A nosa vida social réxese por unhas normas non escritas, pero por todo o mundo coñecidas, e que no caso dos pobos pequenos, en tempos pasados, baseábase nuns costumes e actos sociais ós que todo o pobo asistía e onde todos se coñecían. A forma de vida de antano, as difíciles comunicacións e os escasos vehículos facían que a participación nas mesmas, por parte de foráneos, se reducira ós que, por un ou outro motivo, estaban obrigados de desprazarse e establecerse en Santa Comba, onde moitos deles, posteriormente, botarían raíces. Xeralmente era persoal cualificado, sacerdotes, persoal da cámara agraria, enxeñeiros da mina, mestres ou persoal sanitario que vivían de fonda na “Casa de Capeáns” ou na de “Ordóñez”.
Festa en Santa Comba
1961 aproximadamente cortesía | Basilio Quintáns aparece | A casa da esquerda é a actual Droguería de Rieiro e a da dereita o actual Almacenes Carracedo. O tumulto de xente é porque antigamente as festas celebrábanse aí, xa que á dereita da xente baixando cara á Casa do Pozo (Pazo de Santiso) estaba a Igrexa románica derrubada. Os personaxes da foto son Minuca da Redonda e Mucha de Basilio.