25 ANOS CRECENDO ATA ACADAR O TEITO DA 3ª DIVISIÓN
Como rezaba a letra do seu himno coa música da Compostela e a voz de Miguel Torres: “nacido en el año 80…”. Ahí comezou a historia dun novo clube de Santa Comba, tras 2 décadas no que o fútbol federado na Terra do Xallas tiña só o nome do Xallas. Ben coma unha escisión deste clube, ou ben como fogar para o incipiente número de fubolistas que ía xerando o deporte escolar nesta terra, o Atlético Mineiro nacía para pervivir ata celebrar as súas bodas de prata cun histórico ascenso á 3º división, a élite do fútbol afeccionado galego.
O Mineiro que nacía a comezos da década dos 80, pouco tiña que ver co das dúas décadas seguintes. Os xogadores eran case todos locais, fundamentalmente do entorno das parro quias máis relacionadas coa Mina de Varilongo. Santa Sabiña, San Salvador e Arantón foron as cunas de moitos dos primeiros xogadores do clube. E a mina tamén está relacionada, por su posto, co seu nome. E non, como algún “iluminado” xornalistaindicaba cando o equipo estaba xa en Preferente, aducindo a unha posible orixe do nome, emulando ó equipo brasileiro do Atlético Mineiro de Minas Gerais.
O Mineiro acolleu nos seus primeiros anos a xogadores queían saíndo da prolífica canteira do Xallas, que non seincorporaban ó primeiro equipo, e tamén con outros que encontraron un clube para divertirse e competir na liga da Costa. Tamén xente de Mazaricos ou Zas aproveitaron as súas amistades ou familia en Santa Comba para atopar equipo. Os primeiros derbis co Xallas enchían o Carreiro con moitos afeccionados, rivalidade, e moitas veces, bo fútbol.
O equipo morado, cores que conservou boa parte da súa historia, comezou competindo na Liga da Costa, cando aínda había un único grupo. Mediados os 80, a proliferación de equipos na zona e as reestructuracións federativas crearon a 2ª e a 3ª Rexional, e o Mineiro foi moitas veces un equipo ascensor, alternando presencias en ambas categorías. Neses anos, era un equipo de subsistencia, con humildade pero con xogadores de calidade. Eso sí as directivas, con xente comonEliseo de San Salvador, Fariña, Moncho do Jallas, Luís da Ferralla ou Benigno Castro facían auténticos esforzos para competir cada ano.
Pouco a pouco, e xa comezados os 90, o equipo comezou a ter máis ambición, quizais motivada pola chegada de xóvenes futbolistas, que foran campións xuvenís co Xallas, coma Mouro, Emilio, Santi da Bouza ou Rubio de Guisande e outros que incluso pasaran pola emigración. O equipo mellora, e a partir da temporada 92/ 93, incluso o número de directivos se incrementa.
Con máis directivos que apoien a Benigno Castro, empresarios moitos deles, como os que aportou a familia Facal, organizacióndo clube é maior, e os resultados emezan a chegar.
Na temporada 96/ 97 o Mineiro consigue o seu primeiro título coa Liga de 3ª Rexional e o ascenso definitivo cara categorías superiores. Na temporada seguinte chegou a primeira gran alegría do clube, a 1ª Copa da Costa. Tras unha polémica final, o Mineiro superaba ó Fisterra no Fontenla diante de máis de 1.500 espectadores, nun partido decisivo que non chegou a rematartras unha tángana a falta de 10 minutos para o final e con 2-0 para os locais nunha soleada tarde de Xuño do 98. Non poideron recoller a Copa (fixérono meses despois, cando a FGF resolviuo resultado definitivo), pero xa eran un equipo campión. Cunha base de xogadores locais, e a aportación do entorno santiagués, coñecidos polo adestrador da época, Arnejo, o equipo non parou con ese título.
Na temporada seguinte, con Juan Carlos Rodríguez como adestrador, o Mineiro gaña o título de 2ª Rexional e ascende a 1ª, nun final dos anos 90 onde destaca a creación de categorías de base desde infantís ata xuvenís. O comezo do século XXI tráenos a un equipo en 1ª Rexional, aínda que o ascenso meteórico vése lixeiramente freado ata achegada de Jesús Baleato ó banquillo. Co prestixioso técnico dubrés, o clube da un salto de calidade grande, afianzado coa chegada de xogadores coma Doro, que traían experiencia en categorías superiores.
Con Baleato no banquillo chega o ascenso Preferente, e a 2ª Copa da Costa, na temporada 03/04, nunha final sufrida co Baio, resolta en campo alleo; e, esta vez sí, recollendo o emblemático trofeo no campo o día da final.
Ó ano seguinte, tras un intenso duelo na Liga de Preferente con Lemos e As Pontes, a victoria no último partido fronte ós ponteses nun Fontenla ateigado, levou ó Atlético Mineiro á categoría nacional, á 3ª división. En menos dunha década, o equipo ascendeu de 3ª Rexional a 3ª división, un fito poucas veces visto no fútbol galego.
N
o verán de 2005, o Atlético Mineiro fusionouse co Santa Comba CF, equipo de fútbol base creado en 2002, no que se uniron tódolos equipos de categorías inferiores de Santa Comba, exa con José Gerpe coma presidente, adoptou o nome e comezou a súa historia na 3ª galega.
AS COPAS DA COSTA
Tras ter conquerido o seu primeiro título coa Liga de 3ª Rexional na tempada 96/97, o Atlético Mineiro gañou a súa 1ª Copa da Costa o 8 de Xuño de 1998. Curiosamente, non a puido levantar ese día, e tivo que ser, meses despois, porque a Federación tardou bastante tempo en determinar o resultado final do partido de volta celebrado en Fontenla, porque éste non puido acabar por unha tángana propiciada polos xogadores do rival, o Fisterra.
O histórico equipo da fin do Mundo foi o rival desa final. No partido de ida celebrado no Arasolis fisterrán, o resultado foi 3-3, pese a que o Mineiro chegou a gañar por 1-3, nun encontro tamén con expulsados.
Na volta, cun Fontenla volcado con máis de 1.500 xalleiros nas bancadas, o equipo de Santa Comba gañaba por 2-0 no minuto 80 cun Miguel estelar, cando o colexiado do encontro decidiu suspendelo polos incidentes propiciados por xogadores e afeccionados fisterráns. Eses 10 minutos nunca máis se celebraron.
Houbo festa no céspede…pero sin Copa, ainda que Julio Meana, presidente da Federación Galega a tiña preparada. Non se entregou, e foi meses despois, nunha fría tarde de outono, cando un representante federativo lla entregaba ó capitán Emilio.
A segunda Copa da Costa que gañou o Atlético Mineiro foina tempada 2003- 2004, cando o equipo xa adestrado por Baleato e estaba en Preferente.
Neste caso o rival foi outro histórico do fútbol costeiro, o CD Baio o rival da finalísima. No partido de ida celebrado en Fontenla, un gol de Jorge Martínez no tempo de desconto do 2º tempo,doulle unha mínima ventaxa ó Mineiro, o postre definitivo.Na volta, nunha tarde chuviosa de Xuño no Platas Reinoso de Baio, un gol de penalti de Jorge Varela mediado o 2º tempoachegaba a Copa a Santa Comba. O arreón final do Baio, non foi suficiente para remontar e gañar a Copa. Esta vez Julio Meana, non estaba presente (estaba na Eurocopa de Portugal), pero os xogadores do Mineiro sí poideron recoller o trofeo e celebrar aCopa no mesmo campo.
21 de xuño de 2004 cortesía | Orlando Alvite aparece | Nunha das fotos deste páxina pode verse o momento da recollida do trofeo por parte de Doro, en presecia do Alcalde de Zas Ernesto Rieiro e do Presidente do Mineiro Benigno Castro. Na foto inferior dereita, o homenaxe que se fixo na previa do encontro ó ex-presidente do Baio Julio Díaz Rellán, coa presenza da súa dona e do seu fillo Diego, que xogou anos despois no Santa Comba C.F.
30 de maio de 2005 cortesía | Orlando Alvite aparece | Como curiosidade, o resultado que aparece neste xornal é erróneo. Foi 4-2, ó final do encontro.
8 de xuño de 1998 cortesía | Fotos Teca aparece | Ritual de “manteo” ó adestrador desta casa, Juan Arnejo. Á esquerda, Orlando Alvite. Participan no manteo: Gómez, Fantiño, Emilio e Leví entre outros. O neno é Bruno da Floristería.
30 de maio de 2005 cortesía | Orlando Alvite aparece | Como curiosidade, o resultado que aparece neste xornal é erróneo. Foi 4-2, ó final do encontro
8 de xuño de 1998 cortesía | Fotos Teca aparece | Pese a non poder recoller a Copa, os xogadores festexaron o título por todo o alto. Nesta foto vense a Miguel (á equerda en 1º termo), Leví e Javier Facal (cos brazos levantados); detrás deles distínguese a Sergio da Óptica, Estévez e Gómez. Detrás, á esquerda, abrazados: Carlos de San Rafael, Ces e un sen identificar e no centro, Orlando Alvite
Copa da costa 1988, festexo no campo, celebración cos afeccionados
8 de xuño de 1998 cortesía | Fotos Teca aparece | Entre os afeccionados distínguese, de esquerda a dereita, entre outros a: María do Lavadoiro e a súa filla Inés, Rosa con Mouro, Susana da Ponte, Carmen da Panadería (nai de Emilio), M.ª Carmen de Espasandín, Sofía de Chicho da Costa e Esther (dona de Luís Facal, con gorra); abaixo, Che Facal e a súa dona Marina, Elena (dona do adestrador Arnejo) e Jose Facal. Entre os nenos, podemos identificar a David Pose (co bombo), Marcos Facal (de lado co bombo da Peña), Pince, David Espasandín e Bruno da Floristería (detrés da bufanda do Mineiro); cerca de Gómez o porteiro, Emilio José Facal, detrás del, posiblemente sexa Víctor Espasandín; Iván Facal, con gorra; un dos Picotos coa bufanda levantada, ó igual que Luís Facal fillo e Julio do Meia detrás del.
8 de xuño de 1998 cortesía | Fotos Teca aparece | Recolle o trofeo o capitán Emilio de mans dun representante da Federación (de gabardina branca). Detrás, de esquerda á dereita: Gómez, Mouro, Orlando Alvite, David, Sergio da Óptica, Luís de Amarelle, Beiroa, Leví, Carlos de San Rafael, Recarey, Miguel Morón e Ces.
8 de xuño de 1998 cortesía | Fotos Teca aparece | Encabezan as 2 formacións os capitáns dos equipos. Polo Mineiro, de morado, en 1º termo Emilio, e ó lado, polo Fisterra, César do Cabo. Na imaxe pode apreciarse a gran presencia de afeccionados nas bancada e ó redor do campo.
Recorte de prensa El Correo Gallego 31-05-2003 Ascenso a preferente
2000 aproximadamente cortesía | Fotos Teca aparece | A escena corresponde a unha das visitas dos xogadores do Deportivo da Coruña Mauro Silva e Donato a Santa Comba, con motivo da Carreira da Antorcha contra a Droga. Entre Mauro (1º) e Donato (3º), están Benigno Castro, Presidente do Atlético Mineiro e Manolo Gómez Vilar, Presidente do Castriz naquela época.
13 de xuño de 2004 cortesía | José Gerpe aparece | De esquerda á dereita, arriba: Orlando Alvite, Alberto (masaxista), Gonzalo, Gonzalo Iglesias, Mella, Jorge Martínez, Nico, Román, Jorge Varela, Ces, Roberto e Vicente. Agachados: David Sierra, Emilio Hermo, Iván Cancela, Raúl Periscal, jorge Baleato, Doro, Dapena, Couso, Marcos Aires e Angeliño.
20 de xuño de 2004 cortesía | José Gerpe aparece | De esquerda á dereita, arriba: José Gerpe (xerente do clube), Raúl Periscal, Marcos Aires, Che Facal (vicepresidente), Román, Chus Baleato, Orlando Alvite, Alberto (masaxista), Mella, Jorge Varela, Ces e Gonzalo. No medio: Roberto, Gonzalo Iglesias, Emilio Hermo, Jorge Martínez e Iván Cancela. Agachados ou tumbados: Dapena, Vicente, Angeliño, Nico, Doro (coa Copa), Sierra, Jorge Baleato e Couso (co bombo).
tempada 04/05 cortesía | Fotos Teca aparece | De esquerda a dereita, fila de arriba: Rubén Forján, Iván Cancela, Jorge Martínez, Chus Baleato (adestrador), Lobo, Víctor pazos, José Ángel de grille e David esapsandín. Fila do centro: Benigno Castro (presidente), Vicente, Nacho de Baio, Gonzalo Iglesias, Raúl Periscal, Roberto Ramos da Baña, Orlando Alvite, Nico de Fisterra, Seso de Muros, Ricardo Tuñas, Emilio Facal, Colllazo, “Chapas” de Espasandín e Manolo do Duca. Agachados e sentados: Manolo o xardineiro de Grixoa, Evaristo Facal, Adán de Louro, Jorge Baleato, Doro, Ces, Orlando Couso, Emilio Hermo, Angeliño de Fisterra, Marcos Aires da Baña, Juan Porrúa, “Oteycatrans” e Rufino de Esmorode. Diante, Luís Facal e José Gerpe.
tempada 98/99 cortesía | Fotos Teca aparece | De esquerda a dereita, fila de arriba: Pepe da Bouza, Emilio Facal, Benigno Espasandín, Javier do Porto, Chicho da Costa, Carlos do San Rafael, Benigno Castro (presidente), Che Facal, Paco de Coframa, Antonio do Lavadoiro, Luís Facal e Juan Carlos do Banco Pastor (adestrador). Fila do centro: Javier de Langueirón, Óscar Beiroa, Quique Fandiño, Orlando Alvite, Recarey, David, Mouro, Emilio, Ces e Raúl Periscal. Agachados: Luís de Amarelle, Javier Facal, Furri, Miguel, Sergio da Óptica, Estévez das Cerdeiras e Morón.
tempada 96/97 cortesía | Sergio da Óptica aparece | De esquerda a dereita, fila de arriba: Chicho da Costa, Che Facal, Paco de Coframa, Benigno Castro (presidente), Antonio do Lavadoiro, Pepe da Bouza, Benigno Espasandín e Emilio Facal. Fila do centro: Carlos de San Rafael, Juan Arnejo (adestrador), Luís Facal, Recarey, Mouro, Miguel, Augusto, Luís de Amarelle, Sergio da Óptica, Emilio, Michi de Langueirón e Gómez. Agachados: Carliños do Pataca Brava, Calvelo, Jose Facal, Javier de Langueirón, Pepe Agra, David, Argote e Javier Facal.
cortesía | Orlando Alvit
Recorte de prensa El Correo Gallego 31-05-2003
cortesía | Orlando Alvit
cortesía | Orlando Alvit
Escudo Atlético Mineiro
tempada 96/97 cortesía | Sergio da Óptica aparece | De esquerda a dereita, fila de arriba: Chicho da Costa, Che Facal, Paco de Coframa, Benigno Castro (presidente), Antonio do Lavadoiro, Pepe da Bouza, Benigno Espasandín e Emilio Facal. Fila do centro: Carlos de San Rafael, Juan Arnejo (adestrador), Luís Facal, Recarey, Mouro, Miguel, Augusto, Luís de Amarelle, Sergio da Óptica, Emilio, Michi de Langueirón e Gómez. Agachados: Carliños do Pataca Brava, Calvelo, Jose Facal, Javier de Langueirón, Pepe Agra, David, Argote e Javier Facal.
8 de xuño de 1998 cortesía | Fotos Teca aparece | De dereita á esquerda: Miguel, Orlando Alvite, Leví, Óscar Beiroa, Ces, Sergio da Óptica, Carlos do San Rafael, Javier Facal, Morón, Luís de Amarelle e o capitán Emilio. Vestido co peto de Protección Civil, Javier da Cabreira, que logo traballara no Banesto.
Recorte de prensa El Correo Gallego 31-05-2003
8 de xuño de 1998 cortesía | Fotos Teca aparece | Entre os asistentes e o árbitro, á dereita Emilio e á esquerda, César do Cabo. Dáse a nota curiosa de que César, xogaría no Santa Comba C.F., na 3ª división, a partir da tempada 2005/2006, chegando a lucir en moitas ocasións o brazalete de capitán deste equipo
14 de xuño de 2004 cortesía | Orlando Alvite
29 de maio de 2005 cortesía | Fotos Teca aparece | Á esquerda, José Gerpe, xerente do clube nesa época e posterior presidente do Santa Comba C.F.. Sentado, o xogador Edmón, primeiro xogador de orixe africana do fútbol xalleiro, aínda que tan só estivo uns meses no clube. A foto está feita no Bar Duca.
8 de xuño de 1998 cortesía | Fotos Teca aparece | De dereita á esquerda, arriba: Orlando Alvite, Carlos do San Rafael, Recarey, Emilio, Javier Facal, Juan Arnejo (adestrador), Luís Facal (2º adestrador), Óscar beiroa, Morón e Gómez. Agachagos: Luís de Amarelle, Mouro, Ces, Sergio da Óptica, Miguel, Estévez das Cerdeiras, Quique Fandiño e Leví.
14 de xuño de 2004 cortesía | Orlando Alvite