Vidas Social

A nosa vida social réxese por unhas normas non escritas, pero por todo o mundo coñecidas, e que no caso dos pobos pequenos, en tempos pasados, baseábase nuns costumes e actos sociais ós que todo o pobo asistía e onde todos se coñecían. A forma de vida de antano, as difíciles comunicacións e os escasos vehículos facían que a participación nas mesmas, por parte de foráneos, se reducira ós que, por un ou outro motivo, estaban obrigados de desprazarse e establecerse en Santa Comba, onde moitos deles, posteriormente, botarían raíces. Xeralmente era persoal cualificado, sacerdotes, persoal da cámara agraria, enxeñeiros da mina, mestres ou persoal sanitario que vivían de fonda na “Casa de Capeáns” ou na de “Ordóñez”.

273-comercial-c9ltigos

Image 284 De 347

1974 cortesía | Comercial Céltigos aparece | Diante, de esquerda a dereita: Manolo de Merceditas, Merceditas, Minia de Vilar (muller de Segundo), Paqui (muller de Paco Mouro), Chucha, a muller de Blanco das Antes, José Mouro Trigo (Secretario), Maruja do Bar Cine, Lucinda e Paco Romar. O que está agachado é o guía das bodegas. Atrás, de esquerda a dereita: Ferrol, Segundo de Vilar, Paco Mouro, Agustín Redondo, Ramón de Chucha, Blanco das Antes, unha muller de gafas sen identificar, Antonio Landeira e Pilar, Ucha da Ponte (atrás con gafas), ó seu lado un matrimonio de San Cristóbo que está no Brasil, diante deles con gafas Manolo do Bar Cine e á dereita de todo, Esther Pailos e o seu home Emilio Ferreiro de Arantón.