Traballou en Palestina, na Misión de Terra Santa, a “perla das misións” no dicir dos seguidores do santo de Asís, foi superior no Santo Sepulcro (1.981-1.983), en Betania (1.983-1.990) e en Caná de Galilea. Estivo destinado na Procura Xeral de Terra Santa, foi membro do comité da parroquia latina de Xerusalén. O goberno español, concedeulle a “Encomienda de Isabel la Católica”. Finou en Xerusalem eeestá soterrado no Monte Sión en Palestina.
frei-basilio-del-rio
Frei Basilio Río Brenlla “El padre Basilio”. Traballou en Palestina, na Misión de Terra Santa, a “perla das misións” no dicir dos seguidores do santo de Asís, foi superior no Santo Sepulcro (1.981-1.983), en Betania (1.983-1.990) e en Caná de Galilea. Estivo destinado na Procura Xeral de Terra Santa, foi membro do comité da parroquia latina de Xerusalén. O goberno español, concedeulle a “Encomienda de Isabel la Católica”. Finou en Xerusalem eeestá soterrado no Monte Sión en Palestina. Naceu o 5 de outubro de 1.913 en San Salvador de Padreiro e finou en Xerusalén, donde foi soterrado segundo a súa vontade o 17 de outubro de 1.994. Entre 1.927 e 1.930 cursou os estudios humanísticos no seminario franciscano de Herbón (Padrón) e vestiu o hábito da orde de San Francisco o 30 de xullo de 1.930. Despois de estudiar teoloxía en Santiago de Compostela, ordenouse sacerdote o 6 de xuño de 1.941. Durante nove anos desempeñou o oficio de organista e adicouse a ensinanza desta materia. Simultaneou este labor co de administrador dos centros franciscanos de Ponteareas e Herbón así como o traballo apostólico coa xuventude Antoniana da vila de Ponteareas. O 6 de novembro de 1.950 incorpórase á Misión de Terra Santa, a “perla das misións” no dicir dos seguidores do santo de Asís. Alí primeiro durante oito meses presta servicio no Santo Sepulcro, e logo é destinado á Procura Xeral de Terra Santa, no convento de San Salvador, onde permanecerá por espaco de 30 anos, acadando o grao de procurador xeral (1.968-1.981), sendo o derradeiro dos procuradores xerais en Terra Santa. Polos seus longos anos de servicio como procurador xeral, o goberno español, daquela da UCD, concedeulle a “Encomienda de Isabel la Católica”. O mesmo tempo entre 1.951 e 1.962 foi corista custodial e sempre traballou en Palestina nas obras de beneficiencia, nomeadamente como membro do comité da parroquia latina de Xerusalén. Rematado o seu período como procurador en Terra Santa foi superior no Santo Sepulcro (1.981-1.983), en Betania (1.983-1.990) e en Caná de Galilea (1.990-1.993). Con 80 anos en xaneiro 1.994, cando xa estaba enfermo veu a Santiago e visitou a súa familia, que lle propuso quedar aquí, pero el quiso volver, sempre decía que quería ser enterrado no Monte Sión en Palestina, como así foi, no outono desde mesmo ano 94. O seu biógrafo P. José Rodríguez di del: “le recordaremos siempre a la puerta de estos santuarios acogiendo con gesto sereno y gozoso a todo el que llegaba como peregrino o como simple turista. Su sonrisa cautivaba a unos y otros. Le recordaremos caminando por las calles de Jerusalén con paso ligero para socorrer necesidades. Le recordaremos paseando por los pasillos de la enfermería con la voluntad de recuperar las fuerzas que le permitiesen volver a su trabajo con los peregrinos. Le recordaremos como un hombre manso y humilde, risueño y jovial. Le recordaremos, sobre todo como un fraile que amó profundamente su vocación de Hermano Menor y que amó con pasión a Tierra Santa. Por ella sufrió con ella gozó y en ella sirvió fielmente al Señor”