Vidas Social

A nosa vida social réxese por unhas normas non escritas, pero por todo o mundo coñecidas, e que no caso dos pobos pequenos, en tempos pasados, baseábase nuns costumes e actos sociais ós que todo o pobo asistía e onde todos se coñecían. A forma de vida de antano, as difíciles comunicacións e os escasos vehículos facían que a participación nas mesmas, por parte de foráneos, se reducira ós que, por un ou outro motivo, estaban obrigados de desprazarse e establecerse en Santa Comba, onde moitos deles, posteriormente, botarían raíces. Xeralmente era persoal cualificado, sacerdotes, persoal da cámara agraria, enxeñeiros da mina, mestres ou persoal sanitario que vivían de fonda na “Casa de Capeáns” ou na de “Ordóñez”.

034-mariloli-capeans-08-08-1968

Image 71 De 347

entre 1965 e 1967 cortesía | Familia Capeáns aparece | De esquerda a dereita: Nené de Óscar, Matildita de Esther, Lolita do Ferreiro de Berdullas, Mariloli de Capeáns, M.ª Carmen e Lolita de Óscar. Imaxe sacada dende o Banco Pastor da actualidade, que queda a dereita da imaxe. Ó fondo á esquerda, vese un pequeno anaco do letreiro do Banco Pastor, cando estaba situado ó lado da Farmacia de Arufe, no que agora é a Rúa Pontevedra. No lado dereito vese o local de Establecementos E. Gundín (ó lado da rúa). A continuación, a Reloxería de Romar e o Bar Finisterre.