Vidas Social

A nosa vida social réxese por unhas normas non escritas, pero por todo o mundo coñecidas, e que no caso dos pobos pequenos, en tempos pasados, baseábase nuns costumes e actos sociais ós que todo o pobo asistía e onde todos se coñecían. A forma de vida de antano, as difíciles comunicacións e os escasos vehículos facían que a participación nas mesmas, por parte de foráneos, se reducira ós que, por un ou outro motivo, estaban obrigados de desprazarse e establecerse en Santa Comba, onde moitos deles, posteriormente, botarían raíces. Xeralmente era persoal cualificado, sacerdotes, persoal da cámara agraria, enxeñeiros da mina, mestres ou persoal sanitario que vivían de fonda na “Casa de Capeáns” ou na de “Ordóñez”.

006-lamas-zas-1945

Image 26 De 347

1 de xullo de 1945 cortesía | Basilio Quintáns de Santa Comba aparece | Viaxe a unha festa campestre no Carmen do Briño en Lamas - Zas. Entre outros están a familia Raso, familia Capeáns, familia Casa Calixto e a familia Peneiras.