A nosa vida social réxese por unhas normas non escritas, pero por todo o mundo coñecidas, e que no caso dos pobos pequenos, en tempos pasados, baseábase nuns costumes e actos sociais ós que todo o pobo asistía e onde todos se coñecían. A forma de vida de antano, as difíciles comunicacións e os escasos vehículos facían que a participación nas mesmas, por parte de foráneos, se reducira ós que, por un ou outro motivo, estaban obrigados de desprazarse e establecerse en Santa Comba, onde moitos deles, posteriormente, botarían raíces. Xeralmente era persoal cualificado, sacerdotes, persoal da cámara agraria, enxeñeiros da mina, mestres ou persoal sanitario que vivían de fonda na “Casa de Capeáns” ou na de “Ordóñez”.
091-jl-da-redonda
1957 aproximadamente cortesía | José Luís da Redonda aparece | Romaría de Santa Margarita de Fontecada. Entre outros está: Paz de Raso, José Luís da Redonda, Julita da Redonda, Fina das Marianas, unha muller sen confirmar que podería ser Lucha do Pive ou a muller do químico da mina.