A nosa vida social réxese por unhas normas non escritas, pero por todo o mundo coñecidas, e que no caso dos pobos pequenos, en tempos pasados, baseábase nuns costumes e actos sociais ós que todo o pobo asistía e onde todos se coñecían. A forma de vida de antano, as difíciles comunicacións e os escasos vehículos facían que a participación nas mesmas, por parte de foráneos, se reducira ós que, por un ou outro motivo, estaban obrigados de desprazarse e establecerse en Santa Comba, onde moitos deles, posteriormente, botarían raíces. Xeralmente era persoal cualificado, sacerdotes, persoal da cámara agraria, enxeñeiros da mina, mestres ou persoal sanitario que vivían de fonda na “Casa de Capeáns” ou na de “Ordóñez”.
059-santiago-perez
1972 cortesía | Santiago Pérez aparece | Xuntanza no Cine Nuevo (Casimiro), para a elección dunha nova Xunta directiva da Cooperativa Xallas. De esquerda a dereita: Bustelo (con gafas), Santiago Pérez e José Suárez Carballo “o cobrador”. Na lousa lese o seguinte: Presidente: José López, José Ucha García; Vicepresidente: Manuel Rieiro García; Secretario: Francisco González Parga; Vocais: Marcelino Collazo, Francisco Rodríguez Mouzo, Pedro Calvo Fernández, Darío Negreira Turnes, Severino Bustelo Rodríguez, Andrés Rodríguez Rial, Francisco López Fernández, José Barzas Torreira, José Gerpe Rama e Lino Pazos Barbeira; Censores: Luís Lois Martínez, Jesús Mourelle Brenlla, Andrés García Capelo, Lino Barcia Fernández e unha muller