Con Carbónicas Landeira creou un pequeno imperio familiar ao abeiro do, por aquel entón, boiante negocio da mina de volframio, que hoxe vai pola cuarta xeración e compite no mercado nacional e luso con outras multinacionais. Toda a bisbarra do Xallas e a Costa da Morte medrou coas gasesosas de Landeira e a marca «A Pitusa». Foi galardoado coa insignia de ouro da Asociación de Empresarios local e o Concello de Santa Comba concedeulle a primeira medalla de ouro ó Xalleiro do Ano que outorga a un veciño. No momento do seu falecemento tiña a honra de ser o máis veterano bataneiro de España, o último dunha estirpe dun oficio xa desaparecido.
Empresario e bataneiro
Con Carbónicas Landeira creou un pequeno imperio familiar ao abeiro do, por aquel entón, boiante negocio da mina de volframio, que hoxe vai pola cuarta xeración e compite no mercado nacional e luso con outras multinacionais.
Toda a bisbarra do Xallas e a Costa da Morte medrou coas gasesosas de Landeira e a marca “A Pitusa”. Foi galardoado coa insignia de ouro da Asociación de Empresarios local e o Concello de Santa Comba concedeulle a primeira
medalla de ouro ó Xalleiro do Ano que outorga a un veciño. No momento do seu falecemento tiña a honra de ser o máis veterano bataneiro de España, o último dunha estirpe dun oficio xa desaparecido.
Naceu o 18 de marzo de 1.917 na aldea de Oa, parroquia de Xavestre (Trazo). Comezou xunto coa súa familia como
bataneiro no actual conxunto de batáns de Neiro, os mellores batáns de las e liño cos que conta Galicia, documentados en
1.750 e que son propiedade da súa familia, no mesmo lugar no que naceu, compaxinando as tarefas de moer millo e trigo
para panadeiros da Mahía e Bergantiños coa produción de luz eléctrica para a zona.
En 1.942 e con 7.000 pesetas, fundou en Val do Dubra a súa primeira empresa: Gasosas Landeira, “para facer algo,
se un non quería emigrar” que se convertiría no baluarte do seu pequeno imperio familiar, con sede en Santa Comba,
que hoxe en día compite no mercado nacional e luso con outras multinacionais. A produción era manual e reducíase á
venda dunha vintena de caixas de 24 unidades diarias, que eran transportadas polo empresario nun carro de cabalos,
percorrendo ata 50 km. Sete anos despois, en 1.949, un golpe de fortuna levouno a Santa Comba, onde a familia
Ordóñez, que explotaba o barracón da mina de volframio de Varilongo, lle arrendou un baixo de 60 m2 onde aumentou
considerablemente a demanda de gasosas, oranges e sifón. Nese intre, a empresa pasou a chamarse Carbónicas
Landeira, nome que conserva na actualidade.
A primeira gran modernización da empresa chegou cos envases retornables. Na década dos 60, a botella familiar dun
litro permitiulle introducirse no mercado provincial na década dos 60, e nos 90 deu o salto nacional, chegando a Madrid,
Cáceres ou Bilbao e tamén se abre paso no mercado luso. Hoxe en día Carbónicas Landeira é unha empresa familiar na
que se dan a man catro xeracións, nunha fábrica de 4.000 m2 e unha produción de 6.000 botellas hora de todo tipo de
bebidas refrescantes, así como a comercialización e distribución de diversas marcas de viños e da cervexa Estrella Galicia
para toda a bisbarra do Xallas e practicamente toda a Costa dá Morte.
Antonio Landeira Landeira estivo traballando día a día na súa fábrica ata ou seu falecemento o 24 de xullo de 2004 cando
contaba con 87 anos, e meses antes foi galardoado coa insignia de ouro dá Asociación de Empresarios local e o Concello
de Santa Comba concedeulle a primeira medalla de ouro ó Xalleiro do Ano que outorga a un veciño.
No momento do seu falecemento tiña a honra de ser o máis veterano bataneiro de España, o último dunha estirpe dun
oficio xa desaparecido.