Vidas Social

A nosa vida social réxese por unhas normas non escritas, pero por todo o mundo coñecidas, e que no caso dos pobos pequenos, en tempos pasados, baseábase nuns costumes e actos sociais ós que todo o pobo asistía e onde todos se coñecían. A forma de vida de antano, as difíciles comunicacións e os escasos vehículos facían que a participación nas mesmas, por parte de foráneos, se reducira ós que, por un ou outro motivo, estaban obrigados de desprazarse e establecerse en Santa Comba, onde moitos deles, posteriormente, botarían raíces. Xeralmente era persoal cualificado, sacerdotes, persoal da cámara agraria, enxeñeiros da mina, mestres ou persoal sanitario que vivían de fonda na “Casa de Capeáns” ou na de “Ordóñez”.

097-mary-de-barcia

Image 119 De 347

cortesía | Mary de Barcia aparece | De pé de esquerda a dereita: Mirta de Camilo, unha moza sen identificar, Nené de Óscar e o resto está sen identificar. Agachadas de esquerda á dereita: Mary de Barcia e o resto sen identifica