A nosa vida social réxese por unhas normas non escritas, pero por todo o mundo coñecidas, e que no caso dos pobos pequenos, en tempos pasados, baseábase nuns costumes e actos sociais ós que todo o pobo asistía e onde todos se coñecían. A forma de vida de antano, as difíciles comunicacións e os escasos vehículos facían que a participación nas mesmas, por parte de foráneos, se reducira ós que, por un ou outro motivo, estaban obrigados de desprazarse e establecerse en Santa Comba, onde moitos deles, posteriormente, botarían raíces. Xeralmente era persoal cualificado, sacerdotes, persoal da cámara agraria, enxeñeiros da mina, mestres ou persoal sanitario que vivían de fonda na “Casa de Capeáns” ou na de “Ordóñez”.
261-comercial-celtigos
1929 cortesía | Comercial Céltigos aparece | Atrás, de esquerda a dereita: Albina Vieites Pazos (bisavoa de Albina Mouro de Comercial Céltigos) e Albina Costa Vieites (nai de Segundo de Vilar). Os nenos son Segundo de Vilar na dereita e a nena da esquerda é descoñecida, aínda que posiblemente sexa unha sobriña dos irmáns Vieites de Vilar.