Vidas Social

A nosa vida social réxese por unhas normas non escritas, pero por todo o mundo coñecidas, e que no caso dos pobos pequenos, en tempos pasados, baseábase nuns costumes e actos sociais ós que todo o pobo asistía e onde todos se coñecían. A forma de vida de antano, as difíciles comunicacións e os escasos vehículos facían que a participación nas mesmas, por parte de foráneos, se reducira ós que, por un ou outro motivo, estaban obrigados de desprazarse e establecerse en Santa Comba, onde moitos deles, posteriormente, botarían raíces. Xeralmente era persoal cualificado, sacerdotes, persoal da cámara agraria, enxeñeiros da mina, mestres ou persoal sanitario que vivían de fonda na “Casa de Capeáns” ou na de “Ordóñez”.

159-benigno-da-trita

Image 188 De 347

1955 aproximadamente cortesía | Benigno da Trita aparece | Xente de Santa Catalina en Santa Margarita de Fontecada, entre a que se identifica a Mucha da Redonda, Isabel das Marianas, José Luís da Redonda, Che da Trita, Fina do Cacho, Fina das Marianas e sen confirmar, Julia da Redonda ou Lucha do Pive