedida por cortesía de: Pepe Durán e Matilde Arufe
Sección: Edificios. Foto 41. Bar da Redonda e Casa do Concello.
Información: En primeiro plano a Casa da Redonda, a dereita a Casa do Concello, e a dereita de todo ao outro lado da estrada o solar donde agora está o edificio de Antonio Fernández “O Cacho”. Respecto o coche, algunhas fontes indican que pode ser o que tiña Avelino de Garrido.
Data da fotografía: Anterior o ano 1967
Data da fotografía nova: 28/11/2024
Cedida por cortesía de: José Luis da Redonda
Sección: Edificios. Foto 81. Hermandad Sindical de Labradores y Ganaderos
Información: A configuración da instalación no amosa grandes cambios en como está na actualidade
Data da fotografía: ¿Finais dos anos 60?.
Data da fotografía nova: 28/11/2024
Cedida por cortesía de: Maruja e Ignacio Pensado