A nosa vida social réxese por unhas normas non escritas, pero por todo o mundo coñecidas, e que no caso dos pobos pequenos, en tempos pasados, baseábase nuns costumes e actos sociais ós que todo o pobo asistía e onde todos se coñecían. A forma de vida de antano, as difíciles comunicacións e os escasos vehículos facían que a participación nas mesmas, por parte de foráneos, se reducira ós que, por un ou outro motivo, estaban obrigados de desprazarse e establecerse en Santa Comba, onde moitos deles, posteriormente, botarían raíces. Xeralmente era persoal cualificado, sacerdotes, persoal da cámara agraria, enxeñeiros da mina, mestres ou persoal sanitario que vivían de fonda na “Casa de Capeáns” ou na de “Ordóñez”.
135-casa-capeans
entre 1935 e 1940 cortesía | Casa Capeáns aparece | Viaxe á Coruña e foto nunha maqueta nun coche da época. Os personaxes da foto son Ricardo Capeáns, Tomás Rico, Josefa Rieiro (nai de José Manuel Arufe) e Matilde Turnes (irmán de Che de Turnes). A nena está sen identificar.