Vidas Social

A nosa vida social réxese por unhas normas non escritas, pero por todo o mundo coñecidas, e que no caso dos pobos pequenos, en tempos pasados, baseábase nuns costumes e actos sociais ós que todo o pobo asistía e onde todos se coñecían. A forma de vida de antano, as difíciles comunicacións e os escasos vehículos facían que a participación nas mesmas, por parte de foráneos, se reducira ós que, por un ou outro motivo, estaban obrigados de desprazarse e establecerse en Santa Comba, onde moitos deles, posteriormente, botarían raíces. Xeralmente era persoal cualificado, sacerdotes, persoal da cámara agraria, enxeñeiros da mina, mestres ou persoal sanitario que vivían de fonda na “Casa de Capeáns” ou na de “Ordóñez”.

207-burro-d-magin

Image 234 De 347

entre 1967 e 1969 cortesía | José Manuel Villar “Pintinho” aparece | D. Magín exerceu de coadxutor con D. Joaquín en Santa Comba e cando o destinaron para unha aldea de Zas, os seus amigos fixéronlle unha despedida na Casa Capeáns. Posteriormente para rematar, foron á festa da Pereira, onde se sorteaba un burro. Ó chegar alí, compraron tódalas rifas que quedaban (disque eran bastantes) para ver si lle tocaba e regalarllo a D. Magín. Pero non lle tocou, por iso estiveron o resto da verbena buscando ó Rechín da Pereira para comprarlle un burro, ata que o conseguiron, que é o que aparece na foto. Pero aínda así non llo deron a D. Magín ata que se instalou na súa nova parroquia, para o cal organizaron unha viaxe para levarllo e que D. Magín lle dera alí outra festa. Entre os personaxes da foto está Antonio de Vicente, O Pive, Ico do Rebeirán, Pancho de Ordóñez, Manolito Mouro, D. Magín, Toñito de Claudio, Pintinho, Chicho da Costa, Moncho de Raso e Basilio