A nosa vida social réxese por unhas normas non escritas, pero por todo o mundo coñecidas, e que no caso dos pobos pequenos, en tempos pasados, baseábase nuns costumes e actos sociais ós que todo o pobo asistía e onde todos se coñecían. A forma de vida de antano, as difíciles comunicacións e os escasos vehículos facían que a participación nas mesmas, por parte de foráneos, se reducira ós que, por un ou outro motivo, estaban obrigados de desprazarse e establecerse en Santa Comba, onde moitos deles, posteriormente, botarían raíces. Xeralmente era persoal cualificado, sacerdotes, persoal da cámara agraria, enxeñeiros da mina, mestres ou persoal sanitario que vivían de fonda na “Casa de Capeáns” ou na de “Ordóñez”.
007-fiesta
1962 cortesía | Basilio Quintáns aparece | Abaixo á esquerda: Méndez (de gafas), Durán, Manolo de Capeáns (de gafas), Adela, Manuela de Durán, Mucha de Ordóñez, Muller de Celestino Novo, Beatriz Quintela (un pouco atrás con gafas) e Raquel da Farmacia. Dos nenos que están diante, está identificado Javier Otero de Ordóñez (de pé coa cabeza torcida diante de Mucha de Ordóñez), e unha filla de Paco de Pilara (a segunda pola dereita con saia a cadros e trenzas). Na segunda fila pola dereita: Maruja de Basilio, Paco de Pilara (con gafas), Obdulia de Raso, Quintela, Manchuca de Raso, a que está entre Obdulia e Manchuca está sen identificar, Marité ó lado de Manchuca, Mercedes Carracedo (diante) e Ricardo Carracedo (atrás), Aurelio Durán, ó lado de Aurelio unha que ten un neno en brazos é Chica Bruzos. No lado superior esquerdo, arriba de todo, o segundo personaxe pola esquerda é Suso da Farmacia de Raquel de Santa Catalina, diante del, Calixto e Florita, seguido, un pouco arriba á dereita de Moncho de Raso, ó seu lado María Estrella e diante deles Julita Bruzos.