Antonio Amigo Ramos

Foi profesor de composición no Conservatorio de Música de Valladolid onde concluiu a carreira de piano. Formou parte como arcodeonista da orquestra Sintonía e tamén tocou na Banda de Santa Comba. Dirixiu a banda de Música de Silleda (Pontevedra), a de Viveiro (Lugo) e da Merza (Pontevedra) coa que grabou un disco e actuou en América. As súas composicións encheron un disco da Banda de Música da Garda Civil. Ten máis dun cento de composicions propias e creou un selo musicial. O Concello adicoulle unha rúa.