Vidas Social

A nosa vida social réxese por unhas normas non escritas, pero por todo o mundo coñecidas, e que no caso dos pobos pequenos, en tempos pasados, baseábase nuns costumes e actos sociais ós que todo o pobo asistía e onde todos se coñecían. A forma de vida de antano, as difíciles comunicacións e os escasos vehículos facían que a participación nas mesmas, por parte de foráneos, se reducira ós que, por un ou outro motivo, estaban obrigados de desprazarse e establecerse en Santa Comba, onde moitos deles, posteriormente, botarían raíces. Xeralmente era persoal cualificado, sacerdotes, persoal da cámara agraria, enxeñeiros da mina, mestres ou persoal sanitario que vivían de fonda na “Casa de Capeáns” ou na de “Ordóñez”.

173-angel-de-basilio

Image 207 De 347

1965 aproximadamente cortesía | Ángel de Basilio aparece | De esquerda a dereita: Luís de Orente, Aurora, Pilara da Corredoira, Maruja de Basilio, Suso de Basilio, unha nena sen identificar, Basilio, Aurelio da Corredoira, Lola de Pena das Antes, Pena e Ferreiro do Hispan