Igrexa vella de Santa Comba

IGREXA DE SANTA COMBA

HISTORIA DUN DERRUBAMENTO

“Queirades ou non queirades, guste ou non guste a igrexa vaise tirar”

Cando aínda non se cumprira un ano da súa estancia como párroco no noso municipio, descoñecía ós veciños e non tiña ningún contacto coa xente, o por aquel entón, novo párroco, D. Joaquín, xa tiña derrubado un emblema veciñal, como era a igrexa, a cal debería formar parte do patrimonio artístico e cultural do municipio.

O derrubamento da igrexa quedará así dentro dunha polémica que pervivirá para sempre na historia deste pobo, entre os que cren que detras dese feito houbo un interese económico por parte do párroco, e que se podía construir unha nova igrexia mantendo a vella, e os que cren, o contrario.

As discrepancias veciñais tamén xurden no que repecta o apoio das institucións. Uns falan da pasividade e do pasotismo que amosaron os poderes sociais do momento, como o alcalde, o médico, o veterinario, algúns empresarios podentes e incluso a Garda Civil que cren que deixaron  sos ós veciños e non se implicaron para manter a igrexa vella.  Pero por outra parte,  outros veciños indican que esa pasividade non era tal, senón o beneplácito a opción plantexada polo párroco.

Acabábouse así, dun plumazo, coa igrexa dunha parroquia coma a de San Pedro de Santa Comba. Neste contexto, hai que destacar a figura de Alonso de Fonseca III, un dos persoeiros máis relevantes da Galicia do século XVI, Arcebispo de Santiago de Compostela e de Toledo, fundador da Universidade de Santiago, e aínda, hoxe en día, moi presente na capital de Galicia, conta, entre os seus méritos, o ter sido “nomeado cura de San Pedro de Santa Comba, en tierra de Jallas”. É así, con orgullo, como el mesmo nos lembra no seu testamento outorgado en Salamanca o 17 de febreiro de 1.534.

Según diversas testemuñas recabadas entre os máis vellos de Santa Comba, a historia do derrubamento da igrexa pódese resumir da seguinte forma:

Tres anos despois da morte do cura-párroco, D. José Cabeza do Campo, chega a Santa Comba un novo sacerdote: D. Joaquín Torres Valiñas, que xa desde o inicio foi partidario de construir un novo templo e se fora necesario, derrubar o antigo, segundo el dicía, porque quedaba pequeno para cubrir as necesidades do pobo.

Por unha parte, diversos veciños manifestan que desde un principio D. Joaquín plantexou a posibilidade de construir un novo templo que cubrise as necesidades dunha Santa Comba en expansión, tratando de manter a igrexa vella. Esta última opción descartouse a medida que se viu que os posibles ingresos e donacións non iban a ser suficientes para acometer o proxecto dun novo templo mantendo o vello, que necesitaba unha profunda restauración.

Por outra parte, outros veciños manifestan que desde un primeiro momento había detrás destas manobras un interese económico, e consideraban que se podía construír unha nova igrexa sen derrubar a vella. Por iso, creouse un movemento de presión, segundo din, encabezado por Teresa de Basilio, Esclavitud de Capeáns, María de Blanco, así como a familia Rieiro e Che de Turnes. Dito movemento contou co apoio de moitas das mulleres do pobo, que naquel entón residían arredor do campo da feira (rúas Alfonso Molina, Ferradura e Miraflores). Este grupo de mulleres conseguíu reunirse con D. Joaquín para plantexarlle o feito de que aínda que se fixera unha igrexa nova, podíase manter en pé a vella. A resposta, din que textual, foi: “queirades ou non queirades, guste ou non guste a igrexa vaise tirar”. A decisión firme do párroco afectaba tamén ós sentimentos das familias, porque non só era a igrexa, senón que esa decisión implicaba tamén trasladar o cemiterio, e polo tanto,  “levantar ós mortos”.

Con esta texitura dun pobo dividido, os trámites aceleráronse. A  igrexa derrubouse, e os terreos poxáronse. Tódalas fontes coinciden en sinalar en que a poxa levouse a cabo no local de Eliseo, na rúa Miraflores (onde agora está o edificio de Mariño, ó lado da casa do Fogueteiro). Na poxa, segundo indican moitos,  obtiveronse uns ingresos, polo lote total en que se dividiu a parcela, sobre un millón e medio de pesetas (9.000 euros) da época. Un dato curioso é que só pola esquina entre Alfonso Molina e a rúa do Pozo, onde está o coñecido como edificio do Cartolas, pagáronse 700.000 ptas. (arredor de 4.200 euros).

Unhas fontes consultadas indican que D. Joaquín argumentaba que os ingresos que se acadaron pola venda dos terreos da igrexa vella irían destinados a adquisición dos terreos,  tanto para a construcción da igrexia nova, como para a ampliación do cemiterio, así como os materiales para a propia construcción do novo templo por parte de xente que traballou desinteresadamente.

Por outra parte, outras fontes consultadas contradín esta versión. Efectivamente, indican que unha parte sí foi destinada a construír a igrexa nova, pero que un millón e medio de pesetas era un ingreso desproporcionado para a época e estiman que tiveron que sobrar moitísimos cartos, porque según din contouse con outros ingresos paralelos en forma de importantes donativos de veciños da vila, tanto en efectivo como en material. Exemplo disto son os bancos de madeira, utilizados aínda hoxe en día, que tiveron un custo de 1.500 pesetas (9 euros) cada unidade.

Tampouco hai que esquencer que moitos veciños traballaron nela de balde, ás ordes do albanel Celestino, pai de Calixto de Florita, que era o que levaba o peso da súa construción, e moitos cederon diversa maquinaria para as obras.

Durante un período de tempo, cando se derrubou a igrexa vella, e mentres se construía a nova, Santa Comba quedou sen igrexa. As misas oficiabanse na capela de Santa Catalina, daquela moi a desmán. Por iso, o párroco sufragou o custo dun transporte dominical para que todos os fregueses puidesen asistir ós oficios. Durante ese tempo tamén se trasladou o cemiterio; as sepulturas colocáronse no chan, salvo o panteón vertical da familia Capeáns. Tódalas fontes consultadas coinciden en que moitos dos restos foron depositados nunha foxa común. Veciños da vila comentan tamén que algúns restos dos defuntos non foron trasladados, e que durante algún tempo, había restos que estaban á vista, e que mesmo durante as obras de urbanización dos arredores apareceron restos na superficie.

En referencia ó traslado, a D. Joaquín quedoulle un último escollo: a oposición de Ricardo de Capeáns ó traslado do seu panteón ó novo cemiterio, que xa desde anos atrás tiña sepulturas. Finalmente Ricardo accedeu o traslado porque ó cura deulle de balde os terreos no novo cemiterio.

A parroquia de Santa Comba quedou, deste xeito, sen un patrimonio histórico co que contan todas as parroquias do municipio. A veciñaza está dividida, aínda hoxendía, entre os que creen que realmente a opción plantexada por D. Joaquín era a única posible dentro das circunstancias; e entre os que cren que, en maior ou menor medida, o económico era o principal motivo do derrubamento, sen poder precisar, si “palacio” era coñecedor, e en que medida, de todo o que estaba a acontecer na parroquia de Santa Comba.

No que repecta o apoio das institucións volven a xurdir diferencias entre as fontes consultadas. Uns falan da pasividade e do pasotismo que amosaron os poderes sociais do momento, como o alcalde, o médico, o veterinario, algúns empresarios podentes e incluso a Garda Civil. Estas fontes consultadas cren que deixaron  sos ós veciños e non se implicaron. “Parándolle os pes ó cura e facendo piña coas mulleres que se enfrontaron ó párroco, a igrexa seguiría en pé hoxe en día”, argumentan algúns. Pero por outra parte,  outros veciños indican que esa pasividade non era tal, senón o beneplácito a opción plantexada polo párroco.

Como curiosidade reseñar que todos os terreos do solar poxados no seu día están edificados na actualidade, salvo os que pertencían ó cemiterio. Non se sabe si é porque os propietarios non están interesados ou por temor a certas crenzas populares… Alguén se atreverá a construír algún día enriba do que foi o cemiterio, e no que din, que aínda hai restos humanos?.

Algunhas fontes tamén indican que D. Joaquín estaba ameazado de morte, polo que se rumoreaba que andaba cunha pistola, aínda que non se puido constatar o que hai de certo ou de lenda detrás deste feito. Aínda que probablemente sexa un comentario xurdido despois de que fora apedreado por uns descoñecidos, dos que se sabe que eran mulleres.

Por manifestacións de diversos veciños, e como se pode comprobar na recuperación de diversas fotografías antigas, a igrexa era de estilo románico, totalmente de pedra, construida sobre planta de cruz grega. Tiña un peche perimetral tamén de pedra, e no seu lateral cara a Avda. Alfonso Molina dispoñía dun pallal ou alpendre para trebellos e usos varios.

Pola documentación que se puido recuperar nalgún domicilio particular, a igrexa foi obxecto dunha “inauguración e bendición solemne totalmente restaurada” o 13 de marzo de 1.949. Crese que a citada restauración foi a que afectou ás paredes exteriores do templo; a pedra de ditas paredes foi tapada, a excepción da fachada; derrubouse o alpendre e substituíuse o peche exterior por un novo.

O DESTINO DO QUE HABÍA DENTRO DA IGREXA

Sobre o destino do que se atopaba dentro, e no entorno da igrexa, hai moitas versións. Algunhas testemuñas manifestan que don Joaquín puido obter beneficios económicos da venda de reliquias pertencentes á igrexa antiga.

Pola nosa parte puidemos documentar unha estela funeraria que se atopou nas labouras do derrubamento e que actualmente se conserva no Museo Arqueolóxico de Pontevedra, así como unha pedra con inscrición que se atopa na Casa Reitoral e un escudo de pedra que se atopa no salón parroquial. Tamén na igrexia parroquial se conservan varios santos e as capelas que os contiñan, ainda que non todos expostos debido o seu estado de conservación. Un dos sagrarios destrozado durante un roubo na antiga igrexa foi restaurado coa aportación dunha veciña e D. Joaquín cedeuno a Capela dos Miragres de Santa Catalina, donde aínda se conserva.

A IGREXA MELLOR EQUIPADA DE TODAS EN 1.548

Trala visita pastoral de 1.548, a igrexa de Santa Comba era a mellor equipada de todas. Entre os seus obxectos contaba con “una custodia de plata, almenada, con sus castillicos grandes y ocho pequeños, crucifixo y luneta de plata….con un escudo dorado con las armas de Fonseca, que dicen que la dio el Arzobispo de Santiago, Fonseca, que pesará más o menos dos onzas”.

UN DOS ORGULLOS DE FONSECA

Non debeu ser pequena a importancia da parroquia de San Pedro de Santa Comba e da súa igrexa na segunda metade do século XV, cando Alonso de Fonseca III, Arcebispo de Santiago de Compostela e de Toledo, fundador da Universidade de Santiago e un dos persoeiros máis relevantes da Galicia do século XVI, contaba entre os seus méritos o ter sido “nomeado cura de San Pedro de Santa Comba, en tierra de Jallas” como el mesmo lembra con orgullo no seu testamento outorgado en Salamanca o 17 de febreiro de 1.534.

Os documentos da época rezan: “San Pedro de Jallas. Y ten mandamos a la iglesia parrochial de San Pedro de Santa Comba de Jallas, que es en el dicho arçobispado de Santiago, un hornamento de terciopelo verde y que aya capa, casulla, alva, manípulos e estola e frontal con sus cenefas e ragaçiles todo cumplido e bien fecho y asimismo mandamos que se haga para esta dicha iglesia una custodia de plata para el Santísimo Sacramento de peso de quatro marcos, lo cual ansymismo le mandamos por le hacer gracia e limosna e por los frutos que gozamos y tendo cura de ella”

CRONOLOXÍA DUN DERRRUBAMENTO

A igrexa derrubouse en 1.962 e para poder precisar as datas de todo o proceso do derrubamento da mesma e tirando de testemuños e fotografias puidose saber dunha forma bastante precisa, ó seguinte:

En Novembro de 1.957 o Sr. Cabeza do Campo, que levaba como cura de Santa Comba desde 1.940, aínda oficiaba normalmente.

Pouco despois en 1.958 durante unha representación relixiosa levada a cabo na igrexia vella por parte de Marisa de Capeans, Paz de Raso, Pepe de Capeáns e Luisita de José Ramón, o cura Sr. Cabeza do Campo estaba agonizando no seu leito de morte, non podendo asistir a representación, polo que pediu que se instalara un equipo de megafonía para poder escoitar os actos desde a cama. Ó rematar a representación o párroco foi visitado polos actores da representación. Ó pouco tempo faleceu de leucemia. Parece ser que faleceu no mes de marzo e foi soterrado o día de San Xosé. Algunhas testemuñas comentan que durante os últimos meses da súa vida e durante a súa convalecencia exerceron en Santa Comba  dous curas: D. Manuel Torreira de Paramos e D. Plácido de Mazaricos.

Durante aproximadamente un ano fixose cargo da parroquia D. José de Estévez, que era cura de Cícere. A principios de 1.959 chegou un novo cura, D. Agustín Romero Lojo, que exerceu preto de tres anos. Mesmo está confirmado que D. Agustin viviu os dous primeiros anos de fonda, na de Capeáns; logo foi vivir coa súa nai, Dna. María, á casa parroquial que estaba destinada para ó cura. En novembro de 1961 chega a Santa Comba don Joaquín, aínda que algunhas fontes din que chegou un pouquiño antes, sobre a primavera (unha das bodas de 1.961 foi a de Chucha e Ramón, e fixérono aínda na igrexa antiga. Aínda que non oficiou nese casamento consta que D. Joaquín xa era párroco de Santa Comba).

É importante a confirmación destos feitos, porque na placa colocada con motivo da reforma da igrexa parroquial de Santa Comba, así como na lápida da tumba de D. Joaquín, indícase que éste foi cura de Santa Comba desde 1.959, algo que non é certo, ou polo menos, sí figuraba oficialmente como cura de Santa Comba, na práctica aínda non chegara a exercer, como así confirman e coinciden tódalas testemuñas.

En 1.963 xa estaban postos os cimentos da igrexa nova, do que se deduce que a primeira idea e xestión de D. Joaquín ó chegar a Santa Comba era a construcción, o antes posible, como así foi, dun novo templo máis grande que se adecuase as necesidades dun pobo que vívia un repunte demográfico.

O 20 de marzo de 1.966 o edificio Cartolas xa estaba a medio construír coa estrutura xa feita no sitio que ocupaba a igrexa vella.

En 1.966 o cardeal Fernando Quiroga Palacios inaugura a nova igrexa.

En 1.967 A D. Joaquín asignanlle un coadxutor, D. Magín, que exercería ata 1.969. Aínda que D. Magín non esta vinculado á polémica da igrexa vella, sí que ó está á historia de Santa Comba; el e máis o seu burro, “o burro de D. Magín”, que quedará para sempre como unha curiosa anécdota na historia local, pero esa é outra historia que se comenta noutro apartado.

Para a historia temos que deixar o derrubamento da igrexa vella dentro dunha polémica que pervivirá para sempre na historia deste pobo entre os que cren que detras dese feito houbo un interese económico por parte do párroco, e que se podía construir unha nova igrexia mantendo a vella, e os que cren, o contrario.

De tódolos xeitos, é convinte sinalar que, durante moito tempo, ata a década dos 90, nos tablóns de protección das escaleiras de acceso a tribuna interior da nova igrexa, estivo exposta a relación de aportacións veciñais o novo templo, e según manifestan varias persoas que estiveron na primeira reforma seria da igrexa entrado o século XXI, D. Joaquín donou 13 millóns de ptas (algo máis de 78.000 euros) para dita reforma e sufragou a adquisición dun novo sagrario de cuarzo, referencia dos novos diseños de escultura relixiosa, valorado, según indican, en 18.000 euros.