A nosa vida social réxese por unhas normas non escritas, pero por todo o mundo coñecidas, e que no caso dos pobos pequenos, en tempos pasados, baseábase nuns costumes e actos sociais ós que todo o pobo asistía e onde todos se coñecían. A forma de vida de antano, as difíciles comunicacións e os escasos vehículos facían que a participación nas mesmas, por parte de foráneos, se reducira ós que, por un ou outro motivo, estaban obrigados de desprazarse e establecerse en Santa Comba, onde moitos deles, posteriormente, botarían raíces. Xeralmente era persoal cualificado, sacerdotes, persoal da cámara agraria, enxeñeiros da mina, mestres ou persoal sanitario que vivían de fonda na “Casa de Capeáns” ou na de “Ordóñez”.
011-homenaje-pereira-perez-1971-b
1971 cortesía | D. José María Pintos. Forman parte do arquivo parroquial de Santa Comba aparece | Nesta imaxe atópanse os dous últimos alcaldes do Concello antes da democracia. Por un lado D. Andrés Pereira Pérez, alcalde do concello durante 18 anos (1952 - 1970) e D. Antonio Cousillas Blanco, alcalde durante 9 anos (1970 - 1979). Os personaxes da foto, de esquerda a dereita son: Andrés Pereira (alcalde), unha muller sen identificar (hai quen afirma que é Maruja, muller de Andrés Pereira, e quen dí que é unha representante do Goberno), Atomé (médico e caricaturísta), Andrés Cousillas (alcalde) e D. Joaquín (cura-párroco).