SANTUARIO DE RUBÍN
No Santuario de Rubín (lugar do mesmo nome), capela gótica do século XVI, existe unha fonte onde se baña ós nenos enfermos, polas súas supostas cualidades salutíferas. Despois de bañalos na pía da fonte, abandónanse as súas roupas molladas ó redor dela. Dáse o caso de que moitos nenos son mergullados nas augas case xeadas, e outros levan as augas para as súas casas, constatádose algunhas curacións miragreiras. A imaxe de San Miguel, que se conserva no interior da Capela, chámaselle popularmente “ O demo de Rubín”, supostamente por referirse á chocante figura que pisotea o Arcánxel.