Aínda que licenciado en mediciña e cun amplo curriculum como médico, tanto en Santa Comba como na guerra, Atomé aínda segue moi vivo en moitas casas de Santa Comba, e non pola súa laboura de médico, senón polas súas viñetas e debuxos coas caricaturizou a unha chea de personaxes locais perfectamente recoñecibles e fíxolle retratos a moitos personaxes da vida pública, tanto galega como española. Unha das rúas da vila recibe o seu nome.